Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Os Mortos que amei”, libro de Iria Collazo que a asociación Almuinha presenta no Museo Torres

Carriola.Almuinha. 04.06.25

julio@carriola.es

A Asociación Almuinha continúa coa súa aposta pola cultura galega cun novo acto literario en Marín. Este xoves 5 de xuño ás 20:00 h, no Museo Municipal Manuel Torres terá lugar a presentación da obra Os mortos que amei, da escritora e xornalista Iria Collazo López, publicada pola Editorial Galaxia dentro da súa colección Literaria. 

O evento, aberto ao público, contará coa presenza da autora, quen conversará coas persoas asistentes sobre o proceso de escrita, os temas do libro e as emocións que o atravesan.

Con esta presentación, a Asociación Almuinha reforza o seu compromiso coa dinamización cultural de Marín, ofrecendo espazos de encontro arredor da literatura e do pensamento crítico en lingua galega. O acto enmárcase tamén dentro das celebracións do 75 aniversario da Editorial Galaxia, entidade clave na historia da nosa literatura e na defensa da nosa identidade.

Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado.

Desde Almuinha convidamos a toda a veciñanza e a todas as persoas amantes da escrita e da palabra a asistir a este acto que promete ser unha homenaxe compartida á memoria, á vida e á lingua e terá lugar o Xoves día 5 ás 20:00 h. no Museo Municipal Manuel Torres coa entrada libre ata completar aforo

 

roslev