Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os orzamentos do ano 2025 son continuistas e alleos ás necesidades da veciñanza

Carriola. Lucia Santos Omil (*).20.12.24.

julio@carriola.es.

O BNG denuncia que os Orzamentos Municipais para 2025 son continuistas e incapaces de responder ás necesidades reais de Marín a así o manifestamos no Pleno do pasado xoves 12 de decembro, onde o documento económico, de preto de 18 millóns de euros, foi aprobado cos únicos votos do Partido Popular. O BNG votou en contra por considerar que estes orzamentos ignoran problemas estruturais como o devalo demográfico, o peche do comercio local e a falta de reforzo nos servizos públicos.

Marín perdeu 1.663 habitantes desde 2011, pasando de 25.864 a 24.197 veciños e veciñas, un descenso que non ten precedentes na historia recente do municipio. A isto engádese a emigración de máis de 600 persoas no mesmo período co que estamos ante unhas contas que non inclúen ningunha medida para frear esta situación. É unha demostración de que as políticas do PP están esgotadas e carecen de proxecto para o futuro de Marín. Ademais, denunciamos o baixo nivel de execución orzamentaria, con só un 68,83% en 2023, o que deixou case 9 millóns e medio de euros sen gastar. Como poden falar de rigor se nin sequera son capaces de cumprir os seus propios orzamentos?.

Outro dos puntos máis criticados foi a falta de cobertura das prazas vacantes no cadro de persoal municipal, con 23 postos sen cubrir, entre eles os de técnico deportivo e técnico cultural. O orzamento de 2025 non contempla novas convocatorias, e que o incremento do 1,4% na partida de persoal é insuficiente para compensar a inflación, o que implicará unha perda de poder adquisitivo para as persoas funcionarias. O goberno local prometeu que 2025 sería o ano das novas contratacións, pero, unha vez máis, quedan en palabras,e o concello continúa incumprindo o prazo legal de 30 días para o pago a provedores, advertido tanto pola Xunta como polo Ministerio de Facenda. Por outra banda, a situación do comercio local foi outro eixo central da nosa intervención  na que deixamos dito que, cada ano pechan máis negocios e non existe unha política eficaz que fomente a actividade económica. A única medida contemplada nos orzamentos é unha subvención de 4.000 euros para a asociación de comerciantes, unha cantidade claramente insuficiente.

Desde o BNG criticamos tamén a falta de participación cidadá na elaboración dos orzamentos, ao non consultarse á veciñanza nin aos colectivos sociais. Marín precisa unhas contas que afronten os retos actuais e futuros, con políticas claras para frear o devalo demográfico, revitalizar o comercio e mellorar os servizos públicos.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz do Grupo Municipal do BNG.

 

roslev