The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Balance, en Asemblea aberta, dos resultados obtidos polo BNG nas Eleccións Galegas

Carriola.Remitida polo BNG-Marín 24.02.24.

julio@carriola.es.

O BNG CELEBRA UN AVANCE SEN PRECEDENTES NAS ELECCIÓNS GALEGAS

Con resultados históricos, o partido reforza o seu compromiso de liderar un futuro de cambio e progreso para Galicia e Marín

Na asemblea aberta celebrada o día 22 de febreiro en Marín, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) analizou con detemento os resultados das eleccións Galegas do pasado 18 de febreiro. Aínda que o obxectivo primordial de acadar un cambio na dirección da Xunta non se materializou, os resultados acadados son alentadores, marcando un antes e un despois na traxectoria política do BNG, tanto a nivel local como nacional.

Dende o BNG, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento e profundo orgullo polo traballo incansable e a dedicación da nosa militancia e simpatizantes. O seu esforzo e dedicación foron claves para o éxito da nosa estratexia electoral, evidenciado pola alta participación nos actos organizados  polo significativo incremento no apoio electoral.

A nivel nacional, superamos os 467.000 votos, o que representa un 32% do total, mentres que a nivel local, en Marín, logramos 3.848 votos, o 31% do electorado, constituíndo o mellor resultado histórico do BNG nestas lides. Este crecemento sostido no apoio popular reflicte a confianza depositada no noso proxecto político  reafirmándonos unha vez máis como a segunda forza política do País.

O apoio recibido por parte da veciñanza de Marín cara ao BNG amosou un crecemento exponencial, reflectido nun incremento do 126% en comparación coas eleccións municipais do pasado ano. Ademais, experimentamos aumentos notables no apoio durante as eleccións xerais de xullo, cun 67%, e nas recentes autonómicas, onde acadamos un 76% máis de votos. Estes resultados non só consolidan o noso compromiso coa cidadanía, senón que tamén nos impulsan a redobrar os nosos esforzos para construír o Marín que merecemos.

Coa mirada posta nas futuras contendas electorais, especialmente nas municipais de 2027, o BNG séntese máis motivado ca nunca para competir pola alcaldía de Marín. Este esforzo conxunto reflicte a nosa inquebrantable determinación de avanzar cara o cambio político que a sociedade galega anhela e merece.

O BNG agradece enormemente o apoio recibido e comprométese a seguir traballando incansablemente por e para Galicia, co fin de facer realidade a visión dun novo País e, en particular, dun Marín renovado que avance con firmeza cara ao futuro.

Texto e fotos do BNG