Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: a voltas coa piscina Carriola.

Carriola. 23.02.25

julio@carriola.es

PISCINA CON MAR DE FONDO

 

Manuel Pazos Lamoso (*)

Xa pasaron máis de dous anos dende que moitos veciños de Marín quedamos perplexos ante o anuncio María Ramallo e o seu partido de querer converter a dársena de embarcacións nunha piscina. Pasaron dous anos pero esta semana volveu haber moito ruído. É o momento de alzar a mirada e ver ónde está, e cara ónde vai, este proxecto nos seus tres aspectos fundamentais:

IDENTIDADE

A dársena de embarcacións é último espazo de Marín que nos conecta con noso pasado mariñeiro; o único vínculo indentitario coa nosa propia historia e que seguía resistindo a décadas de desenvolvemento urbano mal entendido. E o peor de todo, elimínase para facer algo tan superficial e innecesario como unha piscina de auga salgada.

Non alcanzo a entender como un gobernante que coñeza e queira a Marín, ao que somos e ao que fomos, tome esta decisión tan irresponsable e cortoplacista.

FRAUDE

Trátase dun proceso totalmente fraudulento. María Ramallo quere unha piscina de auga salgada pero solicita unha concesión “para a prestación de servizos ás embarcacións deportivas e de ocio”. Como quen pide licencia para unha unha xoiería e acaba facendo unha discoteca.

E por qué o fai así? Pois porque unha piscina é un uso incompatible nunha zona portuaria e a solución que atopa para saltarse ese impedimento é a través dun gran fraude administrativo. Pedir para unha cousa pero acabar facendo outra. Atención que imos chegar ao absurdo de ter unha piscina na que vai a estar prohibido o baño.

TAXAS EVITABLES

E agora atopámonos coas polémicas taxas portuarias coñecidas esta semana, polas que o Concello de Marín ten que pagar á Autoridade Portuaria 13.000€ anuais durante 50 anos. 650.000€ en total.

Púdose facer sen pagar nada? Sí, pero primeiro habería que ter tramitado a desafección do dominio público portuario. Se deixase de pertencer á Autoridade Portuaria, xa non habería que pagar taxa algunha. Pero como iso non se fixo, a solución rápida foi solicitalo como concesión que sí implica o pago económico ao porto.

En definitiva, este proxecto personalista de María Ramallo priva a Marín de converter este espazo nun elemento de identidade e recordo, e empregando para el cantas falsedades sexan necesarias. Un proxecto mal pensado e peor executado que acabará costando aos marinenses un millón de euros. Sen dúbida, unha piscina con mar de fondo.

(*) Manuel Pazos,  Concelleiro PSOE Marín

roslev