Carriola. C.RdM..01.02.25.
julio@carriola.es.
Onte, sábado, celebrouse en Tui, nas augas do Miño, o Campionato Galego "Xunta de Galicia" de Fondo de Remo Olímpico no que o club marinense participou con sete embarcacións: cinco individuais e dous dobres.
Esta regata de fondo, de 5500 metros, tivo especial dificultade pola crecida do río e as numerosas árboles e polas que estaban na auga despois das borrascas dos últimos días. A pesares disto,

Xián Gutiérrez conseguiu subir o máis alto do pódium cun ouro, e

Níobe Barreiro, que sufriu un golpe importante do seu barco contra una árbore, conseguiu sobrepoñerse e acadar un bronce que sabe case a ouro despois do sucedido.
Outros remeiros marinenses
O resto dos representantes marinenses acadaron os seguintes resultados:
* Xairo Rivadulla e Anxo Branco: 4ª posición
* Breogán Fariña e Kevin González: 4ª posición
* Carla Fuentes: 7ª posición
* Saioa Iglesias: 8ª posición
* Juan David Rodríguez: 17ª posición
Citas na próxima fin de semana
A próxima fin de semana ven chea de acontecementos para o remo olímpico a nivel nacional.
* O sábado celébrase o Campionato de España de Fondo, e
* O domingo o Campionato de España por Autonomías, ambolos dous en Castrelo de Miño (Ourense) e alí mandarán os de Marín os seus remeiros a competir ao sábado e, así, pelexar polo campeonato nacional.
Para o domingo, Xián Gutiérrez e Níobe Barreiro vestirán as cores da selección para representar á Galicia. Dende aquí desexámoslle moita sorte!