Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PSOE considera que o 2024 foi un mal ano para Marín

Carriola. Manuel Pazos Lamoso (*).29.12.24.

julio@carriola.es.

O ano 2024 remata pero os grandes problemas de Marín lonxe de solucionarse, víronse agravados. Os problemas de aparcamento foron claramente a peor e sen dúbida está danando ao noso tecido comercial no que pechan cinco comercios para cada un novo que se abre. A construcción de vivenda segue absolutamente paralizada ao igual que o noso desenvolvemento urbanístico e a xente ten que irse a outras localidades.  O retraso en tódalas obras e a deficiencia na súa execución é xa unha seña de identidade do gobreno local (piscina, auditorio, saneamento…). Tampouco avanzaron nada na procura de solo empresarial, nin de solo para a tan necesaria residencia de maiores… Moi mal ano para Marín“

Os socialistas seguimos preocupados coa situación que día a día se observa en Marín e para a que o goberno local non ten solucións, e mesmo parece que nin lle preocupa.

Por un lado temos a problemática do aparcamento, agravada polo anuncio de que a construcción do aparcamento soterrado no Parque Eguren se complica. Unha problemática que está traendo verdadeiro rompedeiros de cabeza aos veciños e aos comerciantes que o levan denunciando dende hai meses.

Por outro a crise do noso comercio local, evidenciado en que en este ano que remata por cada cinco comercios que pecharon, abriu un solo. Unha situación que a ausencia de medidas de impulso dende o goberno local só fai agravar, e para mostra basta comprobar as medidas de dinamización comercial que se impulsaron noutros concellos da provincia. 15 comercios pechados que se suman aos  peches dos últimos anos.

O 2024 segue cun bloqueo completo en todo o que ten que ver co impulso urbanístico ou a construcción de vivenda. O noso concello, o sexto por poboación da provincia, esté no posto 33 en canto a vivenda constuida na última década. Un verdadeiro drama que supón que moitos veciños acaben mercando ou índose a vivir a outras localidades ante a indiferencia e o desinterés de María Ramallo.

E así podería seguir falando dos enormes retrasos e deficiencias que se observan nas obras públicas que se fan no nos concello, e que tivo na obra da piscina municipal o seu culmen, pero que tamén se observa co auditorio ou con calquera outra obra. Ou poderíamos falar da nula xestión do goberno local para acadar en Marín un espazo para que se asenten novas empresas ou para impulsar unha residencia de maiores nun concello que ten máis de 1.600 veciños con máis de 80 anos.

En resumo, Marín remata o 2024 agravando os seus principais problemas e o peor de todo é que María Ramallo non reacciona nin busca solucións.

(*) Manuel Pazos Lamoso, portavoz do PSOE no Concello de Marín

roslev