Total: encontrados 11510 resultados.
Página 170 de 576
Carriola.Redacción. 20.03.25
El “Enterro da Sardiña” es uno de los principales actos del programa del carnaval marinense que coordina el Concello pero cuya organización coresponde al Aeneo Santa Cecilia que se ha hecho cargo de su recuperación hace más de medio siglo dado que ese singular acontecimiento que enteoría pone fin al carnaval de este municipio, viene de mas alla de los cien años. Actualmente y gracias a la coordinación Areneo-Concello, el “Enterro da Sardiña ostenta la toitularidad de “Festa de Interés Turistico de Galicia” y ello solo se consigue con la impliación de, además de las entidades organizadoras, de personas y colectivos que acuden y participan activa y altruisamente mente en el acto.
Agradecimiento

Celso Méndez Fraguas, presidente del Ateneo, emitió ayer un comunicado de reconocimiento y agradecimiento a todas esas personas y grupos que participaron en las màs distintas discuiplinas del “enterro”, así como quienes desde medios de comuinicación y otros estamentos hicieron posibole su visibilización.
El comunicado dice así:
“Rematado o Enterro da Sardiña, Festa de Interese Turístico de Galicia, desde o Ateneo Santa Cecilia, queremos facer balance da presente edición.
Este ano, no que cumprimos os 50 anos da segunda época, e a pesares de que a climatoloxía non foi propicia, temos que dicir que estamos satisfeitos e satisfeitas coa participación popular e o alto grao de compromiso de diferentes colectivos na organización do evento.
Por este motivo, queremos facer público o noso agradecemento a toda aquela xente sen a que a realización deste tradicional enterro non sería posible.
OS SONECAS
AMIGOS DOS RAPACES
BOLIMAR
OS PAPARRULOS
OS DA CAÑA
RONSEL
PERSOAXES DA COMITIVA DE "AUTORIDADES"
BISPO, CREGO E MONAGUILLO
FUNERARIA SAN MARCOS
BRIGADAS DE ELCTRICIDADE E XARDÍNS DO CONCELLO
POLICÍA LOCAL
PROTECCIÓN CIVIL
CHORONAS E CHORÓNS
TELEVISIÓN DE GALICIA E PRODUTORA “ATLAS”
Carriola.Redacción. 20.03.25
Ayer se llevó a cabo el sorteo correspondiente a los bonos viaje que el concello puso a disposición de los clientes del comercio local durante la campaña de dinamización del mismo por el “Día del Padre”. El acto tuvo lugar en el propio concello y en el mismo, la concejal de turismo y comercio Cristina Acuña agradeció a los vecinos en general la buena acogida que tuvo esta campaña promocional con motivo de las compras para homenajear a los “papás” en la mayoría de los casos.
El Salón de Plenos acogió el sorteo de los cuatro vales por importa de 500 euros cada uno, para canjear en cualquiera de las agencias de viaje establecidas en Marín con un plazo que terminará con el último día del año, 31 de diciembre de 2025.3.19

Premiados
Según indica Cristina Acuña tras el sorteo, los ganadores del mismo fueron:
*Rocío del Río Veiga- Mercou en Calzados Silvia - Canxeará o bono en Viajes Deza
* Rosa María García Rosales - Mercou en Perfumerías Muchas - Canxeará o bono en Viajes Rascado
* Miguel Barcia Crespo - Mercou en Mercería Loli- Canxeará o bono en Viajes Corvera
* Irene Pintos Rosales - Mercou en Pajarería Evaris - Canxeará o bono en Viajes Dysa
Entrega de los vales
Acuña indica también que “A recollida do bono realizarase o venres ás 12.00 horas na Caseta de Turismo da Praza de España. En caso de que algunha das persoas agraciadas non poida asistir, pode mandar a alguén no seu nome presentando unha fotocopia do DNI do premiado/a e unha autorización firmada”.
Carriola.Museo do Mar. 20.03.25
A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín é a entidade organizadora
deste certame. O Museo do Mar de Marín, desde a súa creación, ten como un dos
seus obxectivos principais a recuperación da identidade mariñeira da vila de Marín, así como a conservación e divulgación do patrimonio cultural vinculado ao mar, á cultura marítima e mariñeira. O mar é un elemento fundamental para entender e divulgar a nosa identidade. Así pois, o Certame de Fotografía do Mar encádrase totalmente dentro dos obxectivos do Museo do Mar de Marín.
O Certame de Fotografía do Mar promove a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo. A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín convoca a primeira edición deste certame e onte fixo presentación do evento no Concelloa carón da concelleira Mrián Sanmartín.

CONDICIÓNS XERAIS DE PARTICIPACIÓN
* A participación neste certame será totalmente libre e gratuíta, podendo participar creadoras e creadores de calquera nacionalidade.
* As obras presentadas deberán centrarse en calquera temática relacionada co mar, ben desde a perspectiva natural, ben desde a cultural.
* Cada participante poderá presentar un máximo de cinco obras.
* As persoas que teñan algunha vinculación directa coa organización do certame ou co Xurado non poderán participar.
* Os/as participantes son totalmente responsables de ser os únicos autores, de asegurarse de que non existen dereitos de terceiros e de calquera reclamación de dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao certame.
EXPOSICIÓN DAS 20 MELLORES OBRAS
As 20 obras finalistas formarán parte dunha exposición que coincidirá coas datas dII Festival Cine do MarE, a obra gañadora será a elixida para crear o cartel da seguinte edición do Festival Cine do Mar.
INSCRICIÓN
O prazo de presentación das obras estará aberto do 1 de marzo ao 30 de maio de 2025, ambos inclusive. Non se admitirán traballos presentados con posterioridade a esta data.
As obras presentaranse baixo plica mediante envío á dirección de correo electrónico “cinedomardemarin@gmail.com”. A persoa que exerce a coordinación do Festival Cine do Mar será a encargada da recepción da documentación. No asunto do email especificarase “I Certame de Fotografía do Mar” e axuntaranse a fotografía xunto con outros tres arquivos en formato PDF:
unhas dimensións mínimas de 3000x2000 pixeles. O nome do arquivo debe ser o TÍTULO DA OBRA en maiúsculas.
- Título da obra,
- Pseudónimo,
nome e apelidos dos autores do guión,
- Dirección postal completa,
- Teléfono,
- Correo electrónico,
- Nomes de usuario en redes sociais (se tivese). (PDF)
As fotografías non poden ser modificadas electronicamente nin por ningún outro
medio. Tampouco se admitirán fotomontaxes. Admitiranse pequenas correccións de
cor e brillo En caso de dúbida, o xurado poderá solicitar o ficheiro RAW do autor para a
súa verificación.
XURADO
* O Xurado será o mesmo que o do II Festival Cine do Mar, evento ao que nace vinculado este certame fotográfico e estará formado por profesionais do ámbito cinematográfico, audiovisual e cultural.
* O Xurado estará composto por un mínimo de tres persoas. As decisións tomaranse por maioría absoluta dos votos. Non poderán formar parte do Xurado persoas que teñan vinculación directa con algunha obra participante na competición.
* O Xurado terá en conta criterios de creatividade e calidade técnica.
* O Xurado resérvase o dereito a conceder unha mención especial adicional (sen
dotación económica).
* O Xurado terá liberdade para entregar un premio ex aequo. Neste caso, a cantidade do
premio repartirase ao 50%.
* O fallo do xurado emitirase o 28 de xuño de 2025 e será comunicado no propio acto de clausura do II Festival Cine do Mar, onde serán entregados os premios.
Así mesmo, o Museo do Mar de Marín difundirá esta información aos medios de comunicación, nas súas redes sociais e polas canles que considere oportunas.
PREMIOS
* Establécense tres premios:
* Os premios dotados economicamente van suxeitos á lexislación vixente e deberá
aplicarse a correspondente retención fiscal.
* Os premios en metálico outorgados polo certame dependen economicamente, de forma directa, de axudas que proveñen de administracións públicas, polo que o ingreso dacantidade con que está dotado o premio conseguido pode atrasarse ata tres meses.
En caso de non resposta por parte da persoa beneficiaria do premio no prazo de dous meses desde que a organización do certame entre en contacto con esta para realizar o ingreso do premio en metálico, suporá a súa anulación.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A inscrición equivale á aceptación de todas e cada unha das condicións destas bases, cuxa interpretación e aplicación corresponde á organización do certame.
A participación nesta convocatoria implica a aceptación da decisión do Xurado, que será inapelable. Así mesmo, a organización do certame resolverá calquera eventualidade non especificada nestas bases que poida xurdir e a súa decisión será igualmente inapelable.
A persoa que inscribe a obra no certame responde da súa autoría e orixinalidade, garantindo que a obra presentada non vulnera dereitos de autor, dereitos de explotación, dereitos de propiedade intelectual e industrial ou calquera outro dereito de terceiros e que non vulnera a lexislación vixente. A organización do certame declina toda responsabilidade legal polas obras presentadas, quedando eximida de toda responsabilidade en canto ao contido das mesmas.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
O I Certame de Fotografía do Mar terá lugar en Marín nas datas xa referidas, coa axeitada publicidade previa para anunciar a convocatoria, a exposición das obras finalistas e dos horarios e o lugar onde terá lugar, así como das obras premiadas.
Durante a celebración da Gala de clausura do II Festival Cine do Mar, o 28 de xuño de 2025, daranse a coñecer as obras gañadoras dos premios.
Os/as titulares das obras que resulten seleccionadas comprométense a permitir a súa inclusión en actividades que poida promover a organización do certame, de carácter social, educativo e gratuíto, sempre con propósitos exclusivamente culturais e non comerciais, durante os doce meses seguintes á celebración da presente edición. En calquera caso, a persoa titular da obra será notificada en caso de esta sexa incluída nunha destas posibles actividades.
Finalizado o certame, as obras participantes o certame pasarán a formar parte do arquivo do Museo do Mar de Marín, autorizando a súa visualización con fins exclusivamente educativos e culturais.
A organización do certame resérvase o dereito de alterar, modificar ou suspender o programa do I Certame de Fotografía do Mar.
Para calquera dúbida ou información, poñerse en contacto coa organización do certame a través do correo electrónico: cinedomaremarin@gmail.com.
MUSEO DO MAR DE MARÍN .- Rúa Concepción Arenal 2 - 36900 Marín (Pontevedra)
Carriola.Aarón Franco. 20.03.25
AUGA PAPEL, VELENO

Aarón Franco
O goberno da Xunta de Galicia vén de aprobar a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) para o proxecto da megacelulosa de Altri en Palas de Rei, un dos maiores despropósitos industriais da historia recente do país. A autorización deste complexo químico, que devorará recursos naturais a un ritmo insostible, é un exercicio de submisión descarada aos intereses dunha multinacional á conta do futuro dos galegos e galegas. O Partido Popular, con Alfonso Rueda á cabeza, confirma unha vez máis que o seu modelo de "desenvolvemento" se basea en entregar o noso territorio como unha colonia industrial.
Os datos son demoledores. A planta ocupará 366 hectáreas, demandará 1,2 millóns de toneladas de eucalipto ao ano e succionará 46.000 metros cúbicos de auga do río Ulla cada día, equivalente ao consumo de toda a provincia de Lugo. A isto súmase a vertedura de 30.000 metros cúbicos de augas residuais diarias, unha cheminea de 75 metros expulsando gases contaminantes, e unha afectación directa sobre espazos protexidos da Rede Natura 2000. Todo isto en plena Ulloa, unha comarca de gran riqueza natural e agrícola, e a carón do Camiño de Santiago.
Non é que o PP non o saiba. Sabeo perfectamente, pero non lle importa. A Xunta prefire seguir exercendo de brazo executor dun modelo extractivista que reduce Galicia a un sumidoiro industrial, onde os beneficios quedan en mans privadas e os impactos recaen sobre a sociedade.
A aprobación da DIA é a última mostra de que o goberno galego non está ao servizo do interese xeral, senón dos intereses das grandes empresas. O informe ambiental, cuxo contido completo permanece opaco, foi avalado pola Xunta con absoluta celeridade, mentres proxectos moito menos agresivos sofren bloqueos administrativos infinitos. A mesma administración que pon trabas ao desenvolvemento rural e a iniciativas sostibles non dubida en regalar licenzas cando se trata de instalar unha fábrica que, literalmente, vai beber e contaminar os ríos galegos.
Pero o máis insultante é que este proxecto se pretende vender como "verde" e "sostible". A empresa non dubida en utilizar toda a linguaxe do lavado de cara ambiental para ocultar que, en realidade, estamos diante dunha industria altamente contaminante. A Xunta, cómplice na farsa, asina informes ambientais a medida, facendo oídos xordos ás denuncias de ecoloxistas, científicos e expertos que alertan do impacto irreversible sobre a biodiversidade, o ciclo da auga e a calidade do aire.
E mentres o PP galego abraza Altri con entusiasmo, o Goberno central do PSOE mantén unha posición ambigua e irresponsable. A empresa busca 250 millóns de euros de fondos públicos a través do PERTE de descarbonización industrial, e o Ministerio de Industria evita aclarar se se destinarán cartos públicos a esta barbaridade. O ministro Jordi Hereu afirma que a concesión de axudas "se avaliará con criterios técnicos", sen desmentir en ningún momento que Altri poida beneficiarse dos recursos do Estado.
Esta indefinición é perigosa. Se finalmente se destinan fondos públicos á megacelulosa, será unha traizón a Galicia e unha demostración de que o Goberno de España non só tolera, senón que financia a destrución do noso territorio.
A boa noticia é que a sociedade galega non está disposta a aceptar este atentado ambiental sen loita. Plataformas como Ulloa Viva anunciaron unha batalla legal contra o proxecto e as protestas están en marcha en distintos puntos do país. A cidadanía xa demostrou coa loita contra ENCE que a mobilización pode torcer os plans do poder, e agora enfróntase a un desafío similar.
Altri non é progreso, non é emprego sostible, non é industria verde. É contaminación, expolio e destrución. É unha hipoteca ambiental que Galicia non pode asumir. O Partido Popular segue gobernando coma se o país fose o seu feudo particular, concedendo favores aos seus amigos empresarios en detrimento do ben común.
A pregunta agora é clara: deixaremos que Galicia se converta nunha factoría ao servizo de multinacionais ou imos defender o noso territorio?
(*) Aarón Franco, mestre, historiador e poeta.
Carriola.Almuinha. 20.03.25
A Asociación Cultural Almuinha manifesta o seu apoio á convocatoria da manifestación "Por terra e por mar", que terá lugar o vindeiro venres 22 de marzo ás 12:00 h na Pobra do Caramiñal. Esta mobilización, convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e apoiada por diversas organizacións ecoloxistas e sociais, busca rexeitar a instalación do proxecto industrial de Altri e a explotación da mina de Touro - O Pino, que supoñen unha grave ameaza para o noso medio ambiente, os nosos recursos naturais e os sectores produtivos tradicionais da nosa terra.
Desde Almuinha consideramos que a implantación de Altri en Galicia é unha agresión directa ao noso territorio, xa que suporía un impacto irreversible sobre a ría de Arousa e os ecosistemas circundantes, afectando non só a biodiversidade, senón tamén á pesca, ao marisqueo e á calidade de vida das comunidades costeiras. A explotación de recursos naturais en beneficio de grandes corporacións, sen ter en conta os intereses da poboación local nin o impacto ambiental, é unha mostra máis do modelo económico depredador que rexeitamos.
Por este motivo, facemos un chamamento á cidadanía a sumarse a esta mobilización e defender activamente o noso mar e a nosa terra. A saída da manifestación será desde a estación de autobuses da Pobra do Caramiñal, e tamén se organizan autobuses desde Pontevedra, co fin de facilitar a participación.
O compromiso coa defensa do territorio e cun modelo sostible que respecte a nosa contorna natural e social é unha responsabilidade colectiva. Este 22 de marzo, enchémonos de dignidade e loitemos por un futuro sen megaproxectos destrutivos!
Marín, 19 de marzo do 2025.
Asociación Cultural Almuinha.
Carriola.Redacción. 19.03.25
La queja de hoy va dirigida al servicio de autobuses entre Marín y Pontevedra por la que una vecina. M.R.SM.L. ha presentado un escrito en el Concello buscando apoyo a su reivindicación, escrito que dice así:
“Informo que el servicio que ofrece la empresa Monbús en su trayecto desde Marín hasta la Plaza de Galicia, de ida y vuelta, no trata a los usuarios como debería ser, correctamente. En hora punta desde las 7.00 en adelante, de lunes a viernes, el bus que traslada a los marinenses (estudiantes, trabajadores, personas con carritos de bebés, gente mayor con andadores...), circula cada 20 minutos en un coche antiguo con cuatro peldaños angostos para subir y bajar, sin agarraderas, sin ventanas herméticas.
A la incorrecta gestión del servicio de la empresa Monbús, las autoridades de Marín le deben reclamar que tendrían que corregir este inadecuado trato para nuestros vecinos.
Recalco: hora punta, cada 20 minutos de lunes a viernes y con un coche que debería estar fuera de servicio”.
Aquí queda la queja de esta usuaria de los buses que no se muestra muy contenta, queja que reproducimos del escrito que presentó ayer mismo en el Concello de Marín.
Carriola.Redacción. 19.03.25
Uniéndose al 'Año Castelao' el Club de Opinión 'Portocelo' organiza la charla 'Arredor de Castelao no século XXI' que ofrecerá la autora del libro de mismo título, la profesora y escritora, María Pilar García Negro, acto que tendrá lugar en el Museo Manuel Torres, el jueves día 20 a las 20.00h. La presencación correrà a cargo del presentado por el periodista cultural Ramón Rozas y complementado con la exposición de láminas y dibujos de la colección “Castelao e Nós”, aportación de la Fundación Castelao. La entrada es libre.
Carriola.Monte Penizas. 19.03.25
José Iglesias, presidnete de la AA.VV.Monte Penizas agradece, en nombre del colectivo vecinal que representa, la colaboración de la Comunidad de Montes de San Xulian en la ejecución de dos obras en el tramo de carretera entre la fuente de la Moreira y Pardavila en las cuales, la citada Comunidad sufragó en su totalidad la mano de obra y parte del material , así como al Concello de Marín qu elo hizo con el resto de materiales.
Queremos resaltar la buena disposición de ambos para la solución de problemas en las zonas rurales, tan necesitadas de actuaciones de este tipo.
Plan Social de ENCE
Así mismo, también agradecen a ENCE que, a través de su PLAN SOCIAL 2025, harán posible la instalación de maquinas de ejercicio físico para mayores con lo que se crearán dos parques Biosaludables, el de A Porteliña y el de Moreira. Muchas gracias!!
Carriola.Redacción. 19.03.25
El Pabellón de deportes del Sequelo acaba de recibir de la Xunta de Galicia la mitad de la inversión necesaria para mejorar sustancialmente sus condiciones de oferta a los deportistas locales, y el Concello espera ahora conseguir el otro cincuenta por ciento del “Plan +Provincia” de la Diputación.
La renovación de las instalaciones deportivas municipales, tan necesarias para albergar la actividad de tanto equipo y deportista que practican en este municipio, es una máxima del gobierno local que en esta ocasión ha conseguido de la Xunta de Galicia una importante ayuda para mejorar el pabellón ubicado en el Colegio Sequelo que da servicio al deporte local junto con el principal de “A Raña”, el de “A Cañota”, recientemente remodelado. y el de “A Laxe” con la buena disposición del del Colegio San Narciso, de propiedad privada, que también acoge competiciones y prácticas deportivas importantes.
Una mejora de 400.000 euros
La alcaldesa María Ramallo, que entiende el deporte base como “Un motor social, cultural e de lecer imprescindible para a nosa vila, na que os clubs e o propio Concello programan importantes eventos e colaboran na organización doutros máis alá do ámbito municipal que fan vibrar os noso pavillóns cada fin de semana”, y tras asegurar que esa idea es uno de los ejes de la acción política de su gobierno, señala, en el caso del Pabellón del Sequelo, que “Se ven de acadar financiación para cubrir o 50% do custe total do proxecto, que ascende a 400.000 euros, metade que correspóndese cunha subvención da Xunta de Galicia, que xa foi aprobada e concedida pero agora, seguimos traballando para cubrir a outra metade do proxecto, que solicitamos ao Plan +Provincia da Deputación ”
Aislamiento, mejora de la habitabilidad y ahorro energético
La alcaldesa recuerda que el pabellón del Sequelo fue construido en el año 2000, es utilizado por el colegio del mismo nombre y por el deporte base en general disponiendo de distintas opciones y posibilidades para la práctica deportiva con pista de parquet para fútbol sala, balonmano y otras especialidades deportivas. “Polo tanto - añade la regidora - é unha infraestrutura moi utilizada por usuarios con moi diferentes tramos de idades”.
Las obras contenidas en el proyecto que llevar a cabo el Concello contienen “O illamento exterior exterior con SATE de todas as zonas de bloque de formigón, coa finalidade de dar un acabado máis neutro ao edificio, usando pinturas lisas que axuden á súa harmonización coa paisaxe pero, o máis importante - destaca la alcaldesa - é que con este proxecto dotaremos ao pavillón dunha nova cuberta que conte con illamento térmico e impermeabilización, de tal xeito que se mellorará a eficiencia enerxética do pavillón e a sensación de confortabilidade”.
Agua caliente sanitaria mediante dos bombas de calor aerotérmicas que cuenten con una instalación fotovoltaica que recargue el sistema en horas de luz para su uso posterior será la guinda del proyecto pensado para incidir en el ahorro energético deseado para una instalación de este tipo tan importante para la infraestructura general del deporte, sobre todo base, de Marín.
Carriola.GALP. 18.03.25
O grupo xestiona máis dun millón e medio de euros en axudas para os proxectos do seu territorio vinculados co mas e coa economía azul, especialmente co Sector Pesqueiro
A convocatoria das axudas FEMPA 2021-2027 para a anualidade 2025 do GALP Ria de Pontevedra ten como obxectivo impulsar aqueles proxectos que contribúen ao desenvolvemento sostible da ría . As axudas contan cun financiamento do 70% por parte do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e do 30% por parte da Consellería do Mar.
O GALP xestiona máis dun millón e medio de euros en axudas para os proxectos do seu territorio (Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño) vinculados co mar e coa economía azul, especialmente, co sector pesqueiro.
O Día 21 péchase o prazo de solicitudes
A convocatoria de axudas está rexida pola ORDE do 12 de febreiro de 2025, que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas ás iniciativas deseñadas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata este venres, 21 de marzo.
Carriola.Redacción. 18.03.25
En el Club de Taekwondo del Gimnasio Mat´s reina la satisfacción por los resultados de sus deportistas obtenidos en este pasado fin de semana en sus respectivas competiciones.

Ya hemos adelantado el éxito de Ángela Balado, la joven cadete que consiguió el campeonato de España pasando cuatro rondas, la primera de ellas contra la representante de Aragón, a la que venció por abandono tras cuenta de protección; en la segunda contra la catalana a la que ganó con dos asaltos 6-0 y 5-0 respectivamente; la tercera, en semifinales, ganando con puntuación más ajustada contra la andaluza por 3-2 y 4-2 y, ya en la final, contra la rival de Castilla la Mancha, conocida por anteriores enfrentamientos, venciendo con un mal comienzo de 2-8 pero con 8-0 y 5-0 en los dos siguientes con lo que Ángela, tal como indicamos el pasado domingo, revalidó su título conseguido en Torrevieja en 2024.
Dani Agra, de la categoría junior en menos de 55 kgs. dejó constancia de sus posibilidades aunque una decisión arbitral y arbitraria le dejó sin poder pasar a las medallas debiéndose conformar con un meritorio quinto puesto.
Y es que tras ganar al representante extremeño, Arón Bermejo, en dos asaltos 14-4 y 12-0, se las vio con el andaluz Alexandru Dino, al que también ganó por 5-3 y 6-0. En el tercer combate perdió con el catalán Anwar Bentieb porque el árbitro no quiso ver como el pie de Dani llegaba claramente a la cara de su oponente en un momento crucial del combate. Dani, según aparece en la clasificación de la Federación Española, se queda con el quinto puesto pero con la seguridad de que pudo ser mejor su clasificación y la esperanza de que lo mejor está por llegar.
Carriola.Redacción. 18.03.25
La asociación “Ría de Marín”, cultural y de pesca deportiva, ha programado una excursión marítima a las Islas Cíes con la particularidad de que la salida de este singular viaje será desde el paseo marítimo Antonio Blanco Solla, a las diez de la mañana del domingo día 18 de mayo.
Se trata de una actividad abierta a socios y no socios de la entidad para la que, las personas interesadas en participar, deberán inscribirse a la mayor brevedad posible ya que las plazas son limitadas y una vez cerrada la admisión será imposible su ampliación.
Los interesados tienen tres teléfonos a los que solicitar información o, en su caso, plaza para el viaje que son: 626.098.398 - 609.823.782 y 669.801.208, correspondientes a directivos del colectivo organizador.
Carriola.Redacción. 18.03.25
Pasado mañá, xoves, día 20 terá lugar no salón de actos do Museo Torres unha nova charla promovida polo Centro de Día de Marín sobre o tema “A Saúde e o benestar na vellez”, dentro do programa de charlas que a entidade ten previsto no proxecto “Charlas de Envellecemento Saudable”.
Segundo indica Carl Rodal, responsable do centro que funciona no edificio da antiga Casa do mar de Marín “Falaremos sobre a importancia de envellecer coidando o corpo, mente e as emocións, promovendo unha vida plena e digna e, ademais reflexionaremos sobre o papel dos centros de día na mellora da calidade de vida das persoas usuarias e o apoio ás familias”.
A charla será este xoves 20 de marzo as 12h da mañá no Local do Museo Manuel Torres con carácter de entrada gratuíta e aberta a calquera persoa que queira participar
Carriola.Redacción. 17.03.25
La mañana del domingo se inició ayer con la salida de los andarines que en número superior a los setecientos hicieron los recorridos de 25 y 15 kilómetros según elección propia previa inscripción por las mejores atalayas locales para disfrutar no sólo del paseo sino también de las magníficas vistas paisajísticas que ofrecen las alturas de nuestro municipio.





Varios momentos de la andaina
La Asociación Española Contra el Cáncer fue, como cada año la beneficiaria de esta prueba deportiva pero, a la vez, lúdica que cuenta no sólo con los participantes en la misma sino también con la “legión” de voluntarios que desde el momento de la salida y durante todo el trayecto acompañan o se apostan en los puntos estratégicos para dirigir la marcha correcta de los andarines.
Bolo do pote


Y con buen criterio, a nuestro juicio, se hace coincidir aún a pesar de retrasarlo un a semana, la fiesta del “Bolo do Pote” para que sirva, además de cumplir la tradición de finales del Entroido marinense, con la oportunidad de ofrecer un avituallamiento de final e paseo a los participantes en la andaina y al público en general. La asociación “Pousos da Area” es la encargada, desde hace varios años, de llevar adelante esta fiesta gastronómica y cumple extraordinariamente bien con su cometido y la prueba está en que los más de mil asistentes a la fiesta salieron contentos con la degustación del “pote” y sus añadidos propios del plato cubre de nuestro invierno.
...Y “Os Chispas do Lérez”

Especial mención merece el concierto que, a lo largo de la mañana, ofrecieron los componentes de “Os Chispas do Lérez”, un grupo entrañable de canción popular y folclórica que reunió a cientos de personas en torno a su posición en la alameda que disfrutaron de sus interpretaciones e incluso acompañaron cantando las canciones que proponía el grupo que tuvo además la deferencia de interpretar canciones relacionadas con Marín, tanto específicamente como recogidas del folclore popular, pudiéndose escuchar varias del autor marinense Francisco Landín Pazos que han pasado, con su utilización por los más diversos grupos, al acerbo popular.

En suma, una agradable mañana de casi primavera que contó con la colaboración del Concello, del grupo “Pousos da Area”, de la Junta Local de la AECC, de la Diputación provincial y de los lerezanos que han hecho las delicias de los asistentes, claro ejemplo de que la unión hace la fuerza.
Carriola.Redacción. 16.03.25
Una queja y una cívica petición a quien corresponda en el ayuntamiento que nos hacen llegar dos señoras mayores que caminaban el pasado sábado al anochecer por el paso de peatones que va desde, aproximadamente la puerta de Carlos I en la E.N.M. hasta casi la parada de los autobuses y, el pésimo estado del firme, les provocó una aparatosa caída. Una de ellas tiene un fuerte golpe en la cabeza y la otra en una rodilla lo que la obliga a estar en reposo durante su recuperación. Al parecer no han sido las únicas personas que tuvieron percances parecidos porque, la deplorable situación del firme en pleno paso de cebra, unido a la oscuridad de la noche con una iluminación muy escasa, convierten el caminar por allí en un peligro sobre todo si se trata, como es el caso, de personas mayores. A ver si ha y un “caldeiro” de masa para nivelar el firme y evitar más caídas mientras no se hace algo mejor en la zona.
Carriola.Redacción. 17.03.25
De la gallega ciudad de las murallas regresaron las gimnastas del Club “Agarimo”, de “rítmica” donde participaron en el “Torneo Cidade de Lugo” en el que el conjunto senior subió al podio tras conseguir la

medalla de bronce del campeonato en el que se enfrentaron a doce equipos procedente de toda Galicia.
El próximo fin de semana toca viajar también por partida doble pues estarán en Santiago de Compostela y en Carral.
La emporada empieza con buenas vibraciones para este club marinense de larga y exitosa trayectoria.
Carriola.FMF. 17.03.25
Resultado:
MARCÓN ATLÉTICO 1
MARÍN C. F. 1
Alineaciones:
Marcón Atlético : Juan Silva ; Gevor , David Chan ( Jacobo , min. 46 ) , Juan Suárez , Charly ; Alex Cabaleiro ( Carlos Beis , min. 89 ) , Pablo Alvarez ( Nicolas , min. 79 ) ; Pedrito , Anxo Cabaleiro , Manu González ( Jayo , min. 89 ) y Manu Bieito ( Sergio Crespo, min. 79 ) .
Marín Club de Fútbol : Cristian ; Darío Ferradás , Angel García , Pablo Portas ( Dani Taracido , min. 66 ) , Nico ; Antón Vázquez , Iago Pastoriza ( Diego Justo , min. 82 ) , Xocas ; Hergen ( David Vázquez , min. 15 ) , Pedro Espiña y Guille .
Árbitro : Carreira Lorenzo con Santiago Márquez y Lucas Kergan ( Colegio de Pontevedra ) . Amonestó con tarjeta amarilla a Gonzalo Lubián , segundo entrenador , David Chan y Jacobo por bando local y a Darío Ferradás y Xocas por bando visitante .
Goles :
0 – 1 Xocas ( min. 31 )
1 – 1 Pedrito ( min. 64 )
Incidencias :
Partido correspondiente a la 26ª jornada del Campeonato de Liga de Grupo V de la Primera División Autonómica jugado en el Campo 'O Carrasco' de Marcón ante unos 300 aficionados. Se guardó un minuto de silencio en recuerdo de Manolo Barreiro, ex Delegado de la Real Federación Gallega Fútbol en Pontevedra, fallecido este sábado.
Comentario:
El Marín Club de Fútbol consiguió, después de mucho tiempo, puntuar en 'O Carrasco' y arrancarle un punto en juego al Marcón Atlético. Un punto que sabe a gloria tras conocer los resultados de los otros partidos de la jornada.
Aunque bien es cierto que si los franjiazules ( hoy de amarillo y negro ) bien pudieron dejar el partido sentenciado a su favor en la primera mitad. También en la segunda hubieron de sufrir de lo lindo y lograr el empate gracias a grandes intervenciones de Cristian.
Comenzó el partido con el Marín Club de Fútbol adueñándose del balón y a los dos minutos ya reclamaron un penalti por un posible derribo de Charly a Hergen cuando se adentraba en el área. De hecho el jugador franjiazul salió mal parado de la jugada porque poco después hubo de ser sustituido.
Pero estaba visto que el colegiado no iba querer saber nada de lo que pasaba en las áreas por que en los primeros minutos se produjeron sedas manos de defensores en sus propias áreas, una en la local y otra en la visitante, merecedoras de la pena máxima y las pasó por alto.
A los 19 minuto minutos, el exfranjiazul, Manu Bieito quiso sorprender a Cristian con un disparo a la media vuelva desde el vértice de área y éste rechazó con el pecho.
El partido trascurría con dominio del Marín pero sin ocasiones de gol hasta el minuto 31 en que Iago Pastoriza botó una falta desde el costado izquierdo del ataque de su equipo y Xocas peinó el balón para ponerlo lejos del alcance de Juan Silva. Era el 0 – 1.
Tres minutos después buen pase de Guille que deja a Xocas solo ante Juan Silva pero éste estrella el balón contra el portero local. Un minuto después es Iago Pastoriza quien prueba fortuna desde la frontal y obliga a Juan Silva a estirarse para desviar el esférico junto a la cepa de su palo izquierdo.
Con el tiempo de la primera mitad cumplido los locales botan un córner toca Juan Suárez de cabeza y Cristian vuela para desviar por encima del larguero el posterior remate, también de cabeza, de David Chan.
En la segunda mitad el Marcón Atlético salió a por el empate.
Sin embargo a los cuatro minutos el Marin pudo aumentar su ventaja. Juan Silva respondió con un gran parada al disparo de Guille tras pase de Xocas. A los 8 minutos tras varios rebotes entre varios jugadores Gevo se queda sólo ante Cristian y éste responde con una gran intervención a disparo de jugador local y a los 14 minutos es Pedrito quien roba sobre la salida de balón de la defensa visitante pero dispara cruzado en exceso.
En el 19 se produjo la jugada mas polémica del partido y que defininió su resultado final. Chaly ( que se las tuvo tiesas durante todo el partido con Pedro Espiña y que se mereció la tarjeta amarilla y hasta la roja en más de una ocasión ) le robó el balón en flagrante falta a Pablo Portas ( de hecho el capitán se hubo de retirarse del terreno de juego ayudado por sus compañeros ) y centro para que Pedrito cruzase a la red. Era el 1 – 1.
El Marín acusó el golpe y lo pasó mal de ahí al final.
En el minuto 22 Manu Bieito falla incompresiblemente y remata fuera un magnífico servicio de Manu González. En el 24 Cristian se planta ante Manu González que llegaba solo y rechaza su remate y un minuto después Jacobo estrella su remate en el larguero de la portería visitante.
Los franjiazules fueron poco a poco frenando las avalanchas locales pero los faltó fuerza para poder sacar algo positivo de algún que otro contragolpe.
Al final un empate que a buen seguro no dejará satisfecho a ninguno de los dos equipos pero que finalmente les habrá de saber a gloria porque los equipos que ocupan los puestos de descenso perdieron y han aumentado en un punto su ventaja sobre ellos.
Además el Marín Club de Fútbol por segunda vez logra hacer 'la media inglesa' ( ganar en casa y no perder el siguiente partido como visitante ) y suma por primera vez en lo que va de liga cuatro jornadas sin perder.
Todos, aficionados locales y visitantes, que en buen número acudieron hasta 'O Carrasco', echamos de menos a

Pedro Silva que ahora defiende los coleres de Marcón Atlético y defendió la elástica franjiazul durante las tres últimas temporadas. Y que estaba llamado a ser uno de los protagonistas del partido. Pero al que está semana pasada se le descubrió una grave dolencia de salud de la que se encuentra convaleciente. Desde aquí hacemos preces por su rápida recuperación.
FOTO 5 : Los locales mandan ánimo a su compañero, el exfranjiazil, Pedro Silva gravemente enfermo.
Carriola.Deportes. 16.03.25
El Centro de Natación Helios de Zaragoza fue el escenario del Campeonato de España de Ergómetro ayer sábado y en tan importante competición de remo, el marinense Xián Gutiérrez Dopazo se proclamó Campeón de España de la especialidad.

Xian Gutiérrez
Según nos informan desde Zaragoza “Foi unha regata de 2000 metros na que o de Marín dominou dende a primeira palada gañando cunha vantaxe duns 27 metros sobre o segundo clasificado, Carlos García remeiro de Vegadeo, e cuns 43 metros sobre o terceiro, Mikel Oar-Arteta remeiro de Getxo. Cun nivel altísimo, estes tres xuvenís fixeron tempos de podio sub-23”.
El remero marinense consigue así en pocos días proclamarse campeón gallego y de España juvenil de la especialidad de ergómetro, aumentando de este modo el nivel propio, de su club y de Marín en el ámbito deportivo no en vano hoy mismo publicamos también la consecución del campeonato de España de taekwondo de la joven deportista del Mat´s Ángela Balado.
Carriola.Redacción. 16.03.25
El casco urbano de Marín está sufriendo una considerable reforma no siempre comprendida por una parte de los ciudadanos por diversos motivos algunos de los cuales arrecian sus crìticas al PP gobernante y en concreto a su cabeza visible la alcaldesa María Ramallo
Pero las obas siguen su curso y ayer , la propia regidora municipal hizo balance del avance que sostienen en la estimación de que “Están a transformar o centro urbano para facelo máis amable e accesible”- manifiesta.
Concepción Arenal
Una de las obras que se han venido desarrollando en las últimas semanas es la de la calle Concepción Arenal en el tramo que parte de las Anclas (frente a La Cañota) y remata en la calle Jaime Janer. “Nestes momentos indica Ramallo - a obra de humanización de Concepción Arenal está a piques de rematar, pendente de corrixir problemas no asfaltado e que se finalicen as xardineiras”.
Rúa da Ponte con cambios en su proyecto
Una vez terminado el tramo antes mencionado, se iniciará según estimación del concello el siguiente que va desde Jaime Janer a Ponte Zapal, es decir, hasta la embocdora del Río. A ese respecto, la alcaldesa informa “A seguinte actuación que completará toda a mellora deste corredor comercial será a da Rúa da Ponte, un proxecto da Xunta de Galicia ao que o Concello lle solicitou varios cambios despois de contrastar o proxecto cos comerciantes da zona. Está previsto que nas próximas semanas arranquen xa as obras na rúa”.
Avenida de Ourense
“Con respecto á vía paralela, a Avenida de Ourense, añade la alcaldesa, a execución está nestes momentos no tramo da Biblioteca, onde está a mellorarse toda esa beirarrúa e tamén executando os cruces a nivel de servizos municipais para seguir co inicio da creación da rotonda para finalmente despois asfaltar por completo a vía e resolver o afundimento nunha das marxes da calzada, tal e como xa se fixo anteriormente noutro tramo”.
“Tiro Naval Janer” y segunda fase de “Rúa do Forte”
Por outro lado la información remitida ayer indica que “ O Concello recibiu a concesión por parte da Deputación de Pontevedra da financiación, a través do Plan Extra, da humanización de Tiro Naval Janer, así como a mellora da accesibilidade á Finca de Briz, un proxecto que ascende a máis de 1,3 millóns de euros cuio espediente tramitarase para iniciar a contratación da obra”.
“Ademais, nos próximos meses arrancará a execución do segundo tramo da mellora da Rúa do Forte, desde o Peñón e ata Mogor, que resolverá todos os problemas de mobilidade nun dos paseos máis utilizados pola veciñanza e porá en valor o sendeiro azul que contamos ao longo de todo o noso litoral”.
Laa antigua dársena portuaria
“Neste momento - finaliza el informe emitido por la alcaldía, - están en execución as obras de posta en valor e mellora medioambiental da antiga dársena portuaria, na que a intervención do seu fondo, a limpieza dos lodos e dos muros xa van mostrando o seu avance. Agora, seguirase intervindo na lámina de auga e adxudicarase pronto a mellora urbana do entorno e a súa conexión coa entrada ao Paseo Alcalde Blanco”.
Carriola.BNG (R). 16.03.25
O BNG pon en marcha unha campaña para impulsar un modelo de cidade para Marín: aberta ao mar e integral no litoral. Esta iniciativa representa unha peza clave dentro do programa electoral do BNG de 2023, coa meta clara de recuperar e dinamizar o litoral marinense.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín inicia unha campaña ampla de reivindicacións e negociacións co obxectivo de transformar Marín nunha vila máis habitable, armónica e aberta ao mar. Esta iniciativa é unha peza central do programa electoral do BNG de 2023 e busca recuperar o litoral da vila, creando así unha cidade máis atractiva, sostible e preparada para afrontar os retos do futuro.

Candidatura do BNG nas pasadas eleccións Municipais
O BNG sinala que, nas últimas décadas, Marín perdeu progresivamente espazos emblemáticos a causa dunha expansión sen control destas institucións. Aínda recoñecendo a importancia do Porto e a ENM no crecemento económico e na creación de emprego, o BNG subliña que é chegada a hora de repensar entre todos a ocupación destes espazos, buscando unha integración efectiva co tecido urbano actual.
A situación do litoral desde Cantodarea ata a ENM, onde unha ampla franxa costeira permanece inaccesible para a poboación, é un claro exemplo desta desconexión urbana. Esta problemática reflíctese tamén en controversias recentes, como a taxa proposta pola Autoridade Portuaria ao Concello polo uso da dársena do Cemiterio de Chalanas, un espazo de carácter histórico e tradicional que o BNG considera que debe recuperarse para uso público e cidadán.
Neste contexto, o BNG propón iniciar un diálogo construtivo e aberto co Porto e a Escola Naval Militar para reconsiderar o uso actual dos espazos costeiros ocupados. O obxectivo é avanzar cara a unha integración efectiva destas institucións no tecido urbano, garantindo simultaneamente o seu funcionamento e o dereito cidadán a desfrutar dun litoral plenamente integrado.
Este novo modelo urbano está en consonancia coas tendencias actuais a nivel galego, estatal e internacional, onde numerosas vilas e cidades portuarias apostan pola recuperación de espazos costeiros como motor de dinamización urbana, comercial e turística. Para o BNG, esta recuperación resultará esencial para reactivar a economía local, promover a construción de novas vivendas e fixar poboación, revertendo a perda de habitantes que sufriu Marín nas últimas décadas.
Desde a oposición, o BNG xa lidera esta reivindicación fronte á inacción do Partido Popular, tanto no Concello como na Xunta, e tamén do PSOE desde o Goberno central, incapaces de ofrecer respostas efectivas ás demandas cidadás. O compromiso da formación nacionalista é claro e firme: gobernar Marín dentro de dous anos para implementar unha transformación profunda, baseada nun modelo urbano sostible, innovador e plenamente integrado co seu medio natural e histórico.
Así, o BNG reafirma a súa aposta por unha cidade aberta ao diálogo, á participación cidadá e comprometida coa defensa e recuperación dos seus espazos costeiros, na busca dunha vila máis vivible, atractiva e preparada para afrontar os retos do século XXI.