Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Asociación “Almuinha” convoca a unha charla-coloquio sobre “Altri e Ence: espolio e secuestro do territorio”

Carriola.Redacción. 30.05.25

julio@carriola.es

A Asociación “Almuinha” comunica que, hoxe venres 30 de maio, ás 20:30 h, a Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín acollerá a charla-coloquio “Altri e ENCE: espolio e secuestro do territorio”, organizada en colaboración coa Asociación Pola Defensa da Ría (APDR).

O acto contará coa intervención de Xerardo Pereiro, antropólogo sociocultural e profesor universitario con ampla experiencia na análise crítica das relacións entre industria, territorio e cultura. Tamén tomará a palabra, Antón Masa, presidente da APDR, entidade con décadas de traxectoria na defensa ambiental da ría de Pontevedra e na oposición á celulosa de ENCE.

Durante a charla, analizaranse os efectos ecolóxicos, sociais e económicos que provocan os proxectos industriais de celulosa promovidos por ALTRI e ENCE en Galiza, denunciando a política de colonización e espolio territorial con consecuencias irreversibles para a saúde ambiental, o rural galego e os dereitos colectivos.

O evento busca abrir un espazo de reflexión e participación cidadá arredor dun modelo de desenvolvemento que, según os organizadores, “prioriza os intereses industriais e financeiros por riba da vida das comunidades e da protección dos recursos naturais”.

roslev