Total: encontrados 10453 resultados.
Página 42 de 523
Carriola.Redacción.28.11.25
O Ateneo Santa Cecilia convida a todo o público á asistir á Mesa Redonda “50 ANOS DA DEMOCRACIA” que se celebrará o hoxe, venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na sede da propia entidade ubicada na rúa do Forno, 42 – baixo.
A mesa estará moderada por Manuel Méndez Fraguas e contará coa participación de:
Estas tres personalidades compartirán a súa experiencia persoal sobre eses anos tan cruciais e determinantes na historia recente de España, cubrindo desde a vida na ditadura franquista ata o proceso de loita pola liberdade e o establecemento do sistema democrático.
A entrada na sala onde terá lugar esta interesante mesa redonda será totalmente libre ata completar aforo.
Carriola.Redacción.28.11.25
El club de gimnasia rítmica “In Mare” cuenta entre sus éxitos de los últimos años con el campeonato gallego conseguido por estas jóvenes que aparen en la fotografía que, tras ponerse al frente de su categoría en Galicia participaron en el campeonato de España con un alto nivel por lo que, desde el club marinense muestra con ellas el orgullo de haber llegado tan alto en la esperanza de que lo mejor está todavía por alcanzar. Felicidades
Carriola.Redacción.28.11.25
julio@carriola.es
El Cine Seixo anuncia su cartelera de proyecciones desde hoy viernes día 3 al domingo 5, ambos inclusive. Las películas que podrán visionarse son “Extinción” y “Siempe es invierno”, atendiendo a los siguientes pases:

“EXTINCIÓN”, a las 17.30 horas

“SIEMPRE ES INVIERNO” a las 19.05 y 21,15 horas
Carriola.BNG.28.11.25
O Congreso avala a proposta presentada polo BNG para a cesión dos espazos en desuso do Porto de Marín e os infrautilizados da Escola Naval para ampliar os espazos públicos e zonas verdes dispoñíbeis para a veciñanza

Néstor Rego con persoeiros do BNG nunha visita a Marín
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, consegue sacar adiante unha iniciativa na Comisión de Defensa para reclamar ao Goberno do Estado impulsar o proxecto “Abrir Marín ao Mar” e ceder de forma inmediata os espazos en desuso do porto de Marín e os infrautilizados na entrada da Escola Naval Militar. A iniciativa do BNG aprobada ten o obxectivo de aumentar as zonas verdes e os espazos públicos para uso e goce da cidadanía.
“Marín está fechada ao mar, agás en dous puntos, como consecuencia dos balados do Porto e da Escola Naval Militar. A humanización e o futuro deste espazo pasa por impulsar o proxecto de abrir Marín ao mar para a recuperación de espazos públicos e zonas verdes que conecten a vila co mar” defende o deputado nacionalista durante o debate da iniciativa. “A cidadanía de Marín - enfatiza Rego - ten dereito a recuperar o acceso ao mar e esta actuación non iría en detrimento da ENM nin do porto senón que aproveitaría aqueles espazos en desuso ou infrautilizados -e, por tanto, prescindíbeis- o que resultaría nun beneficio para a cidadanía ofrecendo novos espazos”.
A iniciativa do BNG, a pesar de contar coa abstención das forzas estatais -PP e PSOE-, saíu adiante e reclama ao Goberno do Estado iniciar a cesión de parte dos terreos de Portos do Estado e da Escola Naval para seren destinados a zonas verdes, de esparexemento público e favorecer a apertura de Marín ao mar.
No concreto, entre as actuacións aprobadas recóllese que o Ministerio de Transportes ceda de forma gratuíta os espazos non afectados por explotación portuaria a través dun convenio co concello de Marín e a Autoridade Portuaria que inclúa o Paseo da Avenida de Ourense, o edificio de servizos e pista deportiva, o Parque de Cantodarea (Parque Azul), o paso inferior e novos accesos á zona S‐O da zona de servizo, o dique embarcacións menores e o Paseo Alcalde Blanco.
Así mesmo, que incorpore ao expediente a dársena de embarcacións menores, da parcela resultante da demolición da nave almacén de Pérez Torres, do edificio destinado a cafetería ao inicio do Paseo Alcalde Blanco e do inmóbel de dúas plantas da Avenida de Ourense, número 86 -para destinalo a centro social do barrio do Cantodarea-.
“A superficie das edificacións destinadas a oficinas e almacéns sitas na explanada do antigo Peirao da Ribeira, así como o edificio de oficinas (Satlink), actualmente en réxime de concesión, pasen, na súa totalidade, unha vez finalice o período de concesión, ao Concello de Marín” recolle a iniciativa do BNG aprobada no Congreso.
Así mesmo, o deputado do BNG pon en valor a reclamación aprobada para que o Ministerio de Defensa inicie a tramitación do expediente para a cesión gratuíta e permanente do terreo sito nas inmediacións da entrada da Escola Naval ocupado na actualidade pola pista de atletismo, procedendo ao retranqueo do muro de fechamento perimetral e da entrada monumental até as inmediacións do Edificio de Aulas en que se sitúa a Torre do Reloxo e promover un Convenio de colaboración para abrir ao uso público civil as instalacións que permita promover zonas verdes para uso público e destinar a área do peirao a uso náutico deportivo para os clubs de Marín e para a apertura dun Museo Municipal, entre outras cuestións.
Carriola.Redacción.28.11.25
La alcaldesa María Ramallo, acompañada de la autora del cartel navideño y miembros de su equipo de gobierno, procedió ayer a anunciar en la alameda Rosalía de Castro el próximo inicio de la Navidad marinense que será el día 5 con la puesta en marcha del alumbrado y demás atractivos propios del tiempo de Nadal.
“Un Nadal para Compartir” es el lema que la alcaldesa señaló en el acto de presentación de la programación naviveña marinense en el que estuvo presente, junto con otros concejales del equipo de gobierno, la autora del cartel anunciador, la ilustradora Chus Rojo, que dio su versión del colorista contenido del mismo

Ramallo presentó la navidad marinense como “Os abrazos, os paseos da man vendo o alumeado, as colas para subir ao tren e ao carrusel, os risos dos máis pequenos coas actividades, as visitas máis esperadas de Papa Noel e os Reis Magos… Todo iso é o Nadal en Marín; un Nadal para compartir e gozar no noso municipio”, a la vez que destacó el buen trabajo de la ilustradora Chus Rojo, autora del cartel que adornaba el acto de presentación sucedido ayer.
Encendido de las luces el viernes día 5
El primer anuncio hecho por la regidora municipal fue el del encendido del alumbrado que será el viernes cinco a las seis de la tarde, momento en que arrancará todo el ambiente navideño con la puesta en marcha del carrusel de caballitos de “Estrela de Marín” en la alameda y las rutas del Tren de Navidad que partirán como siempre de la alameda para hacer distintos itinerarios por las calles y plazas de la villa, además de la apertura de la feria de “Artesanía de Galicia” en los puestos ubicados en la alameda.
“Ás 18.30 horas, chegará o momento de acender o alumeado de Nadal, no que estaremos acompañados pola Batucada Axé Bahía, que nunca din que non a amenizar moitos eventos ao longo de ano, que dinamizan a súa parroquia e impulsan un evento, o Axé Bahía Fest, que crece máis en cada edición e, ao rematar, servirase a tradicional chocolatada co que, a partir de entón, arranca unha programación completísima, pensada para os nenos e as nenas, que para eles é o Nadal, pero tamén para a xente maior, que utiliza moito o tren, por exemplo, así como para o comercio e a hostalaría”, dijo Ramallo
Actos para todo el mes
Haciendo votos por que el tiempo climatológico acompañe y facilite las celebraciones, María Ramallo destacó entre ellas los clásicos conciertos y actuaciones de todos los años; “Repetirase a aposta pola Gran Carpa de Engado Marín Infantil e Xuvenil do Parque Eguren, que abrirán o 19 de decembro, pero que xa antes ofrecerán unha actividade imperdible para a mocidade: o Marín Gaming, que arrancará xa a fin de semana da ponte, os días 6 e 7 de decembro; As Ludoxornadas, os concertos da Banda de Música e a Unidade de Música da Escola Naval Militar, os mercadiños de Nadal, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, a propia Cabalgata, bailes de Fin de Ano e Aninovo… son algunhas das propostas que completan unha programación que xa se pode consultar na súa integridade en www.concellodemarin.es/nadalmarin e que estará dispoñible en programiñas físicos a partir da próxima semana”.
El nuevo Auditorio a punto de entrar en servicio
La alcaldesa consciente de que en el acto de presentación del programa se le preguntaría por el auditorio, se adelantó para explicar que está a punto de su remate y matizó “Aínda que nos tivera encantado chegar, non poderemos abrir o Auditorio, que está prácticamente finalizado pero estamos cos remates finais: suministros que se están instalando, a conexión eléctrica… Despois de tanto tempo e ilusión, queremos abrilo ben e con todo colocado e disposto, así que este ano tocará despedirnos do Multiusos e de todo o bo servizo que fixo todos estes anos”.
Unha ilustración coa que reivindicar un Nadal en familia

Por su parte, la pontevedresa Chus Rojo, autora del cartel anunciador del Nadal de Marín 2025, se mostró muy feliz de haber podido hacer esta obra que calificó para cualquier artista “un caramelito”. Dio las gracias al concello de Marin por haberle hecho este encargo y explicó que la principal idea que contiene el cartel fue la de “Plasmar una navidad en familia: con los tuyos, tus familiares, tus amigos y reflejar las cosas de este momento navideño que todos hacemos en nuestras casas tratando de separar un poco lo de comprar , de consumir y de todo eso que se añade a estas fechas. Como veis reflejamos hssta la carta a ls Reyes y recogiendo en todo lo posible lo que en realidad es el espíritu de la Navidad”
El cartel será ahora exhibido en calles, comercios y plazas ayudando a aportar ambiente navideño al pueblo de Marín.
Carriola.FMF.28.11.25
El Marín Club de Fútbol flamante líder del Grupo V de la Primera División Autonómica ha convocado a sus socios a Asamblea General Ordinaria que se celebrará hoy viernes, 28 de Noviembre, a partir de las ocho de la tarde en el Museo Manuel Torres.
La asamblea cierre de la temporada 2024-2025, que se había de celebrar este verano, y se pospuso por motivos de agenda, llega ahora en un momento dulce para la entidad franjiazul por la buena marcha de su primer equipo en la competición liguera
En ella, como es preceptivo en estos casos, tras la lectura y aprobación del acta de la asamblea anterior, en la que fue elegido presidente el actual mandatario del club Miguel Pazos Beis, los socios recibirán de la actual junta directiva el informe económico y deportivo de la pasada temporada 2024-2025.
Después se procederá al estudio y aprobación del presupuesto y proyecto deportivo para la temporada en marcha, 2025-2026.
La asamblea se cerrará con el clásico turno de ruegos y preguntas.
Desde la junta directiva se invita a todos los socios a su participación en dicha reunión para la ayuda en la toma de decisiones que sean beneficiosas para el club.
Carriola.Redacción.27.11.25
Continúan celebrándose as “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro no salón de actos da Biblioteca Vidal Pazos de Marín que hoxe terá a súa terceira conferencia do doutor en medicina pola Universidade de Compostela, Fernando Ponte Hernando, cambiada de orde porque era a que correspondía para o pasado luns .
Onte foi o doutor en Antropoloxía Popular,

Xosé Ramón Mariño Ferro quen ofreeu unha ampla e interesante charla sobre “A Loucura na filosofía moderna e pensamento contemporáneo”, tema que despertou o interés dos participantes que entablaron un interesante coloquio sobre diversos aspectos da disertación do relator.
Para hoxe a programación contempla a conferencia que estaba programada para o pasado martes e que fooi cambiada para o xoves cuio tema é “A Vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica”, correspondendo ao doutor en medicina pola Universidade de Santaigo de Composela, Fernando Ponte Hernando. O acto como todos os do ciclo darà comenzo as oito da tarde no salón da Biblioteca Pública “Vidal Pazos”.
Mañán será a derradeira charla a cargo da doutora Olaia López Costas que versará sobre “Arqueoloxía da Saúde, enfermidade e curacion en Galicia” e o domingo pecharase o ciclo cun obradoiro de plantas medicinais no Museo Torres a cargo de Francisco Javier Silva Pando, Doutor en Bioloxía porla Universidad Compostelana.
Carriola.Redacción.27.11.25

Nuevo aspecto nocturno del cementerio de Santomé
El cementerio vecinal de Santo Tomé de Piñeiro, que ha venido a sustituir al histórico que se encuentra clausurado en el atrio parroquial hace unas tres décadas, necesitaba mejorar su iluminación por lo que la asociación vecinal encargada de la gestión del recinto procedió a solicitar, dentro del Plan Social ENCE 2024 una colaboración económica para llevar a cabo la obra con la que se consiguió eliminar las zonas de penumbra en todo el interior del recinto. El colectivo vecinal remite una nota de reconocimiento a la empresa pastera por su ayuda que completó la aportación de los propios vecinos para mejorar sensiblemente ese aspecto del camposanto de la parroquia rural marinense.
Carriola.Redacción.27.11.25
El Aula CeMit de Marín acogerá una nova edición del “Campamento Dixital” , formación 100% gratuita para que los niños y niñas de entre 9 e 17 años mejoren sus competencias digitales y se enfrenten a los retos que existen dentro dicha esfera.
Será los días 22 y 23 del próximo mes de diciembre con horario entre las cuatro y las ocho de la tarde y en su transcurso se tratarán temas como el de la ciberseguridad, creación de contenido digital o el uso responsable de la tecnología
Según indican desde el concello, “A formación, que está certificada, será impartida por educadores especializados e conta con distintos módulos formativos en función das idades:
* Aos participantes de 9 a 11 anos ensínaselles a buscar información de valor en Internet, a coñecer as ferramentas para crear contido dixital, a crear contrasinais seguras e protexer os seus datos persoais e a ter pautas para verificar a información que se comparte, aprendendo a detectar novas falsas.
* Cos de 12 a 13 anos, trátanse consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas e para coidar a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais e, ademais, ensinaráselles a aprender a filtrar e buscar información de xeito máis efectivo e detectar e previr situacións de ciberacoso.
* Finalmente, para os rapaces e rapazas de 14 a 17 anos os módulos inclúen a adopción de hábitos saudables de desconexión e benestar dixital, o uso consciente e responsable de Internet e as redes sociais, recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación online e competencias dixitais para a procura do emprego.”
Inscripciones
L@s jóvenes que quieran participar en este interesante campamento formativo deberán inscribirse previamente, antes del día 1 de diciembre, pudiendo hacerlo bien mediante una llamada telefónica al número 986 890 969 , o tambén meidante el mail cemit.marin@xunta.gal
Carriola.Redacción.27.11.25
Esta semana rematouse a instalación destes totems, fabricados con materiais sostibles e con durabilidade, que forman parte do contrato de desenvolvemento da Oficina Virtual de Turismo
A sinalización turística é básica para achegar a información actualizada e contrastada dos recursos turísticos tanto á cidadanía como ás persoas que nos visitan.
Por iso, dentro do contrato da creación dunha Oficina Virtual de Turismo, englobouse a colocación dunhas balizas que permitan coñecer cales son os datos, a orixe e as curiosidades destes lugares emblemáticos do noso municipio.
Así, esta semana rematouse coa colocación destes totems, fabricados en materiais sostibles e con durabilidade, que constan dun pequeno soporte no que se lles incrustou unha placa co nome do recurso e un QR, que leva directamente á ficha dixital creada dentro da nova web de turismo: marinturismo.es

Concretamente, os recursos sinalizados foron os seguintes, clasificados por categorías:
Patrimonio Cultural:
- Praza de Abastos
- Museo Municipal Manuel Torres
- Museo do Mar
- Paseo Alcalde Blanco
- Capela das Sete Espadas
- Templo Vello + casco antigo de Marín
- Igrexa de Santa María do Campo
- Igrexa de Santa María do Porto
- Igrexa de San Xosé Obreiro de Cantodarea
- Igrexa de Santa María de Ardán
- Igrexa de Santomé de Piñeiro
- Igrexa de San Xulián
- Igrexa de San Diego
- Igrexa de Seixo
- Igrexa Evanxélica de Seixo
- Igrexa Evanxélica de Marín
Costa:
- Praia de Portocelo
- Praia de Mogor
- Praia de Aguete
- Praia de Loira
- Praia do Santo
- Praia da Coviña
- Praia de Ribeira
Espazos Verdes:
- Finca de Briz
- Lago de Castiñeiras
- Fervenzas de Neibó
- Parque da Brea
- Miradoiro de Portocelo
- Miradoiro de Mogor
- Miradoiro de Pastoriza
- Miradoiro do Cruceiro do Vento
- Miradoiro da Moreira
- Miradoiro da Teoira
Arte rupestre:
- Petróglifos de Mogor
- Menhir de Currás
O Castro da Subidá xa conta cunha sinaléctica turística renovada polo que neles non se fixo colocación dunha baliza
Carriola.Redacción.27.11.25
O Museo do Mar organiza un acto no Museo Torres no que intervirá a bióloga marina Lucía Jiménez Álvarez quen, o próximo sábado ás 11,30 falará sobre “Fanerógamas Mariñas e Cabaliños de Mar”
Pasado mañán, sábado, o salón de actos do Museo Torres acollerá un acto de conferencia coloquio protagonizada pola bióloga mariña, Lucía Jiménez Álvarez, instrutora de mergullo que, desde a súa chegada a Galicia hay ano e medio, ven explorando os fondos mariños das rías galegas que, segundo asegura, a teñen namorada na comprobación das diferenzas existenes cos da zona andaluza tendo descubertas novas especies e distintas cores a aínda a temperatura das augas desta zona galega.
Lucía descubriu ao longo do pasado verán un dos animais máis curiosos e fascinantes dos que viven no noso litoral como son el “Cabalios do Mar” e da súa sorpresa xurdiu a idea de organizar esta charla para dar a coñecer estes seres que caolifica de “maravillosos” que, con toda seguiridade, son ata descoñecidos para moitos veciños deste entorno aos que a relatora tentará de convencer da importancia de protexelos.
“Os cabaliños do mar - adianta Lucía - viven sobre todo nas pradeiras de zosera, unha pranta mariña frecuentemente confundida con algas que está presente en Gañicia ainda que sufrindo un claro declive a pesar do seu enorme valor ecolóxico para o equilibrio dos sistemas mariños”
A bióloga andaluza recorda que, para protexer coidar, primeiro hai que coñecer e será ese o sentido da súa charla coloquio á que invita a asistir a quen queira mergullarse con ela no fascinante mundo destes animáis e deas nosas rías.
Carriola.Redacción.27.11.25
La Banda de Música de Marín que utiliza los locales e la antigua escuela de educación infantil de San Pedro recibirá hoy al diputado Municipal de Cultura Jorge Cubela quien, esta tarde, a las ocho, visitará la instalación y conocerá de cerca su funcionamiento y la realidad de la agrupación, que es un orgullo para los marinenses, donde se preparan niños y jóvenes muchos de los cuales pasan a formar parte de la banda propiamente dicha y, algunos, derivan su vida profesional por la disciplina musical como ha pasado ya en numerosos casos.

Cubela saldrá de esa visita con una idea clara de la situación de esta entidad cultural marinense, nacida en el seno del Ateneo Santa Cecilia fundada por el maestro Alfredo Sánchez Murcia y actualmente dirigida por Eduardo González, quien recogió el testigo del actual director de la Banda de Música de la Escuela Naval, Juan Luis Costa, y sabrá si es meritoria del apoyo de la Diputación Provincial a la que representa hoy en la misma acompañado, con toda seguridad de la alcaldesa de Marín María Ramallo y miembros de su gobierno local..
Carriola.Redacción.27.11.25
La asociación comercial “Estrela de Marín” anunció ayer que, un año más, volverá a estar instalado en la alameda el carrusel de caballitos que permanecerá durante toda la programación navideña y desde el día 5 de diciembre

El día cinco de diciembre se pondrá en marcha el carrusel de caballitos que, como cada año, desde hace ya algunos, se instalará en la alameda siendo uno de los principales atractivos infantiles junto con el “Tren de Nadal” que el Concello también pondrá en marcha el mismo día.
La utilización gratuita de este carrusel está relacionada con los comercios asociados en Estrela de Marín que facilitarán su utilización aportando dos mil tickets a las compras realizadas por sus clientes aunque también podrá ser utilizado con el abono de entradas a precios muy populares como segunda posibilidad.
Según pudo saber Carriola, hoy jueves será presentado el programa completo de actos que organiza el Concello
Carriola.Dep.Prov..27.11.25
Entre os días 28 e 30 de novembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá concertos, obradoiros, proxeccións de documentais, presentacións de libros e unha nova edición das Xornadas Profesionais MUMI: Músicas no Minho
A Deputación de Pontevedra levará á Culturgal entre os días 28 de 30 de novembro unha ampla programación de actividades culturais arredor do lema “Unha provincia para cantar a cultura”. O obxectivo da institución provincial é destacar aqueles programas e actividades levadas a cabo ao longo do ano para achegar a todas as xeracións tanto a música profesional e amateur como a cultura tradicionais. Durante a fin de semana, o posto da Deputación así como o resto de espazos instalados no Pazo da Cultura de Pontevedra acollerán actividades organizadas ou patrocinadas pola Deputación nas que destacan concertos, obradoiros, presentacións de libros e de proxectos documentais ou tamén unha xornada para profesionais da música de Galicia e o norte de Portugal.
Programa de actividades que comenzarán o sábado
As actividades organizadas pola Deputación comezarán o sábado 29 ás 12:30 horas cun concerto das pandeireteiras Soalleira de Dorrón e un obradoiro aberto deste instrumento. Ás 18:30 horas terá lugar un concerto do Óscar Ibáñez Quartet, composto por Óscar Ibáñez á frauta e gaita, Fernando Fraga ao acordeón, Xosé Liz ao bouzouki e mais Leandro Deltell ao caixón e caixa. Por último, ás 19:30 horas ofrecerase un concerto didáctico sobre a nova técnica de pandeireta galega a cargo de Suso Vaamonde. Todas as actividades terán lugar no posto da Deputación de Pontevedra.
O domingo 30 será o día de máis actividade, cunha programación que dará comezo ás 12:00 horas no Teatriño coa presentación do proxecto documental “Mozas da miña aldea. As cantareiras e a poesía popular oral na provincia de Pontevedra”, na que intervirá o deputado de Cultura, Jorge Cubela, e que pechará coa actuación das pandeireteiras de Toutón, que visitarán a continuación (12:45 horas) o posto da Deputación para ofrecer unha actuación. Xa ás 13:00 horas, tamén no posto da Deputación, terá lugar un obradoiro aberto de pandeiro redondo e pandeireta a cargo de María Vidal Solla e Pichi Abollado. Ás 17:00 horas no Escenario Arte terá lugar a presentación do libro de banda deseñada “Castelao en Pontevedra (1916-1936)”, de Miguel Pérez Ramudo, organizada polo Museo de Pontevedra. Para rematar, ás 17:30 horas no posto da Deputación terá lugar un concerto didáctico sobre instrumentos de raíz ofrecido pola Fundación Legar.
Xornadas Profesionais “Músicas do Miño”
A Deputación de Pontevedra tamén colabora cunha nova edición das Xornadas Profesionais MUMI: Músicas no Minho, que se celebrarán o venres 28 na Sala VIP do Pazo da Cultura. As xornadas consistirán en diversas conferencias e mesas redondas nas que se debaterá sobre a lingua como motor cultural, os festivais como espazos de transformación e diversos aspectos que afectan o mercado da música actual.
Ademais, no posto da Deputación haberá dispoñible material promocional dos programas e actividades relacionadas co lema “Unha provincia para cantar a cultura”, como o Culturea e o +Música, os circuítos Son Verán e Entradiñas de Aninovo, os obradoiros escolares Instrumentos da Memoria e o concurso Canta Rosalía!, ou as liñas de axudas para festivais e agrupacións musicais. Ademais dos folletos, as persoas que visiten o posto poderán levar cadansúa bolsa de tea e pulseiras co lema.
Carriola.Redacción.26.11.25
Continúan celebrándose as “XXIV Xornadas Banco Freijeiro” na Biblioteca Pública de Marín que onte iniciaron os relatorios coa participación do doutor

Benito Arbaizar Gil que disertou sobre o tema de “Loucura na filosofía moderna e o pensamento contemporáneo”, tema que foi seguido con moito interés polos participantes neste ciclo ao que lle quedan por diante outras tres conferencias e o remate do mesmo, que será un “Obradoiro de Plantas Medicinais” que terá o seu momento o próximo domingo para pechar as xornadas.
Na tarde de hoxe, a partir das oito e tamén na Biblioteca Pública, corresponderalle o turno ao relator Xosé Ramón Mariño Ferro, doutor en Antropoloxía Cultural pola Universidade Complutense de Madrid, que falará sobre “Os dous Sistemas de Medicina Popular”
As persoas que desexen escoitar tan interesante tema teñen, aínda que non se encontren inscritas no ciclo porpiamente dito, as portas abertas para participar como oíntes tanto nesta como nas conferencias que aínda restarán os días xoves e venres “A Vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica”, o xoves e “Arqueoloxía da Saúde; enfermidade e curación en Galicia”, o venres
Carriola.Consll. De Comercio.25.11.25
A Praza de Abastos de Santiago acolleu onte a presentación de Prato de Mercado, un novo proxecto da Xunta destinado a reforzar o papel das prazas e mercados como grandes escaparates do produto galego de calidade, fresco e de proximidade.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto, que reuniu 34 chefs galegos de 31 establecementos de restauración, unidos para impulsar a relación directa entre cociña e mercado e fortalecer estes espazos como motores económicos e sociais das cidades e vilas de Galicia.
O conselleiro destacou o compromiso da Xunta cos mercados —preto de 100 en toda Galicia distribuídos en 76 municipios—, que continúan a ser espazos esenciais para garantir a calidade da oferta comercial, o abastecemento de proximidade e a conexión directa co territorio. Subliñou tamén o seu papel como motores de comercio de atracción e como lugares versátiles e con gran capacidade de adaptación e innovación fronte ás novas tendencias de consumo, que acollen accións culturais, iniciativas gastronómicas e propostas que favorecen novas sinerxías entre comercio, hostalaría e cociña.
O lanzamento de Prato de Mercado, sinalou o conselleiro, marca o inicio dun programa que se desenvolverá ao longo de 2026, cun calendario de showcookings en mercados de toda Galicia. O obxectivo é impulsar a dinamización das prazas de abastos e fortalecer a súa capacidade para xerar emprego e riqueza nas contornas onde se sitúan, no marco do programa de actuacións do vixente Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Tamén se referiu á iniciativa Artesanía no Prato, que promove as pezas de Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía. Ao abeiro dela, máis de 50 obradoiros artesanais galegos están traballando xa con restaurantes da comunidade, nacionais e internacionais.
Pulo á Rede de Mercados Excelentes
O acto completouse coa celebración do encontro O futuro dos mercados tradicionais: innovación e tradición, no Colexio Maior San Agustín reunindo representantes do comercio, produtores, praceiros, profesionais da gastronomía e alcaldes e alcaldesas, e incluirá ponencias, mesas de debate e a proxección do vídeo do proxecto, no que unha vintena de cociñeiros e cociñeiras amosan o seu día a día adquirindo produtos nos mercados onde se abastecen para os seus restaurantes, salientando a variedade e calidade dos produtos locais.
Distintivo “Mercado Excelente”
Durante a xornada entregouse o distintivo de Mercado Excelente ao

mercado de Carballo, que se suma aos outros que contan con este selo, que son Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Pontedeume. Este distintivo identifica aquelas prazas de abastos que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, mantendo ao mesmo tempo a autenticidade e tradición que as caracterizan. Co obxectivo de seguir avanzando na consolidación desta Rede, a Xunta reforzará en 2026 as liñas de apoio destinadas á dinamización e revitalización das prazas de abastos, cun investimento próximo aos 4,5 millóns de euros. Estas axudas diríxense tanto ao mantemento dos mercados xa recoñecidos como á formación, diagnose, mellora e dinamización daqueles que aspiran a obter o selo. O evento da tarde pechará coa intervención final do conselleiro de Emprego antes de dar paso aos diálogos De cociña e mercado, que se farán na Praza de Abastos de Santiago e que incluirán a degustación e presentación das elaboracións Prato de Mercado a cargo da chef Lucía Freitas, propietaria do restaurante A Tafona.
Plan estratéxico de comercio
Prato de Mercado forma parte das máis de 70 accións incluídas no Plan estratéxico do comercio de Galicia, dotado con máis de 320 M€, e compleméntase con outras accións de promoción xa consolidadas, como Quere o teu mercado, que na edición de maio contou coa participación de máis de 2.550 profesionais de 63 mercados galegos. Ademais, coincide coa recente da nova imaxe do Comercio Galego, unha marca distintiva coa que o a Xunta busca enxalzar a identidade e excelencia dos comercios de proximidade.
Carriola.Redacción.26.11.25
O Ateneo Santa Cecilia organiza e convida a todo o público á asistir á Mesa Redonda “50 ANOS DA DEMOCRACIA” que se celebrará pasado mañán, venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na sede da propia entidde ubicada na rúa do Forno, 42 – baixo.
A mesa estará moderada por Manuel Méndez Fraguas e contará coa participación de:
Estas tres personalidades compartirán a súa experiencia persoal sobre eses anos tan cruciais e determinantes na historia recente de España, cubrindo desde a vida na ditadura franquista ata o proceso de loita pola liberdade e o establecemento do sistema democrático.
A entrada na sala onde terá lugar esta interesante mesa redonda será totalmente libre ata completar aforo.
Carriola.26.11.25
O día no que o autobús nunca chegou.

Aarón Franco
O 26 de novembro, a ONU convidanos a falar de transporte sostible, de mobilidade accesible, de servizos públicos que conecten territorios e persoas. A propia Xunta, a través do seu Observatorio de Transporte, presume do Día Mundial do Transporte sostible e da importancia de sistemas “seguros, alcanzables, accesibles e sostibles para todas as persoas”. En Marín e na Galiza esa declaración soa a chiste.
A veciñanza leva meses denunciando que o bus entre Marín e Pontevedra, non cumpre horarios e alonga as esperas. Falamos dunha liña masiva: estudantes, traballadoras, persoas maiores que van a consultas, xente que se move a diario. E, malia iso, a empresa fai e desfai co beneplácito da Xunta.
O problema non remata aí. As conexións co Morrazo e coas praias arrastran tamén queixas pola falta de accesibilidade. É vergoñento que no ano 2025, as persoas con mobilidade reducida teñan que avisar con 24 horas de antelación se precisan un bus adaptado. Nun municipio con parroquias espalladas e moita xente maior, iso non é un pequeno fallo técnico, é unha barreira social perfectamente planificada co único obxectivo do beneficio económico por riba do servizo público. A isto súmanse as paradas no rural, espalladas por Seixo, Ardán, Mogor ou O Campo, nas que o bus pasa pouco, tarde, ou sinxelamente non pasa. A Xunta anuncia proxectos para “mellorar” paradas no termo municipal, con marquesiñas novas e formigón fresco, pero sen garantir que detrás desa foto haxa frecuencias decentes. Parada si, servizo non.
Todo isto non é unha anécdota local, senón un síntoma: Galiza está desartellada. O país non ten unha rede de transporte público á altura da súa realidade. A dispersión da poboación, que tanto se invoca para xustificar recortes e peches de servizos, desaparece da ecuación cando se trata de investir en liñas de bus comarcais, en liñas que conecten parroquias coas cabeceiras das comarcas. Mesmo empresas públicas como Sogama recoñecen que a loxística é un desafío nun territorio de milleiros de núcleos rurais espallados.
A pregunta cae soa: se o saben para mover lixo, como non o van saber para mover persoas?
O Día Mundial do Transporte Sostible nace precisamente para lembrar que os sistemas de mobilidade deben ser seguros, accesibles, asequibles e con baixas emisións, e que son chave para o desenvolvemento económico e o benestar social. En Galiza, con todo, a aposta real da Xunta segue a ser unha combinación de coche privado, concesións a grandes operadoras e obras dispersas sen visión de país. Mellóranse estacións intermodais nalgúns puntos, elimínanse paradas noutras liñas, optimízanse os tempos cara Vigo ou A Coruña e mentres, milleiros de persoas no interior e no litoral seguen sen alternativa ao volante propio.
Desde unha óptica de país, a isto hai que chamarlle falta de soberanía. Un país que non decide como se move a súa xente, que non planifica os fluxos entre comarcas, que non garante que unha persoa poida ir traballar, estudar ou ao hospital sen depender dun coche, é un país ao que se quere subordinar. E vai ser que non nos imos deixar.
Carriola.GALP.26.11.25
O encontro incluirá un taller práctico e terá lugar o martes 2 de decembro no Casal de Ferreirós e as iniciativas deben responder aos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do GALP-RP
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP-RP) ) continúa co seu labor de difusión territorial das axudas no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) coa celebración dunha nova xornada informativa en Poio, que terá lugar o vindeiro martes 2 de decembro ás 19:00 horas no Casal de Ferreirós, en colaboración co Concello.
Esta iniciativa enmárcase nas accións do GALP para facilitar que a cidadanía, entidades locais e tecido económico coñezan de primeira man as posibilidades de financiamento de proxectos que favorezan o desenvolvemento sostible das zonas costeiras. Trátase de achegar ferramentas e acompañamento ás persoas interesadas en presentar iniciativas relacionadas coa posta en valor dos recursos mariños, a diversificación da economía local, a mellora do benestar social ou a protección do patrimonio natural e cultural.
A xornada contará cun formato participativo dividido en tres bloques: unha presentación das axudas ao abeiro Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), un espazo de networking para promover o intercambio de ideas e un taller práctico centrado nos pasos necesarios para formular unha proposta de proxecto, pensado especialmente para persoas sen experiencia previa na solicitude deste tipo de fondos.
A asistencia é de balde, mais requírese inscrición previa a través do formulario dispoñible ou contactando co equipo técnico do GALP Ría de Pontevedra no teléfono 886 213 015.
Carriola.Redacción.25.11.25
El Salón de Plenos del Ayuntamiento de Marín acogió este mediodía el solemne acto de entrega de los premios “Lazo Azul”, en presencia de las representantes de los servicios premiados y numerosas autoridades y representaciones políticas, policiales y personal de la dirección médica y enfermería de Pontevedra que acompañaban a los servicios galardonados
El premio “Lazo Violeta 2025” concedido por el “Consello Municipal da Muller do Concello de Marín” por decisión unánime de sus componentes, fue este año par el equipo de profesionales de Atención Primaria que desarrollan su labor en atención sociocomunitaria con mención especial al servicio de Enfermería, Trabajo Social y Matronas en la unidad de Atención Primaria de Marín y en el consultorio de Seixo , atendiendo a la labor que desarrollan en la atención multidisciplinar en activos de salud en las mujeres y en coordinación con los Servicios Sociales Comunitarios Específicos (CIM) del municipio marinense.

ENTREGA DE LOS PREMIOS.
Marián Sánchez, responsable del CIM marinense fue la encargada de llamar a las personas relacioadas en la decisión del Consello da Muller para hacerles entrega del galardón del Lazo Violeta 2025:
* Teresa del Carmen Gómrez Cerqueiro, Jefa del servicio de Atención Primaria
* Carmen González Periáñez, Coordinadora de Enfermería
* María Dolores Rodríguez García, Matrona
* Fátima Crespo de la Torre, Fisioterapeuta .
* Patricia Costas Ramírez, Trabajadora Social, que forma parte de la Mesa Técnica de Traballo contra a Violencia de Xénero que se encontraba ausente por motivos personales
DISCURSO DE LA ALCALDESA

Previamente a la entrega de los premios, inició el acto la alcaldesa María Ramallo para dirigirse a los asistentes con el siguiente discurso tras saludar a las autoridades y personas presenten en la sala:
“Existe unha violencia que se exerce contra as mulleres polo mero feito de selo, que fai das mulleres cidadás de segundo orde, invalidando a súa propia identidade. O exercicio da violencia ten moitas caras, algunhas máis achegadas á nosa sociedade e outras que son realidades diarias noutros lugares do mundo.
A violencia pode aparecer nas relacións de parella, nas nenas que son obrigadas a matrimonios forzados, na mutilación xenital feminina, a submisión química, nas violacións en manada, no acoso laboral por razón de sexo ou dentro das pantallas, onde o ciberacoso campa as súas anchas. A través da dixitalización da violencia, exércese un control maior sen necesidade de estar presente, provocando unha terrible indefensión nas vítimas, cada vez máis novas.
É necesario mirar de cara a esta realidade e rexeitar de forma contundente calquera acto violento por moi sutil que pareza, pois supón unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres.
Segundo datos da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do ano 2025, 38 mulleres e 3 menores foron asasinados por esta causa. Dende 2013, 65 vidas de menores de idade foron arrebatadas. A violencia de xénero, ademais, deixou en situación de orfandade a 20 menores en 2025 e a 4.899, dende o ano 2013.
Non son só estatísticas arrepiantes, son historias de vida truncadas por agresores que cren que as mulleres son obxectos da súa propiedade, dispoñendo incluso do más valioso que temos os seres humanos, a nosa propia vida. Somos responsables como sociedade de educar en igualdade nas familias, de sensibilizar a nosa contorna e como administración pública de dotar de recursos de prevención e intervención efectivos contra esta lacra. O obxectivo común será sempre construír unha sociedade xusta e igualitaria.
Os Premios Municipais “Lazo Violeta” do Concello de Marín, foron creados para dar visibilidade a entidades e persoas que co seu traballo contribuíron a fomentar a igualdade e a loitar contra a violencia de xénero. Estes premios representan o agradecemento do noso concello polo seu labor na procura dun mundo onde non caben as desigualdades, un traballo en rede que mellora a vida das mulleres e das súas familias proporcionando un sostén para reconstruír as súas historias dende o ámbito policial, sanitario, xudicial, social e asistencial”.
MINUTO DE SILECIO
Antes de rematar sus palabras, Maria Ramallo llamó a los asistentes a compartir un minuto de silencio por las víctimas de violencia machista:
“Non podemos esquecer a todas aquelas mulleres que foron asasinadas, así como ás nenas e nenos asasinados por violencia vicaria. Por iso, mostrándolles o noso total apoio, prégovos que gardemos un minuto de silencio”.
LECTURA DE LA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL.
Tras la intervención inicial de la alcaldesa y después del acto de entrega de los premios, se procedió a la lectura de la Declaración Institucional elaborada por el Consello Local y ratificada por la unanimidad del Pleno Municipal, momento que protagonizó

Carmen Gigán Cando, enfermera de Pediatría en el Centro de Salud marinense. Cuyo contrenido fue el siguiente:
“O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Calquera acto que atenta contra a dignidade, a integridade física e moral das mulleres polo mero feito de selo define este tipo de violencia. É unha manifestación da discriminación e a desigualdade de poder entre homes e mulleres. Representa un grave problema de saúde pública e unha violación dos dereitos humanos, polo que a súa erradicación é a nosa responsabilidade como sociedade.
No exercicio da violencia contra as mulleres, toma especial relevancia a crecente violencia dixital, o ciberacoso, a sextorsión e a difusión de imaxes íntimas non consentidas, da que as mulleres son as principais vítimas. Estas condutas revelan desigualdades estruturais que é preciso seguir abordando con urxencia. É prioritario establecer políticas públicas que garantan unha contorna dixital máis segura, un uso responsable das novas tecnoloxías, proporcionar apoio ás vítimas e fomentar a educación dende as familias e os centros escolares como colaboradores esenciais.
É de suma importancia que toda a cidadanía e especialmente as vítimas de violencia machista coñezan os servizos que existen para poder informarse sobre os seus dereitos e recibir un adecuado apoio e asistencia. A responsabilidade é compartida por todos os organismos que traballan para garantir unha adecuada atención, e como tal deberán adoptar as medidas necesarias para facilitar ese camiño.
A falla de recursos asistenciais en mulleres que presentan múltiples problemáticas asociadas coa violencia de xénero, como condutas aditivas, discapacidade e saúde mental, pon en risco a súa integridade e favorece a súa discriminación, polo que é necesario abordar os casos de maneira integral creando espazos de recuperación.
Os servizos que desenvolven o seu labor no ámbito da violencia machista necesitan ser dotados dun maior número de profesionais e medios para mellorar a calidade da asistencia que prestan.
Non podemos deixar de denunciar o alarmante incremento de distintos tipos de violencia amparado en discursos de odio e particularmente a violencia sexual contra as mulleres e as nenas.
É necesario formar á cidadanía en masculinidades igualitarias para lograr relacións saudables distintas ás impostas polo patriarcado.
Amosamos o noso rexeitamento ante calquera intento de manipulación que pretenda vulnerar dereitos xa adquiridos polas mulleres, como o dereito ao aborto, xa que estes son o mellor exemplo da conquista social en materia de igualdade na que debemos seguir traballando.
Para rematar coas desigualdades entre homes e mulleres necesitamos do labor conxunto no ámbito educativo, familiar, os medios de comunicación, as administracións e a sociedade.
Agora máis que nunca, consideramos imprescindible insistir na necesidade de desenvolver políticas didácticas e de sensibilización sobre o que é realmente a violencia de xénero, como se manifesta, e cales son as ferramentas para previla e combatela.
Polo tanto, con esta declaración denunciamos que, a pesar dos avances acadados, a violencia de xénero segue a ser unha lacra na nosa sociedade, polo que é preciso seguir apoiando con firmeza medidas efectivas e reais que traballen en prol da súa erradicación e da igualdade entre homes e mulleres.
AGRADECIMIENTOS
La alcaldesa cerró el acto institucional agradeciendo a las personas galardonadas asegurando que “ O seu traballo cotiá é fundamental e serve como exemplo de que todos os sectores, dende a sanidade ata a educación, pasando polas administracións ou as forzas e corpos de seguridade, temos un papel que exercer na loita contra a violencia machista. Temos que continuar traballando conxuntamente para loitar contra esta lacra”.
Terminado el acto las personas asistentes recogieron a modo de sensibilización de esta jornada tan especial en la lucha contra la violencia machista, bolsas con una ilustración alegórica realizada por María Lapido representando cuerpos de mujeres adaptados a distitnos espacios y a las violencias que allí se producen incidiendo en las violencias digitales.