Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A presentación do xurado oficial do certame audiovisual pon en marcha a quinta edición da “MAC Marín”

Carriola.AAdP.10.05.26

julio@carriola.es     

O festival audiovisual organizado pola “Asociación Marín de Cine celebrou esta fin de semana un acto de presentación en A Bailona Gastrobar no que se deron a coñecer os integrantes do xurado oficial e algunhas das primeiras claves da programación da edición de 2026. O encontro serviu tamén para reivindicar o papel do audiovisual galego e da lingua galega dentro da creación cinematográfica contemporánea.

O acto contou coa participación da actriz Uxía Blanco, do crítico cinematográfico Severiano Casalderrey e do poeta Adolfo Caamaño, integrantes do xurado desta edición. Todos eles puxeron en valor o momento creativo que vive o audiovisual galego e defenderon a necesidade de continuar producindo cinema en galego como ferramenta de identidade cultural e proxección exterior de Galicia.

Durante o acto, os integrantes do xurado fixeron referencia á importancia histórica de figuras pioneiras como Chano Piñeiro, sinalando o seu legado como unha das bases fundamentais do actual cinema galego. Nas distintas intervencións tamén se reivindicou o papel do cinema documental galego como un dos primeiros formatos impulsores da identidade audiovisual do país, facendo referencia á figura do ourensán Carlos Velo exiliado en México. Do mesmo xeito, o coloquio deixou espazo para lembrar a pegada cinematográfica de Marín a través de Botón de Ancla, filme rodado parcialmente na vila no ano 1947.

Apoio municipal

O evento contou coa presenza institucional da concelleira de Cultura do Concello de Marín, Itziar Álvarez Tapia; do representante socialista Manuel Pazos; e do concelleiro do BNG Tino Iglesias García, que quixeron mostrar o seu apoio a unha iniciativa cultural que cumpre xa cinco anos consecutivos consolidándose como un dos festivais emerxentes máis destacados do panorama audiovisual da provincia de Pontevedra.

Parte do equipo de produción da MAC MARÍN tamén participou nun encontro aberto co público no que se avanzaron algunhas das liñas temáticas da próxima edición. A organización confirmou a participación de dúas das producións máis salientables do que levamos de ano, As Liñas Descontinuas da directora local Anxos Fazáns e Así chegou a noite do cineasta marinense Ángel Santos. Dende o festival insistiron en que o compromiso co audiovisual galego será novamente unha das grandes marcas de identidade da programación.

Neste sentido, a organización avanzou que MAC MARÍN continuará apostando por unha programación “variada, contemporánea e conectada coa identidade marinense”, mantendo unha especial atención ás relacións entre cinema, territorio e medioambiente. O festival seguirá incorporando actividades que vinculen a creación audiovisual coa conciencia ecolóxica, a memoria local e o patrimonio cultural da vila, reforzando así unha liña temática que xa marcou edicións anteriores.

Nace o “Cineclub” e o “Campamento Audiovisual”

Ademais, segundo comentou Dani Antelo, director de MAC MARÍN, Marín de Cine anunciará nas próximas semanas máis detalles sobre o primeiro campamento audiovisual impulsado no Concello de Marín en colaboración co Colexio SEI San Narciso , unha nova iniciativa formativa dirixida aos novos cineastas que se desenvolverá durante este verán.

A asociación tamén lembrou que recentemente puxo en marcha o novo Cineclub Marín, que iniciará a súa actividade cun ciclo especial dedicado a Chano Piñeiro e que contará coa presenza de Uxía Blanco en varias das sesións programadas.

roslev