Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia a falta de transparencia no caso de URBASER

Carriola.Celia Carcía (*).15.05.26

julio@carriola.es     

O BNG de Marín denuncia a falta de transparencia do goberno municipal. Xa o pasado 30 de abril rexistrara unha solicitude formal de acceso ao expediente completo e á documentación vinculada ao proxecto da empresa Urbaser ligado á parcela de Pardavila, no que se incluía unha nave loxística destinada a garaxe, taller, zona de lavado de camións e un punto limpo.

Non obstante, se ben o pasado 7 de maio a Xunta de Goberno Local fixo público o rexeitamento da licenza solicitada pola empresa adxudicataria do contrato de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) apoiándose en informes técnicos e xurídicos desfavorables, estes continúan sen ser facilitados á formación nacionalista.

Segundo a información publicada, os informes municipais consideran incompatible o proxecto co tipo de solo clasificado no PXOM, ao concluír que a actividade proposta por Urbaser presenta unha “natureza claramente industrial” e que as instalacións previstas supoñen unha implantación “estable e permanente no territorio”, incompatible cos usos provisionais permitidos nese ámbito.

O BNG considera “moi grave” que o Concello anuncie públicamente unha decisión sustentada nuns informes que, despois de dúas semanas, continuamos sen recibir e insistimos en que o acceso á información pública é unha obriga legal e unha garantía democrática básica, especialmente nun asunto que provocou unha importante contestación veciñal.

(*) Celia García Santomé Concelleira do Grupo Municipal do BNG.

roslev