Carriola. 01.05.25
A FESTA DE MAIOS E BARCOS DE SEMPRE

J.S.P.
Marín vive dun xeito especial a tradicional festa dos maios que ven desde os primeiros tempos da humanidade como celebración do despertar na Natureza e o canto que homes e mulleres fixeron sempre dun ou outro xeito a este cíclico fenómeno anual
O Ateneo Santa Cecilia ven organizando a festa dos maios de Marín desde que o inlvidable pintor local Manuel Torres decidiu recuperarla e facela costume. Dende entonces miles de rapaces de todas as edades e condicións participaron cada ano no desenrolo deste día de pura cultura popular evolucionando con frecuencia no seu desenrolo. Nos anos cincuenta e sesenta, apenas sen premios de valor porque os tempos eran os que eran agás o consabido roscón, os rapaces de moitas rúas e zonas urbanas ou rurales salían nesta festa cantando ás súas coplas
Sempre houbo a discusión de se coplas de poesía ou de crítica e sempre se foi levando sen maioir problema, o mesmo que detalles na construccións de maios e barcos que, co tempo foron mellorando sensiblemente en moitos aspectos .
Actualmente, gracias a algúns colexios e comunidades de veciños, mantense a tradición, uns anos mellor que outros, pero, por exemplo neste, coa nada despreciable participación de dez grupos, dos que seis serán maios e catro, barcos.
A Alameda Rosalía de Castro será o punto matinal de concentración de todos os grupos a diferencia do que se facía medio século atrás en que os maios e os barcos recorrían as prazas e as rúas cantando en cada unha delas a sua “copla”. Coches, motos e barullo son un perigo para andar con nenos polas rúas e un inconvinte para que a xente os escoite cantar desde as súas casas como noutro tempo máis silencioso.
A segunda parte será a puramente competitiva no concurso que terá lugar ás cinco da tarde na Praza do Reloxo, como é tradicional, e os participantes competirán pola letra, a construcción, a coroa e a interpretación. Todos eles levarán unha subvención polo feito de participar e, ademáis haberá tres premios para os mellores de cada categoría.
Mérito do Ateneo Santa Cecilia que conta co apoio do Concello para seguir mantendo esta fermosa tradición que pasa de avós a pais e de pais a fillos e que sexa por moitos anos máis.