Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Deputación destina máis de 600.000 euros á mellora da seguridade viaria da entrada entre Seixo e Santo Tomé

Carriola.Dip.Prov. . 29.03.25

julio@carriola.es

Os obras, que serán financiadas íntegramente con fondos provinciais, terán unha duración aproximada de tres meses e executaranse nun tramo de algo máis de dous quilómetros

 A Deputación de Pontevedra aprobou onte o expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-1202 Seixo-San Tomé de Piñeiro, en Marín. Cun orzamento de 610.000 euros financiado integramente con fondos provinciais, estes traballos forman parte da aposta da Deputación por “salvagardar a debida prestación do servizo público viario e mellorar a seguridade na totalidade da rede de estradas provincias”, en palabras do presidente provincial, Luis López.

Os traballos, que terán unha duración aproximada de tres meses, consisten na mellora da capa de rodadura para garantir a seguridade e a comodidade na circulación, así como a reposición do firme nun treito de algo máis de dous quilómetros de lonxitude.

Actuacións complementarias

Tamén se rozarán as cunetas por ambas marxes e mellorarase a drenaxe. Ademais, durante as obras aproveitarase para realizar unha actuación de limpeza integral da estrada e a mellorar e repoñer tanto a sinalización horizontal como a vertical.

roslev