Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Conflicto” é o xenérico nome da exposición que Eusebio Rivero abre hoxe no Museo como “Artista do Ano 2025”

Carriola.Redacción. 14.02.25

julio@carriola.es

Esta tarde, ás oito està prevista a inauguración da exposición de obras do artista marinense Eusebio Rivero que nesta edici´pon figura como “Artista do Ano” seguindo os pasos que desde  anos anteriores o Concello ven facendo para resaltar o valor dos artistas locais.

Antón Sobral é o comisario da mostra e propoñente do artista do ano, Eusebio Rivero, que hoxe abre a exposición colgando as súas obras no Museo Torre durante un mes polo que poderán visitarse con tampo e calma ata mediados de marzo. A obra que Rivero preenta hoxe foi pensada para este día do seu nomeamento e con ela, o autor quere “transmitir un discurso duro e real baseado na poesía material”

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, Eusebio Rivero conta cunha longa traxectoria plástica, con numerosas exposicións, premios e recoñecementos, como o de Xóvenes Valores da Bienal de Pontevedra ou o Pintor Laxeiro, de Lalín, entre outros. Ademais de artista, é docente de Ensinanza Secundaria e Bacharelato. 

Tal e como o propio artista explica, “os obxectos que mostro non buscan a eternidade, senón que pretenden abrir un espazo para a reflexión, rompendo a idea de obras que o imaxinario colectivo non considera creacións propiamente artísticas, poñendo así en xogo a creación puramente estética e presentando a obra artística como un obxecto descontextualizado capaz de reflectir un pensamento”.

Outros artistas do ano anteriores

Ademais da mostra, editarase un catálogo como conmemoración do nomeamento de Rivero como Artista Marinense do Ano, sumándose con este galardón a outros nomes da cultura marinense como Ánxeles Iglesias (2014), Antón Sobral (2015), Celeste Garrido (2016),Miguel Villanueva (2017), Katsumi Yamaguchi (2018), Ramón Lorda “Deside” (2019), Rosa Crespo (2020), Xaquín Soneira (2022), Belén Diz Juncal (2023) e Alfonso Sola (2024)

roslev