Carriola.C.RdM. 14.05.25
Esta fin de semana citáronse no encoro de Castrelo de Miño as categorías alevín, infantil, cadete, veterano e remo adaptado de toda España para participar na XXXII Copa Primavera.
Un total de 29 clubs con 238 embarcacións e máis de 400 deportistas acudiron a esta clásica cita da Federación Española de Remo que serve para ir collendo o pulso aos adversarios de cara aos vindeiros Campionatos de España e tamén, no caso dos máis pequenos, para iniciarse nas competicións nacionais.

Algúns dos remeros do club marinense
Os de Marín acudiron con 7 embarcacións, das cales 3 participaban por primeira vez. A pesar das malas condicións meteorolóxicas e o alto nivel da competición, liderado polos cataláns de Banyoles, Ribadeo e os vascos de Orio, os de Marín voltaron para casa con boas sensacións e uns resultados salientables como foron;
Pilar Vázquez, bronce en skiff veteranos.
Paula García e Aarón García , bronce en 2- remo adaptado.

Gorka Rivadulla, 5º en skiff infantil masculino.
Francisco López, 6º en skiff veteranos.
Alejandro Estebánez e Breogán Gutiérrez, 7º en doble scull infantil masculino.
Xabi Mowbray, 7º en skiff alevín masculino.

Hanna García e Carmen Estévez, 16º en doble scull cadete femenino.

Podium de Remo adaptado
O CR Ría de Marín prepárese agora para fase final da tempada, xa que nos próximos dous meses terá o final da liga, os campionatos galegos e de España.