Carriola. C.RM.18.01.25.
julio@carriola.es.
Este sábado celebrouse a XLIV Regata Miño Internacional, XX Copa Presidencia Deputación de Pontevedra competición na que os remeiros do Ría de Marín fixeron un bo papel neste comenzo do ano deportivo

Breogán, Xian, Xairo e Aarón no podio da regata
O pasado sábado celebrouse no río Miño a “XLI Regata Miño Internacional - XX Copa Presidencia Deputación de Pontevedra”, proba internacional de gran tradición con ampla presenza galega e portuguesa na que o club marinense participou con dúas embarcación de catro tripulantes, unha feminina e outra masculina.

Equipo feminino que acadou o quinto posto
Mentres que a tripulación femenina acadou a quinta posición, a masculina quedou terceira, a 40 milésimas do CR San Felipe (Ferrol) e a a 49 segundos dos portugueses do Sport Club do Porto.
Despois desta regata, o que está por vir para os de Marín son as competicións de longa distancia. Deste xeito en quince días acudirán ao Campionato Galego e, en tres semanas, ao Campionato de España.