Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “II Festival Cine do Mar” pecha o prazo de inscrición da sección oficial e amplía a da sección do Ensino

Carriola.M do M.. 03.05.25

julio@carriola.es

O Museo do Mar de Marín vén de anunciar o peche do prazo de inscrición para o II Festival Cine do Mar da Sección Oficial, así como a prórroga ata o 31 de maio da Sección Ensino.

Unha vez pasado o 30 de abril, na que segundo as bases acababa o prazo de inscrición, desde a organización mostran a súa satisfacción coa participación acadada, que consolida o carácter internacional do festival: chegaron máis dun centenar de filmes desde case todos os recunchos do planeta. En torno ao 10% son de produción galega, mentres que o resto teñen procedencias diversas: do Estado español, como Asturias, Euskadi, Cataluña, Canarias ou Andalucía; de diversos países europeos, como Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Rusia ou Grecia; americanos, como Brasil, Arxentina, Chile, Ecuador, Colombia, Venezuela, Cuba, Haití, Puerto Rico, México, USA ou Canadá; e mesmo asiáticos, como Corea do Sur ou China. Se ben unha parte importante dos filmes exceden os 30 minutos de duración que impiden que formen parte da Sección Oficial, moitos deles formarán parte das seccións paralelas e serán proxectados no festival.

Todo o mes de maio para o Ensino

Gañadores do apartado do Ensino o pasado ano

No caso da Sección Ensino, decidiuse prorrogar o prazo ata o 31 de maio xa que emos un contacto directo con moitos centros escolares e sabemos que o profesorado está saturado de traballo. En moitos casos manifestáronnos que agradecerían dispoñer dun mes máis para chegar con maiores garantías e poder presentar traballos mellor elaborados e,  desde a organización temos a obriga de facilitarlles as cousas o máximo posible, xa que somos conscientes do gran esforzo que lles supón, cando xa teñen un calendario cheo de actividades culturais todo o ano, que se mantén grazas ao traballo e implicación do profesorado”.

roslev