Carriola.CR.RdM 17.06.25
julio@carriola.e
O Club de Remo Ría de Marín participou na pasada fin de semana no campionato galego de remo de pista no que conseguiu 8 medallas, que se celebrou no encoro de Castrelo de Miño (Ourense).
O grupo estaba formado por 14 remeiros, repartidos en 12 tripulacións, que voltaron para casa con 8 metais: dous ouros, tres pratas e tres bronces, sendo estes os resultados:
Xuvenís:


Niobe Barreiro: campiona galega en skiff feminino.
Anxo Blanco, Hugo González, Xián Gutiérrez e Xairo Rivadulla: campións galegos en 4x masculino.
Xián Gutiérrez: subcampión galego cadete en skiff masculino.
Saioa Iglesias: bronce en skiff feminino.
Anxo Blanco e Xairo Rivadulla: 4ºposto en 2x masculino.
Hugo González e Hugo Rosales: 5º posto en 2x masculino.
Sub 23:


Breogán Fariña: bronce en skiff masculino.
Marta García: bronce en skiff feminino.
Absolutos:


Carla Fuentes e Saioa Iglesias: bronce en 2x feminino.
Aarón García e Kevin González : 4º posto en 2- masculino.
Niobe Barreiro, Marta García, Saioa Iglesias e Carla Fuentes: subcampionas galegas en 4x feminino.
Aarón García, Kevin González, Xián Gutiérrez e Adrián Pazos: 4º posto en 4x masculino.
Remo Paralímpico:

Paula García e Breogán Fariña: subcampións galegos en PR3 Mixto.
Próxima semana a Sevilla
Para a próxima fin de semana un grupo destes remeiros viaxará a Sevilla para participar no Campionato de España de Remo de pista. Mentres, os veteranos e os infantís e alevíns van quecendo motores para preparase para o Campionato Galego que se celebrará o vindeiro 28 de xuño, e o Campionato de España que terá lugar a fin de semana do 4-6 de xullo.

Despois dunha dura tempada, os remeiros marinenses esperan superar o ouro e tres platas conseguidas nos campeonatos nacionais do ano pasado. Dende o club queren darlles as gracias a todos os seus patrocinadores: ao concello de Marín, a Deputación de Pontevedra, ao Plan Social Ence, a Pesquerías Marinenses, a Nodosa e a Codisol. É gracias ao seu patrocinio que o club pode continuar coa súa actividade e os seu deportistas poden levar o nome de Marín ao alto dos podiums do remo olímpico nos que se suben.