Menú Principal

  • Portada
  • Marín
  • Colaboraciones
  • Fotodenuncia
  • Galería de cristal
  • Recuerdos
  • Esquelas

Carriola

  • Presentación
  • La Carriola
  • Búsqueda Avanzada
  • Contactar

Accesos

  • Acceso Usuarios
  • Registrarme como Usuario
  • Mi Perfil
Carriola de Marín Carriola de Marín Carriola de Marín
  • Portada
  • Marín
  • Colaboraciones
  • Fotodenuncia
  • Galería de cristal
  • Recuerdos
  • Esquelas
Condiciones de búsqueda:
Buscar solo en:

Total: encontrados 10597 resultados.

Página 49 de 530

Fallece Doña MARIA TERESA GARCÍA PAZOS (“Sita” de Confitería García) a los 88 años de edad

Carriola.Necrológica.28.11.25

julio@carriola.es

La funeraria SAN MARCOS comunica el fallecimiento hoy día 28 de noviembre de Doña MARÍA TERESA GARCÍA PAZOS cuyos restos mortales permanecerán en el tanatorio San Marcos de MARÍN, sala nº 2, hasta el momento de su traslado, mañana SÁBADO, día 29, a las cuatro y media de la tarde,  al crematorio Terras de Pontevedra para su incineración en la intimidad familiar.

Asimismo comunica que el funeral  por su alma será también el mañana sábado día 29 a las seis de la tarde en la iglesia parroquial de Marín Templo Nuevo. D.E.P.

El diputado provincial Jorge Cubela conoció ayer la realidad actual de la Banda de Música de Marín en su propia sede

Carriola.Redacción.28.11.25

julio@carriola.es   

Tal como estaba previsto, el diputado provincial de cultura Jorge Cubela visitó ayer tarde las instalaciones de la Banda de Música de Marín en San Pedro que fueron anteriormente colegio de Educación Infantil hasta que el alumnado de este centro fue trasladado al cercano grupo escolar de O Sequelo.

Jorge Cubela departiendo con Tino Esperón, presidente de la Banda

Cubela, que estuvo acompañado de la alcaldesa María Ramallo y los concejales Marián Sanmartín y Manuel Santos, fue informado por la junta directiva de la Banda de Música encabezada por el presidente Tino Esperón, de la realidad que atraviesa la agrupación en este momento y cambió impresiones con los presentes sobre posibilidades de ayudas y compromisos de actuaciones con el organismo provincial e incluso con la Xunta y el Concello aunque ya existe en este momento un convenio con el ente municipal.

El diputado y sus acompañantes recorrieron las instalaciones y Jorge Cubela se comprometió  a volver otro día para observar el trabajo en directo con los músicos de la banda que, precisamente ayer no tenían demasiada actividad en el recinto.

Finalmente y aprovechando la estancia allí, la alcaldesa entregó a los miembros de la junta directiva una serie de carpetas en las que guardar las partituras musicales especialmente diseñadas para su uniforme utilización por los componentes de la banda, cosa que Tino Esperón agradeció en nombre del colectivo.

Esta tarde será a derradeira conferencia das Xornadas Blanco Freijeiro e, o domingo, o “Obradoiro de Plantas Medicinais”

Carriola.Redacción.28.11.25

julio@carriola.es   

As Xornads Blanco Freijeiro que están na súa vixésimo cuarta edición finalizarán no que ás conferencias de refire, hoxe pola tarde coa intervención da doutora Olalla López Costas pero ainda restará unha interesante sesión para o domingo pola mañán que desenrolará no Museo Torres un obradoiro de plantas medicinais

Crecente está sendo o interés do ciclo “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro” no que se refire a asistencia de persoas ás charlas desenroladas ao longo desta semana. Concretamente na de onte o salón do Museo estivo moi concorrido para escoitar a disertación do doutor

Fernando Ponte Hernando quen falou sobre a vacinación en Galicia e o que supuxo a Real Expedición Filantrópica, tema no que participaron os asistentes  tanto na escoita coma no coloquio final.

Hoxe “Arqueoloxía da Saúde, enfermidade e curanción en Galicia”

Para esta tarde no que será o remate do ciclo de conferencias, está prevista a intervención da doutora en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada, Olalla López Costas e o tema sobre o que disertará será “Arqueoloxía da Saúde, enfermidade e curación en Galicia”. Coma todas as sesións precedentes, o acto dará comenso ás oito da tarde  e, ao remate da charla e o coloquio posterior, procederase á clausura das xornadas coa entrega de diplomas aos asistentes contándose coa presencia da alcaldesa María Ramallo.

Obradoiro de Plantas Medicinais o domingo

Pero non finalizará todo o contido do curso hoxe porque, para o domingo ás 11,30 da mañán, no Museo Torres, está programado o acto final que será un “Obradoiro de Plantas medicinais” baixo a dirección do doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de madrid, Francisco Javier Silva Pando.

Fallece Doña JOSEFA SANTAMARÍA PARDAVILA (Fina de Serrador-A Rosquilleira)a los 87 años de edad

Carriola.Necrológica.27.11.25

julio@carriola.es

La funeraria SAN MARCOS comunica el fallecimiento hoy día 27 de noviembre de Doña JOSEFA SANTAMARÍA PARDAVILA cuyos restos mortales permanecerán en el tanatorio San Marcos de MARÍN, sala nº 1, hasta el momento de su traslado, mañana VIERNES, día 28, a las cuatro y media de la tarde,  al cementerio municipal de A Raña para su inhumación.

Asimismo comunica que el funeral  por su alma será también el mañana viernes día 28 a las cinco y cuarto de la tarde en la iglesia parroquial de San Xulián. D.E.P.

Currás Meira, Meijón Couselo e Sangüos Espiña falarán hoxe no Ateneo sobre os 50 anos de Democracia

Carriola.Redacción.28.11.25

julio@carriola.es   

O Ateneo Santa Cecilia convida a todo o público á asistir á Mesa Redonda “50 ANOS DA DEMOCRACIA” que se celebrará o hoxe, venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na  sede da propia entidade ubicada na rúa do Forno, 42 – baixo.

A mesa estará moderada por Manuel Méndez Fraguas e contará coa participación de:

  • Manuel Currás Meira “Meiriña”
  • Guillermo Meijón Couselo
  • Carmen Sangüos Espiña

Estas tres personalidades compartirán a súa experiencia persoal sobre eses anos tan cruciais e determinantes na historia recente de España, cubrindo desde a vida na ditadura franquista ata o proceso de loita pola liberdade e o establecemento do sistema democrático.

A entrada na sala onde terá lugar esta interesante mesa redonda será totalmente libre ata completar aforo.

Equipo alevín campeón gallego del club de gimnasia rítmica “In Mare” que participó en el campeonato de España

Carriola.Redacción.28.11.25

julio@carriola.es   

El club de gimnasia rítmica “In Mare”  cuenta entre sus éxitos de los últimos años con el campeonato gallego conseguido por estas jóvenes que aparen en la fotografía que, tras ponerse al frente de su categoría en Galicia participaron en el campeonato de España con un alto nivel por lo que, desde el club marinense muestra con ellas el orgullo de haber llegado tan alto en la esperanza de que lo mejor está todavía por alcanzar. Felicidades

El Cine Seixo proyecta “EXTINCIÓN” y “SIEMPRE ES INVIERNO”, desde hoy hasta el domingo

Carriola.Redacción.28.11.25

julio@carriola.es

El Cine Seixo anuncia su cartelera de proyecciones desde hoy viernes día 3 al domingo 5, ambos inclusive. Las películas que podrán visionarse son “Extinción”   y “Siempe es invierno”, atendiendo a los siguientes pases:

 

“EXTINCIÓN”, a las 17.30 horas

 

“SIEMPRE ES INVIERNO” a las 19.05 y 21,15 horas

O Congreso da luz verde á iniciativa do BNG para impulsar o proxecto “Abrir Marín ao Mar”

Carriola.BNG.28.11.25

julio@carriola.es   

O Congreso avala a proposta presentada polo BNG para a cesión dos espazos en desuso do Porto de Marín e os infrautilizados da Escola Naval para ampliar os espazos públicos e zonas verdes dispoñíbeis para a veciñanza

Néstor Rego con persoeiros do BNG nunha visita a Marín

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, consegue sacar adiante unha iniciativa na Comisión de Defensa para reclamar ao Goberno do Estado impulsar o proxecto “Abrir Marín ao Mar” e ceder de forma inmediata os espazos en desuso do porto de Marín e os infrautilizados na entrada da Escola Naval Militar. A iniciativa do BNG aprobada ten o obxectivo de aumentar as zonas verdes e os espazos públicos para uso e goce da cidadanía.

“Marín está fechada ao mar, agás en dous puntos, como consecuencia dos balados do Porto e da Escola Naval Militar. A humanización e o futuro deste espazo pasa por impulsar o proxecto de abrir Marín ao mar para a recuperación de espazos públicos e zonas verdes que conecten a vila co mar” defende o deputado nacionalista durante o debate da iniciativa. “A cidadanía de Marín - enfatiza Rego - ten dereito a recuperar o acceso ao mar e esta actuación non iría en detrimento da ENM nin do porto senón que aproveitaría aqueles espazos en desuso ou infrautilizados -e, por tanto, prescindíbeis- o que resultaría nun beneficio para a cidadanía ofrecendo novos espazos”.

A iniciativa do BNG, a pesar de contar coa abstención das forzas estatais -PP e PSOE-, saíu adiante e reclama ao Goberno do Estado iniciar a cesión de parte dos terreos de Portos do Estado e da Escola Naval para seren destinados a zonas verdes, de esparexemento público e favorecer a apertura de Marín ao mar.

No concreto, entre as actuacións aprobadas recóllese que o Ministerio de Transportes ceda de forma gratuíta os espazos non afectados por explotación portuaria a través dun convenio co concello de Marín e a Autoridade Portuaria que inclúa o Paseo da Avenida de Ourense, o edificio de servizos e pista deportiva, o Parque de Cantodarea (Parque Azul), o paso inferior e novos accesos á zona S‐O da zona de servizo, o dique embarcacións menores e o Paseo Alcalde Blanco.

Así mesmo, que incorpore ao expediente a dársena de embarcacións menores, da parcela resultante da demolición da nave almacén de Pérez Torres, do edificio destinado a cafetería ao inicio do Paseo Alcalde Blanco e do inmóbel de dúas plantas da Avenida de Ourense, número 86 -para destinalo a centro social do barrio do Cantodarea-.

“A superficie das edificacións destinadas a oficinas e almacéns sitas na explanada do antigo Peirao da Ribeira, así como o edificio de oficinas (Satlink), actualmente en réxime de concesión, pasen, na súa totalidade, unha vez finalice o período de concesión, ao Concello de Marín” recolle a iniciativa do BNG aprobada no Congreso.

Así mesmo, o deputado do BNG pon en valor a reclamación aprobada para que o Ministerio de Defensa inicie a tramitación do expediente para a cesión gratuíta e permanente do terreo sito nas inmediacións da entrada da Escola Naval ocupado na actualidade pola pista de atletismo, procedendo ao retranqueo do muro de fechamento perimetral e da entrada monumental até as inmediacións do Edificio de Aulas en que se sitúa a Torre do Reloxo e promover un Convenio de colaboración para abrir ao uso público civil as instalacións que permita promover zonas verdes para uso público e destinar a área do peirao a uso náutico deportivo para os clubs de Marín e para a apertura dun Museo Municipal, entre outras cuestións.

 

El viernes, día 5, arrancará la programación de actos de Nadal con el encendido de la iluminación navideña

Carriola.Redacción.28.11.25

julio@carriola.es   

La alcaldesa María Ramallo, acompañada de la autora del cartel  navideño y miembros de su equipo de gobierno, procedió ayer a anunciar en la alameda Rosalía de Castro el próximo inicio de la Navidad marinense que será el día 5 con la puesta en marcha del alumbrado y demás atractivos propios del tiempo de  Nadal.

“Un Nadal para Compartir” es el lema que la alcaldesa señaló en el acto de presentación de la programación naviveña marinense en el que estuvo presente, junto con otros concejales del equipo de gobierno, la autora del cartel anunciador, la ilustradora  Chus Rojo, que dio su versión del colorista contenido del mismo

Ramallo presentó la navidad marinense como “Os abrazos, os paseos da man vendo o alumeado, as colas para subir ao tren e ao carrusel, os risos dos máis pequenos coas actividades, as visitas máis esperadas de Papa Noel e os Reis Magos… Todo iso é o Nadal en Marín; un Nadal para compartir e gozar no noso municipio”, a la vez que destacó el buen trabajo de la ilustradora Chus Rojo, autora del cartel que adornaba el acto de presentación sucedido ayer.

Encendido de las luces el viernes día 5

El primer anuncio hecho por la regidora municipal fue el del encendido del alumbrado que será el viernes cinco a las seis de la tarde, momento en que arrancará todo el ambiente navideño con la puesta en marcha del carrusel de caballitos de “Estrela de Marín” en la alameda y las rutas del Tren de Navidad que partirán como siempre de la alameda para hacer distintos itinerarios por las calles y plazas de la villa, además de la apertura de la feria de “Artesanía de Galicia” en los puestos ubicados en la alameda.

“Ás 18.30 horas, chegará o momento de acender o alumeado de Nadal, no que estaremos acompañados pola Batucada Axé Bahía, que nunca din que non a amenizar moitos eventos ao longo de ano, que dinamizan a súa parroquia e impulsan un evento, o Axé Bahía Fest, que crece máis en cada edición e, ao rematar, servirase a tradicional chocolatada co que, a partir de entón, arranca unha programación completísima, pensada para os nenos e as nenas, que para eles é o Nadal, pero tamén para a xente maior, que utiliza moito o tren, por exemplo, así como para o comercio e a hostalaría”, dijo Ramallo

Actos para todo el mes

Haciendo votos por que el tiempo climatológico acompañe y facilite las celebraciones, María Ramallo destacó entre ellas los clásicos conciertos y actuaciones de todos los años; “Repetirase a aposta pola Gran Carpa de Engado Marín Infantil e Xuvenil do Parque Eguren, que abrirán o 19 de decembro, pero que xa antes ofrecerán unha actividade imperdible para a mocidade: o Marín Gaming, que arrancará xa a fin de semana da ponte, os días 6 e 7 de decembro; As Ludoxornadas, os concertos da Banda de Música e a Unidade de Música da Escola Naval Militar, os mercadiños de Nadal, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, a propia Cabalgata, bailes de Fin de Ano e Aninovo… son algunhas das propostas que completan unha programación que xa se pode consultar na súa integridade en www.concellodemarin.es/nadalmarin e que estará dispoñible en programiñas físicos a partir da próxima semana”.

El nuevo Auditorio a punto de entrar en servicio

La alcaldesa consciente de que en el acto de presentación del programa se le preguntaría por el auditorio, se adelantó para explicar que está a punto de su remate y matizó “Aínda que nos tivera encantado chegar, non poderemos abrir o Auditorio, que está prácticamente finalizado pero estamos cos remates finais: suministros que se están instalando, a conexión eléctrica… Despois de tanto tempo e ilusión, queremos abrilo ben e con todo colocado e disposto, así que este ano tocará despedirnos do Multiusos e de todo o bo servizo que fixo todos estes anos”. 

Unha ilustración coa que reivindicar un Nadal en familia

Por su parte, la pontevedresa Chus Rojo, autora del cartel anunciador del Nadal de Marín 2025, se mostró muy feliz de haber podido hacer esta obra que calificó para cualquier artista “un caramelito”. Dio las gracias al concello de Marin por haberle hecho este encargo y explicó que la principal idea que contiene el cartel fue la de “Plasmar una navidad en familia: con los tuyos, tus familiares, tus amigos y reflejar las cosas  de este momento navideño que todos hacemos en nuestras casas tratando de separar un poco lo de comprar , de consumir y de todo eso que se añade a estas fechas. Como veis reflejamos hssta la carta a ls Reyes y recogiendo en todo lo posible lo que en realidad es el espíritu de la Navidad”

El cartel será ahora exhibido en calles, comercios y plazas ayudando a aportar ambiente navideño al pueblo de Marín.

El Marín C.F. convoca para esta tarde a las ocho en el Museo Manuel Torres la asamblea pendiente de socios

Carriola.FMF.28.11.25

julio@carriola.es    

El Marín Club de Fútbol flamante líder del Grupo V de la Primera División Autonómica ha convocado a sus socios a Asamblea General Ordinaria que se celebrará hoy viernes, 28 de Noviembre, a partir de las ocho de la tarde en el Museo Manuel Torres.

La asamblea cierre de la temporada 2024-2025, que se había de celebrar este verano, y se pospuso por motivos de agenda, llega ahora en un momento dulce para la entidad franjiazul por la buena marcha de su primer equipo en la competición liguera

En ella, como es preceptivo en estos casos, tras la lectura y aprobación del acta de la asamblea anterior, en la que fue elegido presidente el actual mandatario del club Miguel Pazos Beis, los socios recibirán de la actual junta directiva el informe económico y deportivo de la pasada temporada 2024-2025.

Después se procederá al estudio y aprobación del presupuesto y proyecto deportivo para la temporada en marcha, 2025-2026.

La asamblea se cerrará con el clásico turno de ruegos y preguntas.

Desde la junta directiva se invita a todos los socios a su participación en dicha reunión para la ayuda en la toma de decisiones que sean beneficiosas para el club. 

Hoxe será a terceira conferencia sobre “A vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica das xornadas B. Freijeiro

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

Continúan celebrándose as “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro no salón de actos da Biblioteca Vidal Pazos de Marín que hoxe terá a súa terceira conferencia do doutor en medicina pola Universidade de Compostela, Fernando Ponte Hernando, cambiada de orde  porque era a que correspondía para o pasado luns .

Onte foi o doutor en Antropoloxía Popular,

Xosé Ramón Mariño Ferro quen ofreeu unha ampla e interesante charla sobre “A Loucura na filosofía moderna e pensamento contemporáneo”, tema que despertou o interés dos participantes que entablaron un interesante coloquio sobre diversos aspectos da disertación do relator.

Para hoxe a programación contempla a conferencia que estaba programada para o pasado martes e que fooi cambiada para o xoves cuio tema é “A Vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica”, correspondendo ao doutor  en medicina pola Universidade de Santaigo de Composela, Fernando Ponte Hernando. O acto como todos os do ciclo darà comenzo as oito da tarde  no salón da Biblioteca Pública “Vidal Pazos”.

Mañán será a derradeira charla a cargo da doutora Olaia López Costas que versará sobre “Arqueoloxía da Saúde, enfermidade e curacion en Galicia” e o domingo pecharase o ciclo cun obradoiro de plantas medicinais no Museo Torres a cargo de Francisco Javier Silva Pando, Doutor en Bioloxía porla Universidad Compostelana.

El cementerio vecinal de Santo Tomé de Piñeiro renueva su iluminación con la ayuda del Plan Social ENCE 2024

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

Nuevo aspecto nocturno del cementerio de Santomé

El cementerio vecinal de Santo Tomé de Piñeiro, que ha venido a sustituir al histórico que se encuentra clausurado en el atrio parroquial hace unas tres décadas, necesitaba mejorar su iluminación por lo que la asociación vecinal encargada de la gestión del recinto procedió a solicitar, dentro del Plan Social ENCE 2024 una colaboración económica para llevar a cabo la obra con la que se consiguió eliminar las zonas de penumbra  en todo el interior del recinto. El colectivo vecinal remite una nota de reconocimiento a la empresa pastera por su ayuda que completó la aportación de los propios vecinos para mejorar sensiblemente ese aspecto del camposanto de la parroquia rural marinense.

El Aula CeMit de la Biblioteca Pública acogerá en de diciembre una nueva edición del “Campamento Dixital”

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

El Aula CeMit de Marín acogerá  una nova edición del “Campamento Dixital” , formación 100% gratuita para que los niños y niñas de entre 9 e 17 años mejoren sus competencias digitales y se enfrenten a los retos que existen dentro dicha esfera.

Será los días 22 y 23 del próximo mes de diciembre con horario entre las cuatro y las ocho de la tarde y en su transcurso se tratarán temas como el de la ciberseguridad, creación de contenido digital o el uso responsable de la tecnología

Según indican desde el concello, “A formación, que está certificada, será impartida por educadores especializados e conta con distintos módulos formativos en función das idades:

 * Aos participantes de 9 a 11 anos ensínaselles a buscar información de valor en Internet, a coñecer as ferramentas para crear contido dixital, a crear contrasinais seguras e protexer os seus datos persoais e a ter pautas para verificar a información que se comparte, aprendendo a detectar novas falsas.

* Cos de 12 a 13 anos, trátanse consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas e para coidar a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais e, ademais, ensinaráselles a aprender a filtrar e buscar información de xeito máis efectivo e detectar e previr situacións de ciberacoso.

* Finalmente, para os rapaces e rapazas de 14 a 17 anos os módulos inclúen a adopción de hábitos saudables de desconexión e benestar dixital, o uso consciente e responsable de Internet e as redes sociais, recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación online e competencias dixitais para a procura do emprego.” 

Inscripciones

L@s jóvenes que quieran participar en este interesante campamento formativo deberán inscribirse previamente, antes del día 1 de diciembre, pudiendo hacerlo bien mediante una llamada telefónica al número 986 890 969 , o tambén meidante el mail cemit.marin@xunta.gal

O Concello instala máis de trinta novas balizas de sinalización turística con código QR de información aos visitantes

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

Esta semana rematouse a instalación destes totems, fabricados con materiais sostibles e con durabilidade, que forman parte do contrato de desenvolvemento da Oficina Virtual de Turismo

A sinalización turística é básica para achegar a información actualizada e contrastada dos recursos turísticos tanto á cidadanía como ás persoas que nos visitan.

Por iso, dentro do contrato da creación dunha Oficina Virtual de Turismo, englobouse a colocación dunhas balizas que permitan coñecer cales son os datos, a orixe e as curiosidades destes lugares emblemáticos do noso municipio.

Así, esta semana rematouse coa colocación destes totems, fabricados en materiais sostibles e con durabilidade, que constan dun pequeno soporte no que se lles incrustou unha placa co nome do recurso e un QR, que leva directamente á ficha dixital creada dentro da nova web de turismo: marinturismo.es

Concretamente, os recursos sinalizados foron os seguintes, clasificados por categorías:

Patrimonio Cultural:

- Praza de Abastos

- Museo Municipal Manuel Torres

- Museo do Mar

- Paseo Alcalde Blanco

- Capela das Sete Espadas

- Templo Vello + casco antigo de Marín

- Igrexa de Santa María do Campo

- Igrexa de Santa María do Porto

- Igrexa de San Xosé Obreiro de Cantodarea

- Igrexa de Santa María de Ardán

- Igrexa de Santomé de Piñeiro

- Igrexa de San Xulián

- Igrexa de San Diego

- Igrexa de Seixo

- Igrexa Evanxélica de Seixo

- Igrexa Evanxélica de Marín

 

Costa:

- Praia de Portocelo

- Praia de Mogor

- Praia de Aguete

- Praia de Loira

- Praia do Santo

- Praia da Coviña

- Praia de Ribeira

Espazos Verdes:

- Finca de Briz

- Lago de Castiñeiras

- Fervenzas de Neibó

- Parque da Brea

- Miradoiro de Portocelo

- Miradoiro de Mogor

- Miradoiro de Pastoriza

- Miradoiro do Cruceiro do Vento

- Miradoiro da Moreira

- Miradoiro da Teoira

Arte rupestre:

- Petróglifos de Mogor

- Menhir de Currás

O Castro da Subidá  xa conta cunha sinaléctica turística renovada polo que  neles non se fixo colocación dunha baliza

A Bióloga Marina Lucía Jiménez falará sobre “Cabaliños de Mar” no Museo Torres nun acto organizado polo Museo do Mar

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

O Museo do Mar organiza un acto no Museo Torres no que intervirá a bióloga marina Lucía Jiménez Álvarez quen, o próximo sábado ás 11,30 falará sobre “Fanerógamas Mariñas e Cabaliños de Mar”

Pasado mañán, sábado, o salón de actos do Museo Torres acollerá un acto de conferencia coloquio protagonizada pola bióloga mariña, Lucía Jiménez Álvarez, instrutora de mergullo que, desde a súa chegada a Galicia hay ano e medio, ven explorando os fondos mariños das rías galegas que, segundo asegura, a teñen namorada na comprobación das diferenzas existenes cos da zona andaluza tendo descubertas novas especies e distintas cores a aínda a temperatura das augas  desta zona galega.

Lucía descubriu ao longo do pasado verán un dos animais máis curiosos e fascinantes dos que viven no noso litoral como son el “Cabalios do Mar” e da súa sorpresa xurdiu a idea de organizar esta charla para dar a coñecer estes seres que caolifica de “maravillosos” que, con toda seguiridade, son ata descoñecidos para moitos veciños deste entorno aos que a relatora tentará de convencer da importancia de protexelos.

“Os cabaliños do mar - adianta Lucía - viven sobre todo nas pradeiras de zosera, unha pranta mariña frecuentemente confundida con algas que está presente en Gañicia ainda que sufrindo un claro declive a pesar do seu enorme valor ecolóxico para o equilibrio dos sistemas mariños”

A bióloga andaluza recorda que, para protexer  coidar, primeiro hai que coñecer e será ese o sentido da súa charla coloquio á que invita a asistir a quen queira mergullarse con ela  no fascinante mundo destes animáis e deas nosas rías.

El diputado provincial Jorge Cubela visitará hoy la sede de la Banda de Música de Marín en San Pedro

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

La Banda de Música de Marín que utiliza los locales e la antigua escuela de educación infantil de San Pedro recibirá hoy al diputado Municipal de Cultura Jorge Cubela quien, esta tarde, a las ocho,  visitará la instalación y conocerá de cerca su funcionamiento y la realidad de la agrupación, que es un orgullo para los marinenses, donde se preparan niños y jóvenes muchos de los cuales pasan a formar parte de la banda propiamente dicha y, algunos, derivan su vida profesional por la disciplina musical como ha pasado ya en numerosos casos.

Cubela saldrá de esa visita con una idea clara de la situación de esta entidad cultural marinense, nacida en el seno del Ateneo Santa Cecilia fundada por el maestro Alfredo Sánchez Murcia y actualmente dirigida por Eduardo González, quien recogió el testigo del actual director de la Banda de Música de la Escuela Naval, Juan Luis Costa, y sabrá si es meritoria del apoyo de la Diputación Provincial a la que representa hoy en la misma acompañado, con toda seguridad de la alcaldesa de Marín María Ramallo y miembros de su gobierno local..

Estrela de Marín anuncia que volverá a instalar el carrusel de caballitos en la alameda por la Navidad

Carriola.Redacción.27.11.25

julio@carriola.es   

La asociación comercial “Estrela de Marín” anunció ayer que, un año más, volverá a estar instalado en la alameda el carrusel de caballitos que permanecerá durante toda la programación navideña y desde el día 5 de diciembre

El día cinco de diciembre se pondrá en marcha el carrusel de caballitos que, como cada año, desde hace ya algunos, se instalará en la alameda siendo uno de los principales atractivos infantiles junto con el “Tren de Nadal” que el Concello también pondrá en marcha el mismo día.

La utilización gratuita de este carrusel está relacionada con los comercios asociados en Estrela de Marín que facilitarán su utilización aportando dos mil tickets a las compras realizadas por sus clientes aunque también podrá ser utilizado con el abono de entradas a precios muy populares como segunda posibilidad.

Según pudo saber Carriola, hoy jueves será presentado el programa completo de actos que organiza el Concello

“Unha provincia para cantar a cultura”, lema da oferta de Culturgal con oferta de música popular e tradicional na Deputación

Carriola.Dep.Prov..27.11.25

julio@carriola.es   

Entre os días 28 e 30 de novembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá concertos, obradoiros, proxeccións de documentais, presentacións de libros e unha nova edición das Xornadas Profesionais MUMI: Músicas no Minho

A Deputación de Pontevedra levará á Culturgal entre os días 28 de 30 de novembro unha ampla programación de actividades culturais arredor do lema “Unha provincia para cantar a cultura”. O obxectivo da institución provincial é destacar aqueles programas e actividades levadas a cabo ao longo do ano para achegar a todas as xeracións tanto a música profesional e amateur como a cultura tradicionais. Durante a fin de semana, o posto da Deputación así como o resto de espazos instalados no Pazo da Cultura de Pontevedra acollerán actividades organizadas ou patrocinadas pola Deputación nas que destacan concertos, obradoiros, presentacións de libros e de proxectos documentais ou tamén unha xornada para profesionais da música de Galicia e o norte de Portugal.

Programa de actividades que comenzarán o sábado

As actividades organizadas pola Deputación comezarán o sábado 29 ás 12:30 horas cun concerto das pandeireteiras Soalleira de Dorrón e un obradoiro aberto deste instrumento. Ás 18:30 horas terá lugar un concerto do Óscar Ibáñez Quartet, composto por Óscar Ibáñez á frauta e gaita, Fernando Fraga ao acordeón, Xosé Liz ao bouzouki e mais Leandro Deltell ao caixón e caixa. Por último, ás 19:30 horas ofrecerase un concerto didáctico sobre a nova técnica de pandeireta galega a cargo de Suso Vaamonde. Todas as actividades terán lugar no posto da Deputación de Pontevedra.

O domingo 30 será o día de máis actividade, cunha programación que dará comezo ás 12:00 horas no Teatriño coa presentación do proxecto documental “Mozas da miña aldea. As cantareiras e a poesía popular oral na provincia de Pontevedra”, na que intervirá o deputado de Cultura, Jorge Cubela, e que pechará coa actuación das pandeireteiras de Toutón, que visitarán a continuación (12:45 horas) o posto da Deputación para ofrecer unha actuación. Xa ás 13:00 horas, tamén no posto da Deputación, terá lugar un obradoiro aberto de pandeiro redondo e pandeireta a cargo de María Vidal Solla e Pichi Abollado. Ás 17:00 horas no Escenario Arte terá lugar a presentación do libro de banda deseñada “Castelao en Pontevedra (1916-1936)”, de Miguel Pérez Ramudo, organizada polo Museo de Pontevedra. Para rematar, ás 17:30 horas no posto da Deputación terá lugar un concerto didáctico sobre instrumentos de raíz ofrecido pola Fundación Legar.

Xornadas Profesionais “Músicas do Miño”

A Deputación de Pontevedra tamén colabora cunha nova edición das Xornadas Profesionais MUMI: Músicas no Minho, que se celebrarán o venres 28 na Sala VIP do Pazo da Cultura. As xornadas consistirán en diversas conferencias e mesas redondas nas que se debaterá sobre a lingua como motor cultural, os festivais como espazos de transformación e diversos aspectos que afectan o mercado da música actual.

Ademais, no posto da Deputación haberá dispoñible material promocional dos programas e actividades relacionadas co lema “Unha provincia para cantar a cultura”, como o Culturea e o +Música, os circuítos Son Verán e Entradiñas de Aninovo, os obradoiros escolares Instrumentos da Memoria e o concurso Canta Rosalía!, ou as liñas de axudas para festivais e agrupacións musicais. Ademais dos folletos, as persoas que visiten o posto poderán levar cadansúa bolsa de tea e pulseiras co lema.

“Os dous sistemas de medicina popular” tema de hoxe nas Xornadas Blanco Freijeiro que se celebran na Biblioteca

Carriola.Redacción.26.11.25

julio@carriola.es   

Continúan celebrándose as “XXIV Xornadas Banco Freijeiro” na Biblioteca Pública de Marín que onte iniciaron os relatorios coa participación do doutor  

Benito Arbaizar Gil que disertou  sobre o tema de “Loucura na filosofía  moderna e o pensamento contemporáneo”, tema que foi seguido con moito interés polos participantes neste ciclo ao que lle quedan por diante outras tres conferencias e o remate do mesmo, que será un “Obradoiro de Plantas Medicinais” que terá o seu momento o próximo domingo para pechar as xornadas.

Na tarde de hoxe, a partir das oito e tamén na Biblioteca Pública, corresponderalle o turno ao relator Xosé Ramón  Mariño Ferro, doutor  en Antropoloxía Cultural pola Universidade Complutense de Madrid, que falará sobre “Os dous Sistemas de Medicina Popular”

As persoas que desexen escoitar tan interesante tema teñen, aínda que non se encontren inscritas no ciclo porpiamente dito, as portas abertas para participar como oíntes tanto nesta como nas conferencias que aínda restarán os días xoves e venres “A Vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica”, o xoves e “Arqueoloxía da Saúde; enfermidade e curación en Galicia”, o venres

A Xunta presenta o proxecto “Prato de Mercado” que potencirá no 2016 o comercio de prazas e mercados

Carriola.Consll. De Comercio.25.11.25

julio@carriola.es   

A Praza de Abastos de Santiago acolleu onte a presentación de Prato de Mercado, un novo proxecto da Xunta destinado a reforzar o papel das prazas e mercados como grandes escaparates do produto galego de calidade, fresco e de proximidade.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto, que reuniu 34 chefs galegos de 31 establecementos de restauración, unidos para impulsar a relación directa entre cociña e mercado e fortalecer estes espazos como motores económicos e sociais das cidades e vilas de Galicia.

O conselleiro destacou o compromiso da Xunta cos mercados —preto de 100 en toda Galicia distribuídos en 76 municipios—, que continúan a ser espazos esenciais para garantir a calidade da oferta comercial, o abastecemento de proximidade e a conexión directa co territorio. Subliñou tamén o seu papel como motores de comercio de atracción e como lugares versátiles e con gran capacidade de adaptación e innovación fronte ás novas tendencias de consumo, que acollen accións culturais, iniciativas gastronómicas e propostas que favorecen novas sinerxías entre comercio, hostalaría e cociña.

O lanzamento de Prato de Mercado, sinalou o conselleiro, marca o inicio dun programa que se desenvolverá ao longo de 2026, cun calendario de showcookings en mercados de toda Galicia. O obxectivo é impulsar a dinamización das prazas de abastos e fortalecer a súa capacidade para xerar emprego e riqueza nas contornas onde se sitúan, no marco do programa de actuacións do vixente Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Tamén se referiu á  iniciativa Artesanía no Prato, que promove as pezas de Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía. Ao abeiro dela, máis de 50 obradoiros artesanais galegos están traballando xa con restaurantes da comunidade, nacionais e internacionais.

Pulo á Rede de Mercados Excelentes

O acto completouse coa celebración do encontro O futuro dos mercados tradicionais: innovación e tradición, no Colexio Maior San Agustín reunindo representantes do comercio, produtores, praceiros, profesionais da gastronomía e alcaldes e alcaldesas, e incluirá ponencias, mesas de debate e a proxección do vídeo do proxecto, no que unha vintena de cociñeiros e cociñeiras amosan o seu día a día adquirindo produtos nos mercados onde se abastecen para os seus restaurantes, salientando a variedade e calidade dos produtos locais.

Distintivo “Mercado Excelente”

Durante a xornada entregouse o distintivo de Mercado Excelente ao

mercado de Carballo, que se suma aos outros que contan con este selo, que son  Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Pontedeume. Este distintivo identifica aquelas prazas de abastos que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, mantendo ao mesmo tempo a autenticidade e tradición que as caracterizan. Co obxectivo de seguir avanzando na consolidación desta Rede, a Xunta reforzará en 2026 as liñas de apoio destinadas á dinamización e revitalización das prazas de abastos, cun investimento próximo aos 4,5 millóns de euros. Estas axudas diríxense tanto ao mantemento dos mercados xa recoñecidos como á formación, diagnose, mellora e dinamización daqueles que aspiran a obter o selo. O evento da tarde pechará coa intervención final do conselleiro de Emprego antes de dar paso aos diálogos De cociña e mercado, que se farán na Praza de Abastos de Santiago e que incluirán a degustación e presentación das elaboracións Prato de Mercado a cargo da chef Lucía Freitas, propietaria do restaurante A Tafona.

Plan estratéxico de comercio

Prato de Mercado forma parte das máis de 70 accións incluídas no Plan estratéxico do comercio de Galicia, dotado con máis de 320 M€, e compleméntase con outras accións de promoción xa consolidadas, como Quere o teu mercado, que na edición de maio contou coa participación de máis de 2.550 profesionais de 63 mercados galegos. Ademais, coincide coa recente da nova imaxe do Comercio Galego, unha marca distintiva coa que o a Xunta busca enxalzar a identidade e excelencia dos comercios de proximidade. 

  • Inicio
  • Anterior
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • 53
  • Siguiente
  • Final
  • Política de Privacidad
  • Política de Cookies
Copyright © 2026 Carriola de Marín. Todos los derechos reservados.

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto