Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Memoria Histórica de Marín” renovará a composición da Xunta Directiva na asemblea que terá lugar o sábado

Carriola.Redacción . 27.03.25

julio@carriola.es

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín celebra este sábado, día 29, a súa Asemblea Anual, no local social do Ateneo Santa Cecilia, ás once horas da mañán.

A reunión servirá para facer balance das actividades levadas a cabo durante o pasado ano e dos actos nos que se participou, así como para presentar a programación prevista para o 2025, que comezará coa conmemoración do 94 aniversario da II República o vindeiro 14 de abril, coa lembranza e homenaxe na Pedra da Liberdade.

Asemblea Extraordinaria

Ao remate da reunión, terá lugar a Asemblea Extraordinaria para designar ás persoas que conformarán a nova Xunta Directiva da asociación, unha vez cumpridos os catro anos de mandato da actual.

roslev