Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A “Asociación Cultural Almuinha” organiza a “III Edición do Festival das Letras

Carriola.Aarón Franco(*).14.05.26

julio@carriola.es     

A Asociación Cultural Almuinha organiza a III edición do Festival das Letras o vindeiro sábado 16 de maio na Praza da Veiguiña que dará comezo ás 18:30

A Asociación Almuinha organiza a III edición do Festival das Letras, un evento que este ano pon en valor a escolla de Begoña Caamaño ao afirmar que a Real Academia Galega (RAG) recoñece a unha figura esencial da nosa literatura que contribuíu a enriquecer o noso patrimonio cultural e forma parte da historia do País.

Aarón Franco

O festival terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio e dará comezo ás 18:30 horas para transformar, outro ano mais e de xeito consecutivo, a Praza da Veiguiña, nun espazo vivo para a palabra, a música e a memoria compartida.

A Asociación Almuinha destacou o carácter simbólico desta celebración, subliñando que “o Día das Letras Galegas non é só conmemorativo, senón unha oportunidade para reivindicar o valor da nosa lingua, da nosa cultura e a vitalidade da nosa creación cultural”.

A programación deste ano achega unha oferta diversa con contido para todas as persoas asistentes do público, onde se entrelazan a letra e a voz a través da música, poesía e co contacontos Codiacontos, unha das novidades programáticas que incorporamos este ano, para alcanzar ao público máis cativo.

Todo isto, estará acompañado ao longo de toda a festividade por postos de artesanía, como o de Cris e Tito, Descalciña pola area e moitos máis.

Nesta terceira edición, contaremos coa colaboración e presenza do Mercado3rMarín, que desde hai tempo poñen en marcha co seu esforzo e compromiso coa comunidade educativa, os pais e nais que conforman a ANPA AIDON do CEEIP Sequelo. Un indicador de que este festival das letras vai consolidándose como unha das citas culturais máis importantes de Marín.

A voz de Zeltia Irevire será unha das actuacións destacadas, traendo á celebración a forza do activismo reivindicativo pois esta autora marinense sabe que as primaveiras no chegan soas, como tampouco o fan as riadas. Completan o cartaz musical, outras voces da contorna local como Morenos Peludos, Pandereteirxs da Veiguiña e Andrés Pena que traballan na recuperación de ritmos tradicionais desde una perspectiva comunitaria.

A oferta poética aposta pola diversidade estilística e xeracional con voces como Fita Sanjorge, Benito Piñeiro, Elena Lameiro e Davinia Lojo.

O festival é aberto e gratuíto e, aposta pola cultura galega como ferramenta de transformación social, de defensa da lingua, de memoria e de futuro compartido. A Asociación Almuinha convida á veciñanza a formar parte, a estar presente e a continuar consolidando un evento cultural que desde a Asociación levamos adiante sen ningún tipo de axuda institucional e co esforzo colectivo e material dos socias e socias.

(*) Aarón Franco Outón é o Presidente da Asociación Almuinha.

roslev