Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE critica o que considera falta de política axeitada do Goberno Municipal sobre a problemàtica do comercio local

Carriola. Redacción.22.12.24.

julio@carriola.es.

Manuel Pazos Lamoso, portavoz do grupo socialista de Marín considera que a crise do comercio local en Marín agudizouse ainda máis neste 2024 e María Ramallo ten moito que ver en todo elo e que as decisións da alcaldesa están facendo un dano terrible ao comercio local.

Este ano sen ir máis lonxe - indica Pazos - por cada comercio novo que se abriu, pecharon cinco. No balance final deste ano que remata, a María Ramallo non lle escoitamos falar da crise do comercio loca, nin anunciar ningunha medida para apoialo, simplemente o ignora tal e como leva facendo 14 anos, pero a realidade é tozuda e as cifras amosan que se pecharon cinco veces máis comercios dos que se abriron en Marín. O portavoz socialista apoia a súa afirmación asegurando que De feito dende o Partido Socialista realizouse unha análise individualizada de cada rúa analizando qué comercios pecharon definitivamente e cales se abriron novo, sen ter en conta aqueles nos que houbo un cambio de xerencia ou de actividade e as cifras non poden ser máis desoladoras ao contabilizar 15 comercios pechados e tan só 3 novas aperturas

O aparcamento, súmase a este problema

Por oura banda, no seu escrito remitido, Manuel Pazos  recoñece Todos somos conscientes de que o comercio local, non só en Marín, está vivindo momentos duros, sen embargo, o caso de Marín é un dos máis graves porque a esta situación hai que sumarlle a problemática da falla de aparcamento creada polo goberno municipal, o seu total desinterese por todo o que lle sucede ao comercio local ou a perda dun 7% da poboación dende que goberna a Sra. Ramallo e, a esta situación hai que engadirlle a falta de iniciativas dende o goberno local, pero a primeira é que deixen de improvisar e que teñan un plan de impulso ao comercio local onde se analice a problemática e se concreten as mellores medidas e accións a impulsar. 

Urxencia de solucións

Por eso - finaliza Pazos - os socialistas lle pedimos á Sra. Ramallo que deixe de mirar para outro sitio e que reaccione dunha vez e se poña á fronte na busca de solucións a esta problemática, para a que a bo seguro que terá a todo o comercio e a toda a hostelería de Marín tratando de empuxar.

roslev