Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG convoca aos veciños a un acto na biblioteca mañán xoves, para presentar a proposta “Abrir Marí ao Mar”

Carriola.Xurxo Agra (*). 28.05.25

julio@carriola.es

O BNG celebrará mañán xoves, 29 de maio, ás 20:30 h, na Biblioteca Municipal de Marín, un acto público para presentar o proxecto “Abrir Marín ao mar”

Xurxo Agra, responsable local do BNGT

O BNG celebrará, este xoves 29 de maio ás 20:30 na Biblioteca Municipal de Marín, un acto público para presentar o proxecto “Abrir Marín ao mar”, unha proposta que busca recuperar espazos do litoral pechados e devolvelos á xente

No acto intervirán as persoas concelleiras do BNG, que explicarán como esta iniciativa representa unha oportunidade real para abrir Marín ao mar, seguindo exemplos doutras cidades que lograron integrar porto e cidade, mellorar a calidade de vida e reforzar a súa identidade local.

O BNG chama á veciñanza a participar, coñecer os detalles e achegar as súas ideas para construír xuntos o Marín que queremos.

(*) Xurxo Agra do Pazo, responsable Local do BNG.

roslev