Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Deputación activa a campaña “100% Gastronomía das Rías Baixas”, para promocionar con food trucks as festas gastronómicas de interese turístico na provincia

Carriola.Dip.Prov,. 21.05.25

julio@carriola.es

A institución provincial destinará preto de 280.000 € á contratación desta campaña, que achegará ata 366 degustacións aos 61 concellos da provincia “para promocionar e poñer en valor a nosa gastronomía”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á campaña “100% Gastronomía das Rías Baixas”, unha acción de promoción das festas gastronómicas de interese turístico da provincia empregando food trucks, á que destina preto de 280.000 euros. O obxectivo, como explicou o vicepresidente provincial,

Rafa Domínguez, é “promocionar e poñer en valor a nosa gastronomía nos 61 concellos da provincia”.

Desta maneira, a Deputación habilitará tres food trucks que farán tres rutas diferentes, polo norte, centro e sur da provincia. Nos percorridos realizarán degustacións a base dos menús que elaboran nestas festas gastronómicas, que son 25 entre as de interese turístico galego, nacional e internacional que se desenvolven na provincia. En total, promoveranse 366 degustacións en formato de pinchos ao longo de cinco meses para o público asistente.

Trátase, tal e como confirmou o vicepresidente provincial, “dun novo programa co que queremos seguir promocionando o noso, a nosa gastronomía que tantas alegrías nos dá. Porque como recollemos na nosa estratexia Rías Baixas Turismo 61, a gastronomía é o fío condutor perfecto para vertebrar e unir a todos os concellos da provincia como un destino común”.

roslev