Carriola. M. Histórica Marín.25.01.25.
julio@carriola.es.
No mediodía de hoxe, ás 12:00 h. no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres presentase o libro “Ciudad de la Selva, Historia e Arqueoloxía da Guerrilla nos Montes de Casaio”, organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín.
Asistirá ao acto o coordinador da obra, Carlos Tejerizo García, do arqueólogo marinense e un dos investigadores do proxecto, Francisco Alonso Toucido, e de Paco Macías, de Edicións Positivas.
Tal como se conta na introdución do libro, este traballo de investigación comezou en 2017 e cunha mochila cargada de preguntas "comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos"; e guiados por Francisco Fernández, "tras ducias de saídas ao campo e (re) apertura de camiños, ás veces con machete, fomos capaces de documentar un total de 18 campamentos e cerca de 60 estruturas vencelladas co desenvolvemento da guerrilla entre os anos 1937 e 1951, ano no que os últimos guerrilleiros deixaron este montes. Tivemos a oportunidade, ademais, de escavar 11 destas estruturas, que deron como resultado o que podemos considerar como o conxunto máis relevante de materiais arqueolóxicos ligados a unha guerrilla de toda Europa e, posibelmente, de todo o mundo. Todo isto revela a importancia da Ciudad de la Selva non só como un elemento_un xacemento, diremos_fundamental para comprender o desenvolvemento do fenómeno guerrilleiro no noroeste peninsular e no Estado español, senón tamén como referente memorial no presente. Este volume trata de recoller todo o que puidemos aprender detes traballos para sacar da "ausencia" esta cidade."
Proxecto “Sputnik Labrego”
A publicación deste libro enmárcase dentro do proxecto integral “Sputnik Labrego” que ten como obxectivo principal a investigación e análise das formas de resiliencia e de adaptación das sociedades labregas galegas perante procesos históricos de grandes transformacións, poñendo de relevo o papel da materialidade na construción da identidade labrega.