Carriola.Redacción . 26.03.25
Como cada ano por estas datas para cumprir co que marcan os Estatutos da entidade, a Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia que preside Celso Méndez Fraguas, convoca a Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar hoxe 26 de marzo e na sede do propio Ateneo ubicada na Rúa do Forno 42- baixo.
A reunión está convocada para ás oito da tarde ainda que na previsión habitual de que non se forme o quorum preciso, ten unha segunda convocatoria para as 20,30 horas, na que se tratarán os seguintes asuntos:
1.-Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
2.-Informe do Presidente.
3.-Balance económico e estado de contas.
4.-Orzamento exercicio 2025.
5.-Rogos e preguntas
É verdadeiramente importante a asistencia da maior cantidade de asociados posible dada a importancia dos asuntos a tratar de cara ao futuro da entidade que é a primeira no eido cultural do noso municipio con máis de setenta anos de antigüedade que conta cun importante prestixio a nivel autonómico no en van contén dúas festas de Interés Turístico Galego como son a “Danza de Espadas” e o “Enterro da Sardiña”. entre outras moitas actividades artísticas que se celebran ao longo do ano.