Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“As Horas mortas”, libro de Emma Pedreira que a asociación Almuinha presenta mañá no Museo Torres

Carriola.A,C.Almuinha. 04.04.25

julio@carriola.es

A Asociación Cultural Almuinha organiza este sábado, 5 de abril, ás 12:45 h, no Museo Manuel Torres de Marín, a presentación do novo libro de Emma Pedreira: As horas mortas. 

Trátase dunha obra singular que mestura literatura, historia e memoria, e que nos convida a facer unha viaxe pola antropoloxía, a historia, a escultura e a tradición popular do país.

Esta obra, que funciona ao tempo como guía e como recompilación de relatos, percorre só unha parte dos máis de 3.600 camposantos que existen na xeografía galega. Desde o emblemático cemiterio de San Amaro ata outro considerado dos máis pequenos do mundo, a autora propón un percorrido por espazos que gardan memoria e significado: desde sepulturas de figuras ilustres como un noble ou un actor aspirante ao Óscar, ata tumbas anónimas que tamén contan historias.

Ao longo do libro,

 

Emma Pedreira emprende un itinerario persoal, nalgúns casos en solitario e noutros acompañada de persoas vencelladas aos cemiterios visitados, co obxectivo de afondar nas lendas e narracións que envolven estes lugares. O resultado é unha colección de textos onde a vida e a morte dialogan, achegando unha mirada íntima e literaria sobre os nosos rituais e crenzas.

O libro inclúe propostas como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, e explora enclaves esquecidos ou marxinados: camposantos ilegais, desaparecidos, republicanos, protestantes ou de disidentes. Un mosaico de espazos que reflicten a diversidade cultural e ideolóxica do país e que axudan a reconstruír unha memoria que moitas veces permanece oculta. A autora estará presente no acto, que será de entrada libre. Un encontro literario para achegarse a unha das voces máis destacadas da narrativa galega actual e a un libro que transforma a nosa percepción dos espazos fúnebres, convidándonos a mirar con novos ollos eses territorios detidos no tempo.

 

roslev