Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG presenta nun díptico as alternativas que considerea oportunas para o problema de aparcamento

Carriola.Grupo Municipal do BNG. 28.02.25

julio@carriola.es

O BNG sairá ás rúas de Marín para repartir dípticos e dar a coñecer á veciñanza as propostas que poden transformar a mobilidade na vila

Os vindeiros días o Bloque Nacionalista Galego (BNG) repartirá dípticos informativos polas rúas de Marín para dar a coñecer as propostas presentadas durante a charla celebrada o pasado 7 de novembro do 2024 na Biblioteca Municipal, onde se analizaron solucións para a problemática da mobilidade e a falta de aparcamento, agravada polas obras do goberno do PP sen alternativas viables.

No díptico explícanse medidas propostas polo BNG para mellorar a mobilidade e ampliar o aparcamento público en Marín. Entre as accións destacan a creación dun servizo municipal de transporte público con microbuses ecolóxicos e novas rutas, paneis informativos en tempo real, e o estudo para construír

un aparcadoiro en altura. Tamén se inclúen itinerarios peonís, camiños escolares seguros, prazas express para xestións rápidas, máis zonas de aparcamento gratuíto, convenios con supermercados durante eventos e a aposta pola mobilidade sostible.

O BNG subliña a necesidade de acometer estas melloras para paliar os efectos negativos das actuacións actuais do goberno local e para garantir unha mobilidade máis eficiente e respectuosa co medio ambiente. A formación nacionalista denuncia, ademais, a falta de compromiso do PP, que rexeitou no Parlamento galego as emendas presentadas polo BNG para incluír nos Orzamentos 2025 partidas destinadas aos estudos técnicos necesarios para poñer en marcha estas medidas.

"É imprescindible ofrecer solucións reais e sostibles para os problemas de mobilidade que afectan a Marín. Desde o BNG seguiremos traballando para construír unha vila máis accesible e pensada para as persoas", declarou o Grupo Municipal.

roslev