Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O CIM de Marín ofrecerá seis accións de formación e benestar para mulleres

Carriola.Redacción.03.09.25

julio@carriola.es

Coaching persoal, obradoiros de intelixencia emocional e de mindfulness, arteterapia ou impresión vexetal son algunhas das actividades que se ofrecen no ciclo “Marín, con M de Mulleres” e que beneficiará a 60 mulleres a partir do 9 de setembro

O Concello de Marín, a través do Centro de Información á Muller, estrea o ciclo “Con M de Mulleres”, unha iniciativa que pretende ofrecer accións de formación e benestar para todas aquelas mulleres de Marín que desexen participar delas, tendo en total de todas as actividades 60 prazas, moitas das cales están dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero ou con responsabilidades familiares non compartidas, pero desde o CIM queren abrir tamén o ciclo ás mulleres de Marín en xeral.

Actividades

As actividades que contempla ese plan son as seguintes:

  • OBRADOIRO DE COACHING PERSOAL: LIDER DA MIÑA VIDA.
  • OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL PARA MULLERES. QUEN SON?
  • TÉCNICAS DE ATENCIÓN PLENA. MINDFULLNES. TALLER DE AUTOCOIDADO.ALIMENTACIÓN SUDABLE EN CADA ETAPA DA VIDA.
  • OBRADOIRO DE ARTES EXPRESIVAS. ARTETERAPIA.
  • TALLER DE IMPRESIÓN VEXETAL E PRESERVACIÓN BOTÁNICA NO RURAL.

Inscripción necesaria

Todas arrancarán a partir do 9 de setembro e será preciso inscribirse no CIM mañá de 09.00 a 14.00 horas, no teléfono do CIM (986891802). Serán na aula de formación ubicada na casa grande da Finca de Briz, a excepción do obradoiro de Impresión Vexetal e Preservación Botánica no rural, que terá lugar na Casa de Cultura de Mogor

Este ciclo é posible grazas á concesión da subvención do Programa de Promoción da Igualdade e prevención da violenxcia de xénero, cofinanciado pola Unión Europea, cuxo obxectivo principal destas axudas é previr a violencia de xénero e mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleresen situación de especial vulnerabilidade.

O resultado que se pretende acadar é unha mellora da súa situación persoal, social e laboral

roslev