Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O remo marinense brilla nos Campionatos de España de Fondo e por Autonomías

Carriola.C.R.M. . 10.02.25

julio@carriola.es

Con representación de Club de Remo Ría de Marín, esta fin de semana Castrelo de Miño (Ourense)  converteuse no epicentro do remo olímpico español coa celebración do Campionato de España 2024 de Longa Distancia  o sábado e Campionato de España de Seleccións Autonómicas o domingo. Niobe Barreiro, bronce coa selección galega

O sábado, reuníronse  no  encoro ourensano representantes de 56 clubes de toda España con 376 embarcacións máis de 530 remeiros inscritos. Cun altísimo nivel deportivo, o medalleiro final foi liderado polo club vasco Raspas, seguido polos dous clubes andaluces Náutico de Sevilla e Labradores. Moi preto seguíanlle os clubes galegos de Noia e Ribadeo.

En canto aos de Marín,  Niobe Barreiro conseguiu a 6ª posición  e Xián Gutiérrez a 9º, ámbolos dous en skiff. 

En 2-, Breogán Fariña e Kevin González a 14º posición,e  Xairo Rivadulla e Anxo Blanco a 31º posición.

Despois da celebración do Campionato de España de fondo de Remo Olímpico, Castrelo de Miño voltou a vibrar coa celebración este domingo do Campionato de España por Autonomías. Un total de nove seleccións autonómicas competían con 106 embarcacións para subir aos diferentes podios. A diferencia do sábado onde a competición era con botes cortos, de un ou dous tripulantes, o domingo as regatas eran de botes longos con tripulacións de catro ou oito remeiros máis o patrón. A particularidade destas embarcacións é que collen máis velocidade e resulta de moita vistosidade para o público.   

En canto a resultados, a selección galega quedou cuarta no medalleiro cun total de 4 medallas.  O seleccionador  galego convocou a dous remeiros xuvenís do CR Ría de Marín, Xián Gutiérrez e Níobe Barreiro. Mentres que

Xián Gutierrez (primeiro pola esquerda) acadou a  posición tanto en 4x como en 8x, foi

Níobe Barreiro (segunda pola dereita) a que tivo máis éxito ao conseguir un bronce xunto coas súas compañeiras do 8x.  Noraboa!

Anxo Blanco e Xairo Rivadulla

roslev