Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Garden Botánico do Lago Castiñeiras” de Juan XXIII arranca en abril tras a súa presentación o día 9

Carriola.Carmen Moreira Cives.28.03.26

julio@carriola.es   

A Fundación Juan XXIII prepara un evento de inauguración do Garden do Botánico do Lago Castiñeiras para o día 9 de abril no que, ademáis, presentarase o convenio co departamento de benestar social da deputación de Pontevedra para financiar a contratación de persoas con discapacidade que van realizar traballos de mantemento no parque forestal de Castiñeiras.  

Nesta xornada aerá inaugurada a primeira fase do proxecto do Botánico do Lago Castiñeiras, unha iniciativa ambiciosa liderada pola Fundación Juan XXIII que busca por en valor o potencial social e produtivo das persoas con discapacidade intelectual a través de actividades laborais produtivas e formativas dirixidas á poboación en xeral,  proxecto que se desenvolve nunha contorna natural privilexiada como é o Lago de Castiñeiras, no  parque forestal de Cotorredondo, o que lle engade un importante valor engadido ao proxecto que se  articula en torno aos valores de Necesidade (social e ambiental); Dignidade (pola vía do emprego de calidade) e Exemplo (procurando que a experiencia de fomento do emprego poda ser replicable), buscando xerar un impacto social transformador ao normalizar o emprego das persoas con discapacidade e promover a súa participación social autónoma.

Actividades que conten o proxecto

As actividades clave do proxecto son diversas e con potencial de sostibilidade económica:

  • Actividades comerciais e produtivas: Inclúen unha cafeteríacomo punto de encontro sociolaboral (hostalería); un Garden para a venta de plantas e artigos de xardinería (comercio);  xardíns temáticos de exposición e venta con valor didáctico (formación en materia socia e ambiental), y un viveiro para a produción e comercialización de planta forestal autóctona (contribución á mellora ambiental á recuperación do patrimonio). Estas actividades permitiran xerar emprego estable e  ingresos propios para a sostibilidade do  proxecto.
  • Actividades de educación social e ambiental: Dirixidas a escolares y outros grupos, permiten sensibilizar sobre a discapacidadea través da experiencia directa e promoven a educación ambiental nunha contorna natural única.
  • Actividades de promoción do ocio na naturezaLideradas por persoas con discapacidade cualificadas profesionalmente, que guiarán visitas aproveitando a contorna do parque.
  • Actividades formativasCapacitación técnica e profesional para persoas con discapacidade intelectual, preferentemente baixo a modalidade de formación dual, o que facilita a súa inserción laboral.

Financiación

O proxecto presenta un modelo de financiación mixto e unha visión de sostibilidade a longo prazo. A execución artéllase por fases para permitir o autofinaciamento a través da posta en marcha das actividades. Ademais dos fondos propios xerados polas actividades, o  proxecto conta con colaboracións estratéxicas e financiación por conta allea de entidades públicas e privadas, demostrando un amplo apoio á iniciativa.

A innovación é un pilar fundamental do proxecto, destacando aspectos metodolóxicos como la formación dual e o papel de la persoa con discapacidade como referente y líder de todo canto se faga ao abeiro do proxecto. Tamén se considera a integración paisaxística con murais educativos e o uso do espazo natural como recurso didáctico.

Impacto social

Por todo o anterior, o impacto social esperado é significativo xa que abarca ámbitos tan relevantes como a xeración e normalización do emprego, o fomento da participación social autónoma e un cambio social que elimine prexuizos cara as persoas con discapacidade. Ademais, contribúe ao desenvolvemento local, xerando servizos que atraen visitantes aos concellos da das comarcas de Pontevedra e o Morrazo e mellorando a oferta turística da comarca.

Apoiar o Proxecto do Botánico do Lago de Castiñeiras significa investir nunha iniciativa cunha forte compoñente social, un modelo de desenvolvemento sostible e unha visión innovadora, con resultados tanxibles na creación de emprego de calidade y e na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, principalmente intelectual. 

A inauguración do Garden é un fito moi importante xa que supón abrir as portas ó público do Botánico do Lago.

roslev