Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Santa Cecilia únese aos Ateneos galegos para viaxar a Rianxo o próximo día 14 en homenaxe a Castelao

Carriola.Redacción. 28.05.25

julio@carriola.es

Seguindo a invitación da Federación de Ateneos galegos, “Santa Cecilia” participará na concentración convocada para homenaxear a Castelao no seu propio Rianxo na data do 14 de xuño próximo.

O presidente do coletivo cultural marinense anima a socios e socias e marinenses en xeral a participar nesta viaxe-excursión co gallo da devandita homenaxe que, segundo indica Celso Méndez, “Abrírase coa recepción do alcalde de Rianxo á que seguirá unha visita guiada polo Rianxo de Castelao así como unha ofrenda floral ao ilustre escritor e, como broche final, un festival poético e música en vivo.

Non faltará o xantar de confraternidade cun menú popular, con recital dun cantautor galego e outros grupos incluidos, rematando a actividade cun canto colectivo onde se entoará “a Rianxeira”.

Inscripcións

As persoas interesadas en participar da man do Ateneo marinense deberán inscribirse chamando ao tfno. da entidade: 986 880 283, en horario de luns a venres, de 18 a 20.30 ou enviar un email a: 

ateneosantacecilia@gmail.com.

As persoas interesadas en participar nesta viaxe  poden poñerse en contacto co Ateneo para recabar máis información.

roslev