Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Bacheos e conexións diversas protagonizan obras complementarias na Avenida de Ourense e Jaime Janer

Carriola.Redacción. 01.04.25

julio@carriola.es

O centro urbano de Marín está estes días sendo obxecto de varias obras no trazado da Avenida de Ourense, correspondentes a diferentes actuacións das que desde o concello manifestan sabemos o molestas que poden resultar as obras, pero estanse tratando de coordinar todas as actuacións, que son relevantes e necesarias de levar a cabo”.

A empresa Fechi, que forma parte da UTE encargada da parte da calzada da humanización da Avenida de Ourense procedeu onte a arranxar o socavón que se produciu na Avenida de Ourense  resolvéndo o problema  definitivamente despois de que se pavimentase hai unhas semanas de xeito provisional.

Renovación dos servizos no entorno na Biblioteca e da futura rotonda

Por outra parrte, aproveitando que se executará a nova rotonda no entorno da Biblioteca, a través da Brigada Municipal de Augas, estanse a renovar os servizos neste punto, que xa estaban moi afectados polo paso do tempo e xeraban problemas con frecuencia, sendo algo que non se incluía na obra do Ministerio e que polo tanto está asumíndose con fondos propios do concello.

Conexión á rede de saneamento co colector principal do Paseo da Av. de Ourense

Ademais, desde o propio concello explican que, dentro da propia humanización da beira dos edificios na Avenida de Ourense, estanse a realizar conexións entre a rede que vai por esa vía e o novo colector principal do Paseo. Estes traballos - indican - están realizándose por parte de Moncosa, a empresa da UTE encargada da humanización, e xa levan executados varios puntos de conexión.

Cambio da impulsión que une o colector do Río Lameira co da Avenida de Ourense

Por oura banda, informan que Dentro do gran proxecto de mellora do comportamento hidráulico do Río Lameira, co que se está actuando en todo o seu colector e conexións á rede, farase agora este traballo que reconecte o novo colector do río co da Avenida de Ourense.

Renovación da liña eléctrica  na conexión entre Concepción Arenal e Jaime Janer

Finalmente e referíndose a obras que se realizan noutra zona, concretamente na rúa Jaima Janer e en Concepción Arenal, informna que “FENOSA está levando a cabo esta

roslev