Carriola.Museo do Mar. 20.03.25
A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín é a entidade organizadora
deste certame. O Museo do Mar de Marín, desde a súa creación, ten como un dos
seus obxectivos principais a recuperación da identidade mariñeira da vila de Marín, así como a conservación e divulgación do patrimonio cultural vinculado ao mar, á cultura marítima e mariñeira. O mar é un elemento fundamental para entender e divulgar a nosa identidade. Así pois, o Certame de Fotografía do Mar encádrase totalmente dentro dos obxectivos do Museo do Mar de Marín.
O Certame de Fotografía do Mar promove a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo. A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín convoca a primeira edición deste certame e onte fixo presentación do evento no Concelloa carón da concelleira Mrián Sanmartín.

CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN
* A participación neste certame será totalmente libre e gratuíta, podendo participar creadoras e creadores de calquera nacionalidade.
* As obras presentadas deberán centrarse en calquera temática relacionada co mar, ben desde a perspectiva natural, ben desde a cultural.
* Cada participante poderá presentar un máximo de cinco obras.
* As persoas que teñan algunha vinculación directa coa organización do certame ou co Xurado non poderán participar.
* Os/as participantes son totalmente responsables de ser os únicos autores, de asegurarse de que non existen dereitos de terceiros e de calquera reclamación de dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao certame.
EXPOSICIÓN DAS 20 MELLORES OBRAS
As 20 obras finalistas formarán parte dunha exposición que coincidirá coas datas dII Festival Cine do MarE, a obra gañadora será a elixida para crear o cartel da seguinte edición do Festival Cine do Mar.
INSCRICIÓN
O prazo de presentación das obras estará aberto do 1 de marzo ao 30 de maio de 2025, ambos inclusive. Non se admitirán traballos presentados con posterioridade a esta data.
As obras presentaranse baixo plica mediante envío á dirección de correo electrónico “cinedomardemarin@gmail.com”. A persoa que exerce a coordinación do Festival Cine do Mar será a encargada da recepción da documentación. No asunto do email especificarase “I Certame de Fotografía do Mar” e axuntaranse a fotografía xunto con outros tres arquivos en formato PDF:
- a) Fotografía: arquivo en formato JPEG ou TIFF, cunha resolución mínima de 300 dpi e
unhas dimensións mínimas de 3000x2000 pixeles. O nome do arquivo debe ser o TÍTULO DA OBRA en maiúsculas.
- b) Plica: O nome do arquivo debe ser TÍTULO DA OBRA_PLICA. Conterá os seguintes datos persoais:
- Título da obra,
- Pseudónimo,
nome e apelidos dos autores do guión,
- Dirección postal completa,
- Teléfono,
- Correo electrónico,
- Nomes de usuario en redes sociais (se tivese). (PDF)
- c) Declaración de autoría: Declaración por parte do autor de que a obra é orixinal e inédita. Deberá estar asinada polo autor. (PDF)
- d)Autorización para o uso de datos: Autorización ao Museo do Mar de Marín por parte doautor para o uso dos seus datos persoais nas xestións do premio. Deberá estar asinada polo autor. (PDF)
As fotografías non poden ser modificadas electronicamente nin por ningún outro
medio. Tampouco se admitirán fotomontaxes. Admitiranse pequenas correccións de
cor e brillo En caso de dúbida, o xurado poderá solicitar o ficheiro RAW do autor para a
súa verificación.
XURADO
* O Xurado será o mesmo que o do II Festival Cine do Mar, evento ao que nace vinculado este certame fotográfico e estará formado por profesionais do ámbito cinematográfico, audiovisual e cultural.
* O Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas. As decisións tomaranse por maioría absoluta dos votos. Non poderán formar parte do Xurado persoas que teñan vinculación directa con algunha obra participante na competición.
* O Xurado terá en conta criterios de creatividade e calidade técnica.
* O Xurado resérvase o dereito a conceder unha mención especial adicional (sen
dotación económica).
* O Xurado terá liberdade para entregar un premio ex aequo. Neste caso, a cantidade do
premio repartirase ao 50%.
* O fallo do xurado emitirase o 28 de xuño de 2025 e será comunicado no propio acto de clausura do II Festival Cine do Mar, onde serán entregados os premios.
Así mesmo, o Museo do Mar de Marín difundirá esta información aos medios de comunicación, nas súas redes sociais e polas canles que considere oportunas.
PREMIOS
* Establécense tres premios:
- 1º Premio: 150 euros.
- 2º Premio: diploma acreditativo.
- 3º Premio: diploma acreditativo.
* Os premios dotados economicamente van suxeitos á lexislación vixente e deberá
aplicarse a correspondente retención fiscal.
* Os premios en metálico outorgados polo certame dependen economicamente, de forma directa, de axudas que proveñen de administracións públicas, polo que o ingreso dacantidade con que está dotado o premio conseguido pode atrasarse ata tres meses.
En caso de non resposta por parte da persoa beneficiaria do premio no prazo de dous meses desde que a organización do certame entre en contacto con esta para realizar o ingreso do premio en metálico, suporá a súa anulación.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A inscrición equivale á aceptación de todas e cada unha das condicións destas bases, cuxa interpretación e aplicación corresponde á organización do certame.
A participación nesta convocatoria implica a aceptación da decisión do Xurado, que será inapelable. Así mesmo, a organización do certame resolverá calquera eventualidade non especificada nestas bases que poida xurdir e a súa decisión será igualmente inapelable.
A persoa que inscribe a obra no certame responde da súa autoría e orixinalidade, garantindo que a obra presentada non vulnera dereitos de autor, dereitos de explotación, dereitos de propiedade intelectual e industrial ou calquera outro dereito de terceiros e que non vulnera a lexislación vixente. A organización do certame declina toda responsabilidade legal polas obras presentadas, quedando eximida de toda responsabilidade en canto ao contido das mesmas.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
O I Certame de Fotografía do Mar terá lugar en Marín nas datas xa referidas, coa axeitada publicidade previa para anunciar a convocatoria, a exposición das obras finalistas e dos horarios e o lugar onde terá lugar, así como das obras premiadas.
Durante a celebración da Gala de clausura do II Festival Cine do Mar, o 28 de xuño de 2025, daranse a coñecer as obras gañadoras dos premios.
Os/as titulares das obras que resulten seleccionadas comprométense a permitir a súa inclusión en actividades que poida promover a organización do certame, de carácter social, educativo e gratuíto, sempre con propósitos exclusivamente culturais e non comerciais, durante os doce meses seguintes á celebración da presente edición. En calquera caso, a persoa titular da obra será notificada en caso de esta sexa incluída nunha destas posibles actividades.
Finalizado o certame, as obras participantes o certame pasarán a formar parte do arquivo do Museo do Mar de Marín, autorizando a súa visualización con fins exclusivamente educativos e culturais.
A organización do certame resérvase o dereito de alterar, modificar ou suspender o programa do I Certame de Fotografía do Mar.
Para calquera dúbida ou información, poñerse en contacto coa organización do certame a través do correo electrónico: cinedomaremarin@gmail.com.
MUSEO DO MAR DE MARÍN .- Rúa Concepción Arenal 2 - 36900 Marín (Pontevedra)