Carriola.Redacción.14.05.26
O Ateneo Santa Cecilia anuncia a celebrción do acto de entrega dos premios do certamen convocado co gallo do Día das Letras Galegas que terá lugar mañan venres ás oito da tarde no local da propia asociación ubicado na Rúa do Forno
No acto farase entrega dos devanditos premios desta decimosegunda edición do concurso no que participaron unn considerable número de alumnos dos centros escolares a cuios mestres e profesores o Ateneo agradece a súa colaborción así como tamén ao alumnado participante que é o que da sentido a este evento un ano máis.
Desde o Ateneo faise unha invitación a asistencia a dita entrega de premios que darà comenzo ás oito da tarde.
ACTA DO XURADO ALUMNADO E OBRAS PREMIADAS
O xurado do Concurso Marín Conta 2026, organizado polo Ateneo Santa Cecilia de Marín dentro da súa programación polo Día das Letras Galegas, reuniuse en Marín o martes 12 de maio para valorar os traballos presentados.
O tribunal estivo composto por: Helena Martínez Epifanio, Mabel Santiago Esperón e Rosa María Suárez Briones, actuando como secretaria Anxela Fonseca Sánchez e, tras a lectura, análise e deliberación dos relatos, acordouse outorgar os premios ás seguintes persoas:
CATEGORÍA A: 1º, 2º e 3º de Primaria
- 1º PREMIO (60€): Iago Agra Iglesias (Sagrado Corazón Placeres)
- 2º PREMIO (40€): Valeria Hernández Marsillas (Sagrado Corazón Placeres)
- 3º PREMIO (30€): Thiago Iglesias Portas (Sagrado Corazón Placeres)
CATEGORÍA B: 4º, 5º e 6º de Primaria
- 1º PREMIO (70€): Mael Rellán Davila (Sequelo)
- 2º PREMIO (50€): Sabela Fuentes Gesteiro (Inmaculada)
3º PREMIO (40€): Xela Estévez García (Inmaculada)
CATEGORÍA ESO
* 1º PREMIO (80 euros) , Candela Caíño Sanjorge (C. Inmaculada)
* 2º PREMIO (60 euros), Ainoa Area Villar (Inmaculada)
* 3º PREMIO (50 euros), Martina Yubero Sanmartín (Inmaculada)
PREMIO ESPECIAL
Ademais, o xurado quixo facer unha mención especial a dúas obrs que tratron counha gran delicadeza e valentía admirable un dos retos máis complexos da nosa sociedade, o bullying. Nestas pezas destaca a sensibilidade narrativa que culmina nun horizonte de esperanza e superación, sinalando a existencia dun futuro mellor tras o tránsito pola dificultade. Así,
PREMIO ESPECIAL (30 EUROS) : Yenire Castro Tiscar (Inmaculada)
PREMIO ESPECIAL (30 EUROS) : Gabriela García Muradas (Inmaculada)