Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Finca de Briz acolle hoxe a actividade organizada polos centros escolares polo “Día das Letras Galegas”

 Carriola.Redacción.14.05.26

julio@carriola.es  

Hoxe iníciase a programación que o Concello ten diseñada par celebrar as “Letras Galegas” no entorno da festividade do 17 de Maio e será coa participación dos centros escolares que se sumaron a idea.

A Finca de Briz, no seu auditorio, acollerá unha serie de actividades participadas polos centros escolares CEIPP do Carballal, CEIPP da Laxe, EEI O Grupo e o CEIPP Sequelo baixo o título “Versos que florecen”, acto que contará tamén coa actuación do Grupo Armadanzas.

Programa para mañán, venres,  15 de maio: O thriller e a identidade local

A Alameda será o epicentro da tarde do venres coas seguintes propostas:

  • 00h. O contacontos infantil Anxo Moure abrirá a xornada con “O Carballo con Botas”.
  • 00h. O escritor marinense David Gagoconversará con Miguel González nun percorrido polos seus dez libros. Gago é un autor fundamental na cultura local, impulsor da asociación DeLetrea e creador da saga de ficción ElDiario de Ertélion. A súa última novela, La morgue flotante, desprázase cara a novela de misterio.
  • 00h. Pedro Feijoofalará co xornalista Ramón Mella sobre a súa traxectoria, onde Galicia serve como inspiración narrativa. Feijoo, recoñecido autor de thrillers de éxito como Os fillos do mar e gañador do Premio Xerais 2023, presentará o seu universo creativo marcado por atmosferas inquietantes e o seu traballo máis recente, Donde nacen las bestias.
  • 00h. A xornada pechará coa música tradicional de Saljariteiros.
roslev