Carriola.Redacción.09.04.26
“Non á Planta de Urbaser en Pardavila” foi a consigna que os membros da “Plataforma Veciñal de San Xulián” deixaron patente onte na concentración que tivo lugar nas portas do Concello para expresar o rexeite á instalación da pretendida de operacións da empresa concesionaria da recollida do lixo
Desde ás doce do mediodía al como estaba na convocatoria, un nutrido número de veciños e veciñas de San Xulián concentráronse diante do edificio do concello de Marín para expresar oo seu rexeitamento á pretensión da instalación dun aparcadoiro, taller, lavadoiro de camións e punto limpo da empresa URBASER na antiga Canteira de Pardavila.
Seundo expresaron durante a concentración, “A localización proposta para ese cometido e totalmente inadecuada ao tratarse dunha parcel asituada en solo rústico dotacional, nun entorno rural habitado e moi próximo a vivendas dado que pretende situar a 25 metros dun curso fluvial; apenas a 50 de vivendas e fronte a unha parada de autobús escolar”.
Para os veciños que se consideran afectados por esta intención da empresa recolledor de lixo, “A implantación dunha infraestructra desas características suscita serias dúbidas de legalidade urbanística, ambiental e sanitaria” e para elo manexan textos legais da normativa vixente entendo, ademáis como moi mportante a realización, por obligación legal, dun estudo de impacto ambiental.
Perxuizo medioambiental
Consideran, por outra parte, que a actividade prevista “Podería xerar ruidos, verquidos contaminantes, manipulación de residuos, prolifertacion de roedoees e insectos na zona e un incremento significativo do tráfico pesado con consecuencias directas sobre a calidade de vida dos veciños e sobre o medio natural, polo que desde a plataforma veciñal consideramos que non é rzoable situar unha infraestructura deste tipo nunha parroquia rutal habitada, existindo alternativas máis axeitadas”.
A este respecto sinalan que “A propia empresa dispón actualmente dunha nave no polígono industrial de Barro, unha zona industrial preparada para este tipo de actividades e asfastada das vivendas”.
A concentración podría ser un primeiro paso na campaña de rexeitamento que o vecindario afectado aseguran que están dispostos a continuar mantendo para evitar a instalación dese complexo.