Carriola. Celia García Santomé (*)01.02.25.
julio@carriola.es.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) lamenta que o goberno municipal continúe sen atender servizos esenciais para a veciñanza, como é a limpeza de camiños veciñais de acceso a núcleos urbanos. levamos desde febreiro de 2024 trasladando reiteradamente a demanda veciñal para a limpeza das escadas situadas na Canteira da Laxe, unha vía de acceso moi utilizada polos veciños e veciñas da contorna.

Celia García Santomé
A pesar das continuas solicitudes, o Goberno Local do Partido Popular (PP) ignorou esta petición e non levou a cabo ningunha actuación na zona. Ante a falta de resposta, o BNG reiteramos a demanda en diversas comisións informativas, insistindo na necesidade urxente de acondicionar e limpar este camiño de escaleiras.
No pasado mes de decembro volvemos poñer sobre a mesa a necesidade de actuar neste punto e o goberno municipal asegurou daquela que "tomaba nota" da situación. Con todo, ao comezo deste mes de febreiro, a realidade é que o camiño segue sen limpar, agravándose ademais a situación pola humidade e a acumulación de verdello, o que pon en risco a seguridade dos peóns pola inestabilidade do firme.
Ante esta deixadez manifesta, instamos ao Concello a actuar de maneira inmediata, non só para proceder á limpeza e acondicionamento do acceso, senón para establecer un mantemento periódico que evite que a veciñanza teña que seguir reclamando accións tan básicas como a limpeza dun camiño de uso habitual.
Desde o BNG reiteramos o noso compromiso co benestar da veciñanza e seguiremos esixindo ao goberno municipal que cumpra coas súa obrigas de mantemento dos espazos públicos para garantir unhas infraestruturas seguras e dignas para todas e todos.
(*) Celia García Santomé, concelleira do BNG no concello de Marín