Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE discrepa do número de prazas que o goberno dí que se gañaron cos aparcamentos disuasorios

Carriola. Manuel Pazos Lamoso (*).02.02.25.

julio@carriola.es.

A propaganda municipal tamén chega e forma de prazas de aparcamento fantasmas ou inexistentes. Ás cifras que emprega o goberno local nos folletos e na web sobre a rede de aparcadoiro públicos están claramente infladas. Concretamente afirman que existe un 24% máis de prazas das que existen realmente. A realidade, que pode ser fácilmente comprobada, é que existen 144 prazas de aparcamento menos das que afirman que existen. E non é unha cifra menor, pensemos que o aparcamento soterrado do Eguren está previsto para 216 praza, co cal é unha cantidade moi significativa.

 

Existen aparcamentos onde o número de prazas que indican é correcto ou está moi próximo a esa cifra. Sucede por exemplo nos aparcamento da Sagrada Familia (25), Jaime Janer (50) ou Virxe do Carme (40).

 

Outras sen embargo están claramente infladas. Ese é o caso do aparcamento ubicado en Concepción Arenal (Tiburcio), onde a pesar de indicar que collen 100 vehículos, só hai espazo para 74, ou en Rúa Quevedo onde as 50 prazas teóricas son en realidade 35. Tamén sucede no colexio do Carballal onde as 50 prazas son realmente 27, ou no Inferniño onde collen 43 vehículos en lugar de 60.

 

E así poderíamos seguir ata un total de 144 prazas menos das que afirman que existen. Por eso os socialistas queremos solicitar que se corrixa a información que se traslada á cidadanía e que deixen de inflar as cifras de aparcamento real que existe en Marín. É engañarnos a nós mesmos.

 

 

roslev