Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Colexio Sagrado Corazón de Placeres novamente finalista do programa “Dígocho eu” da TVG

Carriola. Redacción.07.02.25.

julio@carriola.es.  

O equipo da TVG do programa “Dígocho eu” visitóu esta semana o colexio Sagrado Corazón de Placeres para comunicar a o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria a súa clasificación entre os seis finalistas de toda Galicia.

Vista do Colexio Sagrado Corazón de Placeres

A presentadora do programa “Dígocho eu” e tamén de “Luar”, Esther Estévez estivo no colexio Sagrado Corazón de Placeres para comunicar ao alumnado de terceiro curso de Primaria que formaba parte dos seis colexios finalistas do programa, nivel que acadan por segunda vez xa que hay dous cursos tiveron tamén esa satisfacción, polo que a ledicia entre as nenas e os nenos é considerable.

Figurar entre os seis colexios clasificados supón a mostra do acerto deste centro escolar no proceso de aprendizaxe que teñen os seus alumnos en xeral e da Lingua Galega en particular. Os pequenos, xunto coa sua mestra Natalia Soage, agradeceron a presencia de Esther Estévez e o equipo da TVG que a acompañaba a súa presencia e a noticia da clasificdación para a seguinte fase final do concurso para a que terán que viaxar a Santiago de Compostela no vindeiro mes de maio onde todos teremos ocasión de coñecer a idea que presentaron a este certame da lingua na televisión de Galicia.

E UN GRUPO DE SEGUNDO CURSO VISITOU ONTE O CONCELLO DE MARIN

Escolares do Sagrado Corazón no Salón de Plenos

Outro grupo do alumnado do Colexio de Placeres, neste caso de segundo curso de Primaria, desprazouse onte ata Marín para facer unha visita ao Concello onde foron recibidos pola alcaldesa María Ramallo e a concelleira Marián Sanmartín no Salón de Plenos onde, os nenos e as nesas escoitaron as explicacións de cómo funciona un Concello e as respostas que ambas munícipes lles deron ás numerosas a interesadas preguntas.. Na imaxen o grupo de escolares coa alcaldesa, a concelleira e o equipo docente que os acompañou na visita.

 

roslev