Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Aurora Marco presenta mañá no Museo Torres o seu libro sobre María Vazquez, da mán da Asociación para a Memoria Histórica

Carriola.ARMH.27.07.26 

Mañá martes, 28 de xullo, ás 20:00 h. no Museo Manuel Torres, terá lugar a presentación do ensaio María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo, de Aurora Marco. Contaremos coa intervención da autora, acompañada por Mabel Santiago, da ARMH de Marín, e Rogelio Pérez, da Fundación Luís Tilve.

Aurora Marco fai un percorrido polas etapas vitais de María Vázquez desde o seu nacemento en 1894 até que a fusilaron en 1936. O libro non é só unha biografía senón un esforzo por reparar a memoria dunha muller pioneira, explorando non só a súa dimensión pedagóxica, como mestra preocupada polos métodos de ensino e pola formación das nenas e nenos, senón tamén o seu papel como militante e activista no seo do socialismo e o sindicalismo galego, recuperando o seu legado e o seu compromiso coa educación, cos dereitos e coa igualdade, que a historia oficial tentou silenciar.

"Resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pedagóxica, dunha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos". Desta maneira é como a autora nos achega á vida e ao compromiso social de María Vázquez, que a levou a involucrarse con frecuencia en accións humanitarias.

María Vázquez Suárez (Santiago, 1894 - Pontedeume, 1936) foi unha mestra vocacional e renovadora pedagóxica, moi activa no socialismo e no sindicalismo, comprometida coa escola laica e cos dereitos femininos. Foi detida e asasinada por disparos en Miño, en agosto de 1936 cando tiña tan só 42 anos, sen pasar por un proceso xudicial. Os informes franquistas cualificárona de "irascible y roja" e o seu expediente de depuración iniciado anos despois do seu fusilamento, reflexa o odio cara ela, chegando a dicir que as súas alumnas levaban "el estigma rojo que únicamente desaparecerá con la muerte".

Foi a primeira muller en falar publicamente nun mitin en Miño e en ocupar cargos orgánicos no PSOE e na UXT. Así, formou a unha xeración de alumnas para "que fosen mulleres independentes, que non dependesen de ninguén e que actuasen por si propias", lembráronlle a Marco as fillas daquelas alumnas.

Aurora Marco é unha destacada investigadora e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo de máis de 35 anos de investigación, dedicou a súa carreira a dar voz a persoas cuxas vidas quedaron fóra da memoria colectiva. É autora de numerosos libros e artigos, editora de varios volumes e colaboradora de obras colectivas. Nos últimos 30 anos especializouse na recuperación da traxectoria das mulleres galegas e, de maneira especial, das represalidas. A súa obra ensaística levouna a gañar os premios Tomás Barros, Luís Tilve, Mulleres en Acción e Galiza Mártir, entre outros.

roslev