Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O CCA “Estrela de Marín” culmina o sorteo dos premios pola campaña promocional “Neste Valentín merca en Marín”

Carriola.Y.Figueiras. 19.02.25

julio@carriola.es

Xa se coñecen aos gañadores da campaña “Neste San Valentín, Merca en Marín”, acción de dinamización que se puxo en marcha do 11 ao 17 de febreiro, a través da cal os clientes, podían rexistrar na web de Estrela os seus tickets de compra, optando deste xeito a gañar unha das 2 tarxetas regalo que se sortearon.

As gañadoras, que recollerán as súas tarxetas regalo mañá mércores 19 de febreiro ás 13hrs, foron, Juan Alberto Pardo Aguete e, Begoña Tilve Villanueva. O establecemento onde se rexistraron os tickets premiados foi “Deportes Xesta”.

Nesta edición, movilizáronse preto de 6.000€ e a idade media do cliente que participou na campaña foi de 45 anos.

A campaña conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Por outra parte, esta mañá entregamos o premio da campaña San Valentín, que se fixo en redes sociais cuxa gañadora foi Erica Juncal Campelo, que recolleu a súa tarxeta regalo de 100€, na sede social de Estrela.

Próxima campaña promocional

Desde o CCA Estrela de Marín, estamos traballando nunha nova edición da “Campaña Estrela” e tamén na campaña “O Mes de Pai Estrela”, que este ano contará con dúas novidades, que anunciaremos próximamente.

roslev