Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca a “73 Edición do concurso de maios e embarcacións” para o próximo día 1

Carriola.Redacción.09.04.26

julio@carriola.es   

Setenta e dous son os concursos que leva convocados o Ateneo Santa Cecilia (antes “Asociación de Cultura y Arte” do mesmo nome), o concurso de maios e embarcacións que cada día 1 de maio se celebra en Marín como uha festa de Natureza e tradición na que participan, principamente nenos e nenas  aínda que oa maiores teñen o encargo de axudar no traballo de facer tanto maios como barcos e as “coplas” correspondentes

E este será o concurso 73 co que o Ateneo quere seguir  coa tradición, dirixido a tódolos centros escolares (idade mínima das persoas participantes: 2º ciclo de Educación Infantil e idade máxima: alumnado de 2º de bacharelato), asociacións e demais colectivos de Marín e contorna.

BASES DO CONCURSO

1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Terán que ter unha altura mínima (dende o agarre) de 1.30m. e na súa decoración exterior só se empregaran elementos naturais (no caso de ter que utilizar alfinetes, estes serán da cor da flor (brancos para flor branca e amarelos para flor amarela) e o exceso na utilización de silicona (sempre e cando se vexa demasiado), minguará a nota.

2.-As EMBARCACIÓNS serán de construción artesanal.

3.-A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán nin puntuarán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais, tendo coidado en que non se vexa o ferro da estrutura xa que puntuaría en negativo.

4.- Os grupos que desexen participar neste concurso, teñen que facer a súa inscrición antes das 20:00 horas do venres 24 de abril (pasada a hora de entrega, non se admitirán a concurso). Para elo, deberán cubrir a folla de inscrición que poden recoller na secretaría do Ateneo, sita na rúa do Forno 42 – baixo, en horario de luns a venres, de 18:00 a 20:30h. Á dita solicitude deberán xuntar 2 copias da letra coa que vaian participar neste concurso.

5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que puntuará de 1 a 10 a cada maio ou embarcación en cada un dos apartados correspondentes; puntuación que se fará pública ao remate do concurso. Este Xurado contará cunha persoa secretaria do Ateneo e o seu fallo será inapelable.

6.- Os apartados do concurso para MAIOS serán: letra-construción-coroa e interpretación.

Para EMBARCACIÓNS: letra e interpretación a non ser que a embarcación sexa de nova creación e entón tamén se valorará a construción, tendo dereito, se así o valora o xurado a un premio neste apartado.

7.-Tódolos grupos recibirán unha axuda económica polo simple feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para as persoas compoñentes.

8.- As coplas deberán ir escritas en galego e serán de libre composición.

9.- Na interpretación cantaranse durnte o concurso, 4 estrofas se son de 4 versos e 2 se son de 8, máis a última, e empregaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos maios como das embarcacións.

10.- A relación e contía dos premios farase pública nos medios de información local.

11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse ás 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música (nos círculos pintados no chan), e ás 17:00 horas, na Praza do Reloxo (a non ser que a organización lles comunique o contrario por mor de condicións climáticas adversas).

12.-A participación no concurso obriga á aceptación destas bases.

roslev