Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín de Cine busca apoio mediante crowfunding para potenciar a sua "Mostra" que terá lugar en agosto

Carriola.Redacción. 11.05.25

julio@carriola.es

O colectivo Marín de Cine – Club Audiovisual, promovido polo comunicador local Dani Antelo, vén de lanzar unha campaña de crowdfunding para financiar a organización da 4ª edición do MAC MARÍN – Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín, que inclúe os Premios John Balan.

Esta iniciativa, que xa está activa e se pode seguir a través da ligazón 

https://www.verkami.com/projects/40962-sementa-cinema-recolle-emocions-colabora-co-mac-marin

busca complementar os apoios institucionais e garantir un evento de calidade, tanto para os profesionais e artistas convidados, como para o público asistente.

A Mostra, que se celebrará do 20 ao 23 de agosto, forma parte da programación cultural de verán do Concello de Marín, e constitúe un espazo de encontro anual co audiovisual, con especial atención ao Novo Cinema Galego.

No Circuito Internacional de Festivais

Este 2025, e tras obter a credencial oficial da Web Series World Cup (WSWC), o MAC MARÍN xa está a formar parte do circuíto internacional de festivais que puntúan no ránking mundial de webseries, o que supón un importante recoñecemento ao traballo realizado na última edición pola organización.

Contido do festival

O programa incluirá proxeccións dos tres formatos en competición —webseries, curtas e longametraxes—, charlas con profesionais do audiovisual galego, e obradoiros dirixidos á mocidade e á infancia. Este ano, xa está confirmada a participación de Nuska Chousa, que compartirá os seus coñecementos sobre o coidado da horta co público. Tampouco faltará o humor e o recordo a John Balan: nesta edición innovaremos cunha performance tipo clown, ofrecendo unha experiencia distinta aos monólogos dos anos anteriores.

As produtoras interesadas en participar no certame poden consultar as bases e inscribirse a través da web oficial:

www.mac-marin.com

e, Marín de Cine – Club Audiovisual anima á veciñanza a apoiar esta campaña de crowdfunding e a facer parte deste proxecto cultural que segue a medrar co apoio de todas e todos.

roslev