Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello realiza obras de mantenemento e renovación urbana no entorno da Barriada de Pescadores “A Cañota”

Carriola.Redacción. 30.04.25

julio@carriola.es

O Concello de Marín, a través da súa Brigada de Obras e a de Electricidade, está a levar a cabo estes días unha serie de intervencións no entorno da Cañota, centradas en tarefas de mantemento, renovación e posta a punto de espazos públicos, co obxectivo de mellorar o barrio e dar resposta ás necesidades da veciñanza.

No local da Cañota, procedeuse á retirada dos antigos proxectores de iluminación, substituíndoos por novos dispositivos LED máis eficientes e sostibles, contribuíndo así ao aforro enerxético e á mellora da visibilidade.

Tamén se están a acometer traballos de reparación na fachada, tapando taladros e desconchados, así como o pintado das marcas de óxido, co fin de mellorar o aspecto exterior do edificio e garantir a súa conservación.

Ademais, a Brigada de Obras tamén está a realizar o pintado do cerrado do parque situado na mesma zona, contribuíndo á posta a punto dun espazo de lecer fundamental para os máis pequenos e para o conxunto da veciñanza.

Estas actuacións forman parte dun plan continuo de mantemento urbano, co que o Concello de Marín procura actuar nos distintos barrios para mellorar a estética, a funcionalidade e a seguridade dos espazos públicos. Desde o goberno local sinalan que se seguirá traballando para dar resposta ás demandas veciñais e impulsar novas melloras en toda a vila.

roslev