Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

No fin de semana, días 16 -17 e 18, das Letras Galegas, Marín será o centro cultural na “I Edición Marín do Libro”

Carriola.Redacción. 13.05.25

julio@carriola.es

O Concello de Marín xa ten todo preparado para converterse nunha gran libraría na primeira edición de ‘Marín Vila do Libro’ cun gran festival literario, que terá lugar entre o 16 e o 18 de maio que conxugará literatura, obradoiros relaciones cos oficios tradicionais do libro artesanía, música, poesía e diálogo entre autores co fin de converterse nun referente cultural na fin de semana das Letras Galegas.

A programación foi presentada onte na Biblioteca Pública Vidal Pazos pola da alcaldesa, María Ramallo, e o director do festival, Enric Bono na presencia de representantes dos colectivos que participarán na intensa programación que se desenrolará na  Alameda, a Igrexa Vella e a Rúa Real acollendo a programación deste evento literario, que promoverá a lectura, a creación literaria, a reflexión crítica e o intercambio de coñecemento.

Segundo explicou Enric Bono, O proxecto ‘Vila do Libro’, que se celebrou en Galicia por primeira vez en Pontedeume o ano pasado, chega agora a Marín co fin de converter o espazo público nun punto de encontro arredor dos libros. Con actividades que van dende obradoiros para nenas e nenos ata mesas de debate con autores recoñecidos, a vila aspira a consolidarse como un referente cultural da comarca e un polo de dinamización cultural e económica. Bono engadiu que, entre a diversa participación e persoas e colectivos cabe destacar “A presencia de grupos de música referentes de Galicia como Leilía ou ou  Gallos del Norte, e a organziación de encontros con escritores como Manel Loureiro, Elena Gallego ou Francisco Castro, entre outros. 

Un evento cultural con poder transformador

No transcurso do acto de presentación insistiuse en manifestar que “Marín, Vila do Libro é máis ca un evento cultural: é unha celebración do libro como ferramenta de transformación social, da lectura como acto compartido e celebración da palabra. Durante tres días, a vila será unha praza pública de ideas, historias e creación colectiva, promovendo o acceso á cultura de forma aberta, gratuíta e inclusiva. O festival literario, que celebra a súa primeira edición en Marín coincidindo coa celebración das Letras Galegas, ten a capacidade de cohesionar a cultura co entramado social e económico deste territorio, impulsando asemade o turismo literario e poñendo en valor os recursos da cultura e a lingua galega.

Baixo o lema ‘Palabras que salvan futuros e removen presentes’, ‘Vila do Libro’ é un proxecto de dinamización cultural e promoción turística de calidade, no que se promociona a lectura, a comprensión lectora como chave para compartir ideas e estimular a imaxinación e no que se pon en valor a capacidade dos libros para impulsar cambios e favorecer a creación de novas ideas, así como os oficios do libro como colectivo profesional e artesanal.

A alcaldesa Ramallo e o director de Vila do Libro, Bono na presentación do evento

María Ramallo

Pola súa banda, María Ramallo, a alcaldesa de Marín presente no acto, explicou que desde o Concello valorouse positivamente a oferta de “Vila do Libro” e aproveitar a celebración das Letras Galegas facendo coincidir o ciclo coas mesmas datas conservando os actos institucionais tradicionais  da festividade en Marín e valorar que este ano as homenaxeadas son as cantareiras deste municipio onde hai varios grupos da especialidade que colaborarán decididamente no programa.

Ramallo destacou a composición do programa con actividades trasversais de moi distinto xénero que farán do circuito urbano desde a alameda a Praza do Reloxo con incluso a utilización do recinto do Templo Antigo o que dinamizará culturla e popularmente Marín durante os tres días de celebración para xentes de todas as idades. “Achegar a Literatura, a presentación de libros xunto coa música popular e manifesracións artísticas e patrimoniais, é moi interesante sobre todo cando é guiada polos propios autores a artistas e seràn momentos ideais para poder disfrutar do contido do programa”.

O tempo climatolóxico é sempre unha entelequia pero a alcladesa aseguirou que hay “plan B” para desenrolar as actividades en puntos alternativos o que se irá poñendo en coñecemento dos vecinos polos medios e redes de comunicación. Ramallo que fixo referencia aos actos do programa, destacou o cambio da celebración da entrega do Premio de Narración Curta Concello de Marin ao Templo Antigo en lugar do Museo Torres como é costume, para incluilo na contorna na que se sucederán os actos do Día das Letras Galegas.

Finalmente fixo referencia á colaboración das distintas entidades e asociacións que accederon a centralizar ás súas actividades nestes tres días arredor da festividade que se celebra e agradeceu a boa disposición de todas elas e invitou de xeito especial ao vecindario para que participe nas actividades que máis lles gusten para facer grande este ciclo que podería ter nos  vindeiros anos novas edicións de tan culturalmente enriquecedor

Marín Vila do Libro está organizado polo Concello de Marín e Vila do Libro, coa colaboración de Ence Plan Social, Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Escritores (AGER), e co apoio de Vitalibris e Cecubo Group.

Cartel del evento presentado ayer en la Biblioteca

Toda a programación, así como a inscrición previa para obradoiros con prazas limitadas, está dispoñible na web oficial, www.viladolibro.gal/marin pero, a continuación, reproducimos íntegramente en Carriola de Marín o rosario de actos e actividades que darán comenzo o día 16 con esta secuencia:

VENRES, DÍA 16

11.00h 

Versos que florecen

Unha aproximación á poesía para centros escolares marinenses coa actuación do grupo de cantareiras “Fentos e frouma”.

18.00

Gallos del Norte

Concerto de freestyle Show de improvisación que mestura ritmos clásicos de rap con instrumentos tradicionais como a pandeireta. Todo isto protagonizado por freestylers con e sen diversidade funcional e un grupo de pandeireteiras.

19.30

Inauguración oficial de Marín Vila do Libro

20.00

Os libros da miña vida: Manel Loureiro

Con Manel Loureiro e Ramón Mella 

Manel Loureiro, autor dunha traxectoria literaria consolidada que vai desde a triloxía Apocalipsis Z ata Cuando la tormenta pase, Premio Fernando Lara de Novela 2024, conversará distendidamente co xornalista Ramón Mella sobre o conxunto da súa obra, as súas influencias e os motivos que o impulsaron a escribir. B

SÁBADO, DÍA 17

12.00 Igrexa Vella

"Quan pens que te n'ets anada/ Cando penso que te fuches" A Galicia de Josep M. Llompart

Con Pilar Arnau e Sebastià Bennasar

A filóloga Pilar Arnau achéganos a figura do poeta e tradutor Josep M. Llompart, que levou a poética galega ao catalán de Martín Codax ao século XX.

12.00 Espazo Alameda – Bernardino Graña

Contacontos infantil: Lola Feroz

Con Juan Baquero

Como cada noite, a nai de Lúa cóntalles un conto a ela e aos seus irmáns: O lobo comendo a Carrapuchiña, O lobo empachado de Cabritiños… Mais esta vez, a lobeta quere escoitar un de lobas e, tras esta petición, a nai comeza  contarlles a historia de Lola Feroz!

12.00 – 14.00 Rúa Real

Obradoiro: Fagamos papel!

Aprende a facer papel artesanalmente con Sastres Paperers

Os Sastres Paperers veñen para ensinarche os seus segredos. Auga, tamiz e fibras vexetais. Móllate manciñas e preme que premerás: ti mesmo terás feito papel. E seguro que teñen algunha sorpresa preparada…

13.00 Igrexa vella

Acto institucional do Día das Letras Galegas e entrega do XVIII Premio de Narración Curta do Concello de Marín

13.30 Espazo Alameda – Bernardino Graña Pandereteiras As Chaneiras

Actuación

O cancionero popular e a poesía oral, transmisores da lingua galega durante xeracións, reciben un merecido homenaxe no Día das Letras Galegas 2025 da man das pandereteiras marinenses As Chaneiras.

17.00 Museo Manuel Torres

Obradoiro de encadernación

Con Sastres Paperers

Se pola mañá, os Sastres Paperos nos ensinaron a facer papel, pola tarde nos ensinarán técnicas de encadernación artesanal en un obradoiro particular. Sesións de 45 minutos.

▶ Prazas limitadas. Información en: www.viladolibro.gal/marin

17.00 Igrexa Vella

Recital poético

Con Richard Pazos e a asociación artística Céltica

A poesía é unha arma cargada de futuro e non podemos imaxinar un festival literario sen un púlpito poético desde onde gritar versos.

18.00 Museo Manuel Torres

Obradoiro de encadernación

Con Sastres Paperers

▶ Prazas limitadas. Información en

www.viladolibro.gal/marin

18.00 Igrexa Vella

María Casares por Sabela Hermida

A escritora e actriz Sabela Hermida aborda a figura e o legado e o compromiso político e social de María Casares, mito do cine francés, país onde tivo que exiliarse, con 17 anos, antes de rematar a Guerra Civil.

18.00 Espazo Alameda – Bernardino Graña

Da árbore ao libro

Obradoiro do proceso editorial para a cativada de Cuarto de Inverno 

Como se fai un libro? - Que agocha dentro ademais dunha historia?- Cantas persoas fan falla para facelo? - Que clases de libros hai?

Nunha sesión de contacontos manipulativo poderemos ver distintos materiais para elaborar un libro, veremos os libros máis raros da historia e faremos un minilibro.

19.00 Museo Manuel Torres

Obradoiro de encadernación

Con Sastres Paperers 

▶ Prazas limitadas. Información en:

www.viladolibro.gal/marin

19.00 Igrexa vella

El mito de Erec y Enide Galicia e Cataluña a través da mirada de Vázquez Montalbán

Con Sebastiá Bennasar

Un viaxe literario entre Galicia e Cataluña da man de Manuel Vázquez Montalbán e a lombos da literatura artúrica e o mito da orixe celta.

19.00 Espazo Alameda – Bernardino Graña

Recital poético: Fran Fernández e Tamara Andrés

Os poetas Fran Fernández, gañador do XXII Premio de Poesía Concello de Marín, e Tamara Andrés, na súa busca por atrapar o mundo nos seus versos, ofrecen un recital das súas obras. Foto: Emi Castro

16, 17 e 18 de maio

20.30 Igrexa Vella

Concerto polas Letras Galegas

Coa Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, a Coral Ondas do Mar de Vigo e o Coro Liceo de Navia.

DOMINGO, DÍA  18

11.00 – 20.00 Alameda

Feira do Libro “Unha dorna de libros, un mar de ilusión”

Da Asociación de Mulleres Intercambio do Saber

11.30 Igrexa vella

O capitán Nemo: un ecoterrorista avant la lettre na ría de Vigo

Con Sebastiá Bennasar

Que facía o capitán Nemo nas profundidades da ría de Vigo? Homenaxe a Julio Verne e á súa vocación de despertar conciencias.

11.30 Espazo Alameda – Bernardino Graña

Contacontos infantil: O nobelo de Nenuca

Con Irene Alonso Gasalla

A escritora Irene Alonso Gasalla achega á cativada o seu último e novo relato, publicado na editorial Cuarto de Inverno.

12.00 Museo Manuel Torres

Matar é fácil

Obradoiro de novela criminal con Elena Gallego Abad 

Gústache o misterio e o suspense? Participa neste taller e aprende a crear as túas propias historias de intriga, con atmosferas escuras e personaxes complexos.

▶ Prazas limitadas. Información e inscricións:

www.viladolibro.gal/marin

12.00 – 14.00 Rúa Real

Obradoiro: Fagamos papel!

Aprende a facer papel artesanalmente con Sastres Paperers

Os Sastres Paperers veñen para ensinarche os seus segredos. Auga, tamiz e fibras vexetais. Móllate as maniñas e preme que premerás: ti mesmo terás feito papel. E seguro que teñen algunha sorpresa preparada…

12.30 Igrexa Vella

Ciencia ficción: a atracción irresistible

Con David Gago e Juan Parcero

O magnetismo da ciencia ficción e a súa capacidade de trasladar a novos mundos as preguntas que máis nos aterran. Con David Gago, autor de R.E.S.E.T. e da serie Ertélion, e Juan Parcero, que debutou no xénero, e con éxito, en A soidade selénica (Galaxia).

12.30 Espazo Alameda – Bernardino Graña 

Recital poético: con Silvia Penas e Ismael Ramos

As particularísimas voces de Silvia Penas e Ismael Ramos faranse oír desde a tribuna poética de Marín na Vila do Libro.

12.30 Museo Manuel Torres

Nao cetácea: unha homenaxe ao mar

Co pescador, poeta e pintor Xosé Iglesias No Día Internacional dos Museos presentamos Nave cetácea (Canela), a particular homaxe, en verso e acuarela, de Xosé Iglesias ao mar.

13.30 Espazo Alameda – Bernardino Graña

Actuación de Fentos e frouma

Concerto de cantareiras

O cancionero popular e a poesía oral, transmisores da lingua galega durante xeracións, reciben un merecido homenaxe no Día das Letras Galegas 2025 da man das cantareiras marinenses Fentos e frouma.

17.00 Igrexa vella

Novela criminal galega

Con Elena Gallego Abad, Irene Rega e Tensi Gesteira

Xénero popular por excelencia, achegarémonos á novela popular de man de Elena Gallego Abad, con Ata que a morte nos separe (Xerais), e de Irene Rega Jul, con Tecendo redes (Galaxia). Moderará o diálogo a crítica literaria e xornalista Tensi Gesteira. 

17.00 Alameda – Espazo Bernardino Graña

Xornalismo e literatura

Escribir é reescribir permanentemente. Que debe ser escribir sobre libros? Unha aproximación ás diferentes formas de enfrontar a realidade desde o mundo da escritura.

18.00 Igrexa Vella

Os libros da miña vida: Francisco Castro

Con Francisco Castro e Sebastià Bennasar

Unha mirada á cultivada carreira do escritor e mú- sico Francisco Castro, das súas lecturas infantís aos seus vicios literarios, en conversa co escritor e editor mallorquín Sebastiá Bennasar.

18.00 Espazo Alameda

– Bernardino Graña

Recital poético con Benito Piñeiro, Santiago Losada e micro aberto

19.00 Finca de Briz

Concerto de primavera

Banda Municipal de Música e Trompos Os Pés

19.30 Espazo Alameda – Bernardino Graña

Axúdame a cantar

Con ocasión do Día das Letras Galegas, a editorial Galaxia ofrécenos unha actividade de Felisa Segade e Montse Rivera, cofundadoras de Leilía, en homenaxe ás pandeireteiras, na que poremos en contexto a súa importancia ao ritmo das súas creacións e os seus instrumentos mais particulares.

 

 

roslev