Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Néstor Rego volverá o luns a Marín invitado polo BNG local a un encontro no entorno da dársena pesqueira

Carriola.BNG.15.03.25

julio@carriola.es

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, visitará Marín o próximo luns, 17 de marzo ás 13:00 horas, nun acto simbólico que terá lugar xunto á dársena do paseo Alcalde Blanco.

A visita enmárcase no traballo político que a organización nacionalista está a desenvolver no municipio, orientado a construír un modelo de vila máis habitable, integrada e aberta ao mar.

Este encontro pretende dar visibilidade ao traballo que o BNG está desenvolvendo desde a oposición con propostas claras e unha firme vontade de transformación urbana, apostando pola recuperación de espazos para a veciñanza e por un urbanismo pensado para as persoas.

A presenza de Néstor Rego supón tamén un respaldo do conxunto da organización ás reivindicacións que se están a impulsar dende Marín, reforzando unha liña de traballo centrada na construción dunha vila máis viva, con identidade propia e cunha relación harmónica co seu litoral.

roslev