Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: O Porto e os cruceiros

Carriola.08.11.26.

julio@carriola.es.

Marín, cruceiros marítimos

Por Juan Méndez Martínez.

Bos días,

Un bo e apreciado amigo interpélame a raíz de compartir con el unha escena da película de Berlanga Bienvenido, Mr. Marshall (1953), acompañada daquela coñecida cantiga: «Americanos, os recibimos con alegría». É unha referencia que utilizo algunhas veces pola forza metafórica das imaxes. O meu amigo pregúntame se eu, que levo toda a miña vida profesional traballando na captación de clientes estranxeiros, estou en contra do turismo de cruceiros en Marín. A pregunta é interesante e pertinente. Velaquí a miña resposta.

Non estou en contra do turismo. Fago turismo. É certo que esta industria xera efectos perniciosos —o que os economistas chamamos externalidades— e pode provocar problemas nos territorios onde medra de maneira descontrolada. Nalgunhas cidades o turismo de cruceiros estase limitando xa. Pero tamén é certo que o turismo forma parte do sistema económico no que vivimos e constitúe unha fonte de actividade e emprego. Pensar nun modelo alternativo de turismo internacional, máis sostible e de maior valor engadido, é posible. Pero require tempo, planificación e unha estratexia que, seguramente, excede as competencias e os horizontes temporais dun goberno local.

O matiz, e a razón pola que comparto ese fragmento de Berlanga, está noutra parte: na actitude «papanatista» coa que os veciños de Villar del Río reciben os americanos. Un entusiasmo case inxenuo, propio de quen agarda que a chegada dos estranxeiros resolva todos os seus problemas. A reacción de parte da veciñanza e algúns representantes da clase política de Marín ante a chegada dos cruceiros lémbrame aquela escena. Parece que estamos tan felices e alporizados coa expectativa dos supostos beneficios que esquecemos facernos algunhas preguntas fundamentais.

Eu creo que Marín ten que comezar xa a negociar de ti a ti coas institucións coas que comparte —e que condicionan de maneira importante— o noso espazo litoral.O Concello debería falarlles con claridade: vostedes plantexan traer buques da OTAN a Marín; vostedes queren incorporar os cruceiros á actividade portuaria, pero iso supón modificar a razón de ser e o modelo de actividade do porto, ocupar máis espazos, incrementar o impacto ambiental e xerar novas presións sobre a vila. De novo, volver a cambiar a golpear na esencia da Vila. Si queren mais negocio, falemos. Pero negociemos de igual a igual. Porque o territorio de Marín pertence, antes que nada, aos seus cidadáns. E mesmo deberíamos abrir o debate sobre a conveniencia de someter a consulta popular decisións tan relevantes como a presenza de buques militares internacionais na nosa Vila.

Como é sabido, Marín leva décadas vendo como o seu espazo litoral se foi reducindo e condicionando. Primeiro, coa implantación da Escola Naval despois da Guerra Civil; posteriormente, coa expansión do porto durante a autarquía e as décadas posteriores. A vila foi perdendo progresivamente a relación co seu propio bordo marítimo. Hoxe é, sen dúbida, unha vila amputada. Aquela cidade xardín proxectada arredor de 1920, que aínda podemos contemplar nas fotografías antigas, foi desaparecendo pouco a pouco. Perdemos espazo, relación co mar e oportunidades para construír unha vila diferente.

Entón, que pasa coa transformación de Marín?.  Que pasa coa recuperación de espazos portuarios para o uso e desfrute da cidadanía?. Outras cidades están a recuperar os seus bordos marítimos, transformando espazos portuarios e abrindo novas oportunidades para os seus habitantes. Por que Marín non pode aspirar ao mesmo? . Excepto o labor de formiga do BNG en Madrid, por parte de Nestor Rego, coa aprobacion no Congreso de comezar a desenvolver "Abrir Marin ó Mar", desde o Concello non se avanza nada.

A cuestión, polo tanto, non é se queremos ou non cruceiros. É perfectamente lexítimo que as navieiras e as institucións portuarias queiran ampliar o seu negocio con esta actividade. Pero ese negocio tamén debe xerar un retorno para Marín. E ese retorno non pode limitarse a algunhas compras, fotografías ou unhas horas de consumo na hostalaría local. Un beneficio, ademais, que non está garantido, tendo en conta a competencia doutros destinos próximos moito máis atractivos para o visitante, como Combarro, Pontevedra ou Santiago. Se non conseguimos cambiar o modelo e o deseño da vila, corremos o risco de que os cruceiros pasen por Marín sen deixar apenas valor engadido. Antes de falar de expansions sobre o bordo maritimo, falemos de recuperacion de espazos para os cidadáns i esixir ás institucións portuarias unha implicación real e decidida na transformación urbana da vila. Podemos recibir os americanos con alegría, como en Villar del Río. Pero tamén temos que saber quen fumos, que queremos ser, e que estamos dispostos a negociar para conseguilo.

Penso, que se non somos quen de decidir o noso futuro, de construír unha vila pensada para os seus cidadáns, quizais acabemos tendo que asumir unha proposta bastante máis triste: Pechar o Concello, prescindir da representación política propia, anexarnos a Pontevedra e aceptar que Marín non é máis ca o Porto da ría.

roslev