Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cen mulleres iniciaron onte o Programa de Emprego para mellorar as súas posibilidades de acadar ocupación

Carriola. Redacción.11.01.25.

julio@carriola.es.

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, deulles onte a benvida ás cen mulleres que participarán no “Programa de Emprego”  eanimounas a aproveitar todas as accións individuais, que lles permitirán mellorar as competencias en materia de empregabilidade

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, acompañada polo Axente de Emprego Local e polos orientadores laborales do Programa Integrado de Emprego, deu onte na Biblioteca Vidal Pazos a benvida ás cen mulleres que están en situación de desemprego e que participarán desta iniciativa, que procura mellorar a súa inserción laboral.

Accións a desenvolver no programa

O programa integrado de emprego Concello de Marín desenvolverá, con carácter obrigatorio as seguintes accións: información, orientación e asesoramento, formación, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prácticas profesionais non laborais, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes e mobilidade laboral.

Compromiso das participantes 

En todo momento, os itinerarios serán totalmente personalizados e adaptados á realidade persoal de cada unha das mulleres, adaptándose aos seus horarios e necesidades. Para superar o programa, deben facer, polo menos, cinco accións individuais de aquí a setembro e asistir a tres accións colectivas, co resto de participantes. Por cada unha das asistencias a esas accións, recibirán 10 euros.

O programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por importe de 176.000 €, aportando os 44.000€ restantes o Concello de Marín ata completar os 220.000 € de orzamento máximo que tería oprograma, sendo as presentes subvencións financiadas a través dos fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal.

roslev