Carriola. Redacción.18.01.25.
julio@carriola.es.
O Salón de Plenos do Concello acolleu onte a celebración do primeiro Consello Municipal da Muller, que centrou os seus esforzos en plantexar como serán os actos que se realizarán durante o mes de marzo, no que se enmarca o 8M, Día Internacional da Muller.
No transcurso da reunión decidiuse que, o 8 de Marzo homenaxearase ás mulleres precursoras, que foron activistas na nosa vila en distintos ámbitos (político, social, cultural…), como exemplo de mulleres que tiveron un posicionamento activo en momentos nos que a voz feminina estaba aínda moito máis cuestionada que na actualidade. A este respecto, a concelleira de Igualdade e Benestar, Marián Sanmartín manifesta que “Elas foron as que abriron os camiños que hoxe camiñamose será a figura das mulleres adultas, con idades a partir de 50 anos sobre a que se centre toda a programación”.
Edadismo, contido da declaración institucional
De feito, na declaración institucional que se elaborará de cara ao acto oficial do 8 de Marzo, o concepto do edadismo unirase a outros que xa son parte esencial deste manifesto, como a conciliación. “A razón de incidir no concepto de edadismo radica en que na horquilla de idades que se referenciaron antes, as mulleres teñen aínda máis dificultades para acceder ao mercado laboral e é onde máis se nota a brecha salarial” matizou Sanmartín.
Programación intensa
Ao longo das próximas semanas, traballarase na configuración dunha intensa programación para todo o 8M que, ademais de material de sensibilización, supoña a oferta de charlas, tanto para os centros educativos como para a cidadanía en xeral.
O Consello Municipal a Muller conta con representación dos grupos políticos da Corporación e das asociacións de mulleres ou con vocalía de muller.